mércores, 30 de xaneiro de 2019

CORRE CON ARNALDO

Boas amiguiños!
Debido ao mal tempo co que hoxe nos atopamos vémonos na obriga de aprazar, para outro día, a 1ª CARREIRA SOLIDARIA con motivo do DÍA DA PAZ. 
Avisarémosvos con tempo do día no que se faga. 
Seguide colaborando porque a causa ben vale a pena!
1 BOTE DE CACAO 
1 DORSAL PARA A CARREIRA
Grazas pola vosa axuda!

luns, 28 de xaneiro de 2019

1ª CARREIRA SOLIDARIA: XA FALTA MENOS!!!

Moi boas amiguiños!

Por aquí vos deixo un vídeo que fixeron e montaron as nenas e nenos de 5º de primaria para darlle difusión á I CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON ARNALDO!!!


venres, 25 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ: 1ª CARREIRA SOLIDARIA

Ola a todas e todos! 

Hoxe teño unha noticia moi interesante que darvos!!!

A primeira carreira solidaria con motivo do DÍA da PAZ no noso cole, xa está en marcha!!! Animádevos todos a participar porque a finalidade desta proba ben vale a pena.
Hai uns días mandeivos esta notiña á casa para explicarvos mellor en que ía consistir esta iniciativa.
Así que xa sabedes... un dorsal coma este pode ser voso para correr!!!


mércores, 23 de xaneiro de 2019

CALENDARIO 2019

Por fin saíu do forno o calendario deste ano 2019 que xa está en marcha. 
Durante este curso estamos traballando e investigando O PATIO QUE SOÑAMOS. 


Cada clase encargouse de ilustrar un mes co tema do proxecto elixido na súa aula. Entre todos traballamos diferentes aspectos que contribúen a que o patio do noso cole sexa un lugar mellor. 

Desexamos que vos guste.

venres, 11 de xaneiro de 2019

RELATOS CURTOS DE MEDO: 6º PRIMARIA

Moi boas amiguiños. Uns días antes de ir de vacacións as nenas e nenos de 6º de primaria quixeron pasar pola VOZ DE ARNALDO para compartir con nós unhas grabacións moi terroríficas.

Desexamos que vos gusten!

xoves, 10 de xaneiro de 2019

RELATOS CURTOS DE MEDO: 5º PRIMARIA

Moi boas amiguiños. Uns días antes de ir de vacacións as nenas e nenos de 5º de primaria quixeron pasar pola VOZ DE ARNALDO para compartir con nós unhas grabacións moi terroríficas. 
Desexamos que vos gusten!

  

mércores, 9 de xaneiro de 2019

RELATOS CURTOS DE MEDO: 1º e 2º PRIMARIA

Moi boas amiguiños. Uns días antes de ir de vacacións Joel e Reda de 1º de primaria e Daniela de 2º de primaria quixeron pasar pola VOZ DE ARNALDO para compartir con nós unhas grabacións terroríficas. 
Desexamos que vos gusten!

 
 

martes, 8 de xaneiro de 2019

O AMIGO INVISIBLE DE 2º

Moi boas amiguiños!

O pasado 20 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º viviron un día moi especial coa celebración do xogo do amigo invisible. A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo. 
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo. Esperamos poder repetilo!

Carlota regaloulle a Sabrín un pisapapeis moi bonito


Dani regaloulle a Sofía unha  pulseira preciosa


Daniela regaloulle a Lucía unha tarxeta e un boneco moi chulo


Diego regaloulle a Óscar un debuxo precioso


Mario regaloulle a Daniela unha pulseira moi chula


Fuco regaloulle a Nerea un atrapasoños precioso


Lucía regaloulle a Carlota unha postal ben bonita


Naroa regaloulle a Raúl uns debuxos en cartolinas e escribiulle unha carta moi bonita


Nerea regaloulle a Fuco un marcapáxinas con forma de dinosauro, un adorno para a árbore de Nadal e un dinosauro xenial que fixo cunha esponxa


Raúl regaloulle a Naroa unha caixa superbrillante co seu nome e cunha fermosa tarxeta no seu interior


Sabrín regaloulle a Dani un 3 en raia moi chulo


Sofía regaloulle a Tania uns selos chulísimos


Tania regaloulle a Mario un debuxo moi bonito e un 3 en raia moi bonito


Óscar regaloulle a Diego unha tarxeta cun debuxo precioso


Foi un día xenial!!!

O AMIGO INVISIBLE DE 1º


Moi boas amiguiños!

O pasado 20 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º viviron un día moi especial coa celebración do xogo do amigo invisible. A única condición que puxeron as mestras foi que os agasallos tiñan que ser feitos por eles mesmos ; a verdade é que trouxeron unhas manualidades chulísimas e feitas con moito agarimo. 
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e gran implicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi emotiva coa que, nenos, nenas e mestras disfrutamos moitísimo. Esperamos poder repetilo!



Andrés regaloulle unha bóla de neve a súa amiga Leire


Carlos  regaloulle a Diego un marco macanudo para poñer unha super foto


Diego agasallou a Andrés cunha tarxeta de Nadal


Eluney  fixo un lapicero super terrorífico para o seu amigo Mario


Giselle regaloulle a Iván unhas galletas que seguro estaban de rechupete


Iván deseñou unha árbore de nadal para  Joel


Joel creou  uns debuxos chulísimos para Valeria


Lara escribiulle unha carta polo Nadal a Eluney


Leire deseñou unha xoia personalizada para Reda


Mario regaloulle a Giselle un gatiño de peluche moi agarimoso


Olivia debuxou a super Saúl


Reda regaloulle a Roque un tres en raia do máis persoal


Roque regaloulle a Carlos unha tarxeta navideña moi molana cun super dinosaurio


Saúl regaloulle unha marioneta chulísima a Unai


Unai deulle unhas piñas molonas a Olivia


Valeria agasallou a súa amiga Lara cunha tarxeta de Nadal