Amosando publicacións coa etiqueta proxecto aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto aula. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xuño de 2016

O NOSO CONTORNO: OS CARACOIS (INFANTIL - 3 ANOS)

Os peques de 3 anos, elixiron un pequeno habitante do patio para o seu proxecto: o caracol.

Para compartir o aprendido cos compis e coas familias puxeron as súas mellores galas.


Mirade que guapos estaban, o ben que o fixeron e canto lucían no bosque de Seixo!




Para contar o que aprenderon, os máis peques do cole fixeron un vídeo explicando todo o que saben dos caracois. Non perdades detalle!




Por se algún se despistou, xa que falamos dos caracois, aquí vos deixamos a gravación que fixeron do poema de Manuel María sobre o caracol. Este poema musicalizado cantárono para os compañeiros e as familias. 

O NOSO CONTORNO: O MERLO (INFANTIL - 4 ANOS)

Os peques da clase de 4 anos elixiron o merlo como protagonista do seu proxecto de aula... ver varios polo patio foi moi chamativo e espertou a súa curiosidade.


Entre todos, coa axuda dunhas láminas que prepararon co profe Jorge, explicaron moitas cousas sobre o merlo. 



Puidemos ver fotos dende os ovos, que son moi curiosos, ata que os merlos marchan do niño.



Todos se esforzaron moito por compartir cos compis de infantil e de 1º o que saben dos merlos. 



Noraboa a todos polo traballo e por esa enerxía que transmitides, e tamén ao profe Jorge por compartir tantas cousas que sabe da natureza. 



Estas son as láminas que prepararon e usaron para explicar o seu proxecto. Mirádeas con atención veredes canto aprendedes!

















O NOSO CONTORNO: OS CRUCEIROS (2º PRIMARIA)

O alumnado de 2° curso presentou o seu traballo sobre os cruceiros, o seu proxecto de aula.



Nel falaban sobre os distintos tipos de cruceiros que hai, cales son os máis próximos e contaron algunhas lendas sobre os mesmos, entre outros temas. 



Despois da presentación, convidaron ao alumnado de 4° a participar nun xogo de preguntas no que demostraron todo o que aprenderan sobre o tema.


Os gañadores conseguiron un diploma e un cruceiro para adornar a súa aula.



Os de 4º pasárono fenomenal e aprenderon un montón.



Non hai nada como aprender xogando!


Un gran traballo que superon compartir moi ben os nenos e nenas de 2º: noraboa a todos!... e tamén á profe Nati por motivalos e axudalos.




Premendo na imaxe podedes ver máis fotos no blog da profe Nati.


martes, 28 de xuño de 2016

O NOSO CONTORNO: O NEOLÍTICO (INFANTIL - 5 ANOS)

As nenas e nenos da clase de 5 anos, a partir dos Petróglifos de Mogor comezaron a investigar sobre o Neolítico... e agora son uns expertos!



Coa axuda da profe Bea, compartiron cos compañeiros de 6º todo o que aprenderon. Fixérono cunhas láminas elaboradas por eles, que mostraron co kamishibai .



Os nenos e nenas da clase de 5 anos foron explicando como era a agricultura, a gandería, a cerámica... 




E Manuela compartiu un truco para debuxar o petróglifo de Mogor, que todos os de 6º puideron practicar. 




Foi unha experiencia xenial ver como os maiores do cole aprenderon tanto dos peques. 



O último día do curso, as familias tamén puideron ser testumuñas do moito que aprenderon os seus peques. 



Estiveron moi participativos contando o que descubriron na súa investigación.



As familias puideron ver todo o elaborado polos nenos e tamén descubrir o truco de Manuela. 



Noraboa a estes expertos investigadores e a profe Bea por este traballo tan chulo.

O NOSO CONTORNO: PLANTAS (3º PRIMARIA)



Os nenos e nenas de 3º investigaron as plantas carnívoras, acuáticas, trepadoras, velenosas, mediciñais, fieitos e ss non plantas (cogumelos). 
Por medio dunha presentación compartiron o aprendido cos compañeiros de 5º.

O NOSO CONTORNO: DANZA DAS ESPADAS (6º PRIMARIA)

Os alumnos de 6°, este curso, investigaron sobre a Danza das Espadas: a súa orixe, a música, ...



Para iso achegáronse ao Ateneo Sta. Cecilia, onde obtiveron toda a información que precisaban. 



Xunto coas fotos quitadas de Internet, quedoulles un traballo así de bonito.



Quixeron compartilo cos compañeiros de 5º e os peques da clase de 4 anos. 






Imaxinade o interesante que foi que estaban todos pasmados!!




Por problemas técnicos non podemos compartir o vídeo de Diego tocando a música da danza coa flauta: grazas Diego eres un crack!!





Grazas a todos os nenos e nenas de 6º por compartir esta tradición de Marín e ás profes Rosa e Kati por axudalos nesta investigación.