Amosando publicacións coa etiqueta robotica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta robotica. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de outubro de 2022

ARGALLANDO NO RECREO!

Arnaldo non deixa de propoñernos cousas novas, e este ano sorprendeunos cuns recreos do máis creativo!
Os profes fixéronnos varias propostas de obradoiros ás que engadimos outras do alumnado. E así, de forma voluntaria, temos a opción de apuntanos ao que máis nos guste: ganchillo, robótica, deportes, globoflexia, papiroflexia, natureza, horta, radio, xogos de mesa, impresión 3D, horta, etc...
Así de divertida foi a primeira semana na que houbo obradoiros de ganchillo (o máis solicitado!), papiroflexia, deportes, robótica, natureza, xogos de mesa e globoflexia.
  
 

Segundo os intereses do alumnado, cada semana, ou cada dúas, imos variando a oferta, que é diferente cada día. Estamos moi ilusionados e emocionados, tanto o alumnado coma o profesorado... isto está sendo moi divertido!!

martes, 3 de marzo de 2020

WEDO DE LEGO XA ESTÁ EN MARCHA

Os nenos e nenas de 3º puxemos en marcha os wedo de Lego. É un xogo... un recurso educativo... unha actividade para iniciarse no mundo da programación, a construción e a programación. 



É moi importante que os alumnos exploremos, practiquemos e probemos, a través do xogo, novas maneiras de afrontar os diferentes retos que logo, atoparemos no mundo de fóra do xogo.



Wedo está deseñado para cubrir diferentes áreas curriculares: podemos construír modelos de máquinas e animais, programar accións e comportamentos, medir distancias en centímetros e velocidade en voltas, investigar como funcionan as máquinas, crear e explicar historias...



Wedo é un robot estupendo para que aprendamos robótica educativa, programación, ciencias, tecnoloxía e enxeñería dunha forma amena e efectiva.



Iremos fuchicando, xogando e aprendendo cada vez máis con Wedo o cal desenvolve a nos confianza para formular preguntas, definir problemas e deseñar as nosas propias solucións ao poñer o descubrimento científico nas nosas mans e mentes.

xoves, 9 de maio de 2019

XOGANDO COA ROBÓTICA

No espazo creativo da biblioteca temos moitas opcións relacionadas coa robótica (wedoo, beebot, bluebot, pro-bot,...) e os pequechos de infantil xa queren empezar a fuchicar dende pequenos. Premede no enlace si queredes ver como se van iniciando coa robótica.

 

martes, 12 de marzo de 2019

UNS NOVOS TREBELLOS!

Moi boas amiguiñas e amiguiños:
Uns novos trebellos xa andan pola nosa Biblioteca para que poidades desfrutar moito deles!

Con ROBOTS PLAY 300 DINOS poderedes construír e explorar os movementos de ata 7 dinosaurios motorizados diferentes!

Estimula a mente, traballa a concentración e desenvolve a creatividade e psicomotricidade fina a través destes trebellos educativos.

Ao moverse os robots construídos, poderedes mellorar a percepción do espacio e cando o logredes poderedes xogar coa vosa imaxinación para montar as vosas propias creacións.


Con ROBOTIS PLAY 600 PETS poderás construír e explorar os movementos de 7 mascotas-robot diferentes!
 
O elemento principal deste kit é un pequeno ladrillo amarelo que contén un motor a través do cal lle podedes dar vida ás mascotas que vos propoñades e imaxinedes. 
Arnaldo xa os coñece! E ti? Pasa pola Biblioteca e vén a descubrir estes trebellos!