venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024: SEIXO CHEO DE VIDA

O entroido chegou a Seixo e o alumnado encargouse de enchelo a tope de vida, coa fauna e flora máis fermosa nunca vista. Mirade que fermosura de disfraces: canto traballo!!

Para lucir os disfraces como merecían, fixemos unha actuación moi especial na que toda a fauna e flora de Seixo se uniu contando unha fermosa historia narrada por Noa, que o fixo fenomenal!!

E por suposto toda a fauna e flora saíu a pasear polos arredores do cole. Acompañáronnos as familias, moitas tamén traballaron duro facendo os seus disfraces, graciñas!!

Por suposto non faltou unha boa papatoria na que chupamos os dedos coas cousas tan ricas que nos mandaron as familias. Graciñas, un ano máis, ás nais da ANPA Abelendos que viñeron a axudar coa merenda e invitaron a todo o alumnado a uns refrescos. 

SIGAMOS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!

xoves, 22 de febreiro de 2024

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_1)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
O programa da música dedicada!
Deixámosvos por aquí as dúas primeiras entregas desta 5ª edición...
1º PROGRAMA
2º PROGRAMA
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

martes, 13 de febreiro de 2024

PREPARANDO A CHEGADA DA PRIMAVERA

Falta menos para que chegue a primavera e nós seguimos enchendo o cole de vida, plantando moitas flores, para que estea aínda máis bonito: encántanos meter as mans e os pes na terra!!
 

venres, 2 de febreiro de 2024

V CARREIRA SOLIDARIA: SEIXO CHEO DE PAZ!!

Chegou o Día da PAZ, e con el a nosa carreira solidaria. Por 5º ano celebrámola con moita ilusión con todo o alumnado e cos veciños da Galiña Azul, que sempre desfrutamos moito coas súas visitas.
Graciñas a todo o alumnado pola súa implicación e esforzo, tamén a todas as familias por participar enviando alimentos, correndo... Grazas tamén, un ano máis, a ANPA Abelendo por axudarnos de forma práctica na carreira, igual que o fixeron os nosos colaboradores: Augas Sanxines e Supermercado Camar (aportando auga e a froita). E por suposto grazas a AMENAC e Cáritas Santomé pola fantástica labor que fan, durante todo o ano, para axudar ás familias máis necesitadas: sodes impresionantes!


Todos xuntos gritamos ben forte: 
SEIXO CHEO DE PAZ!!!

xoves, 1 de febreiro de 2024

DÍA DA RADIO, DO AMOR E DA AMIZADE

Un ano máis e como non podía ser doutra forma unha nova edición de...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
está en marcha!
No Cole de Seixo celebraremos o Día da Radio dun xeito moi especial! Prestade moita atención!!!
O recuncho da amizade e do amor xa está preparado!
Agora só queda encher o buzón coas vosas dedicatorias!
Prestade moita atención porque na hora do recreo emitiranse os programas en directo dende...
E xa sabedes... pode que eu...
teña unha canción para vós!