Amosando publicacións coa etiqueta escribir a biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escribir a biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de maio de 2023

ESCRIBIR A BIBLIOTECA!!

"Escribir a biblioteca" é o lema para as bibliotecas escolares de Galicia durante este curso 22/23. Trata de por o foco en todas as formas da escrita que cuida e ofrece a Biblioteca escolar


Dende que empezamos, a escrita é toda UNHA AVENTURA:



Escribimos o nome


Escribimos notas


Escribimos poesía


Escribimos reseñas


Escribimos receitas


Escribimos para  decorar


Escribimos para contar historias


Escribimos para  dar testemuña


Escribimos para expoñer


Escribimos para anunciar


Escribimos para aprender


Escribimos para dicir non  a violencia


Escribimos para entrevistar


Escribimos para investigar


Escribimos para resumir


Escribimos para dar a coñecer


Escribimos para xogar


En Seixo, 
escribimos a biblioteca
 para deixar a nosa pegada.

mércores, 19 de abril de 2023

O CARTEIRO CHEGA Ó PRIMEIRO CICLO

O alumnado de 1º e 2º do cole de Seixo está facendo este curso un intercambio postal con 2 coles.
Os nenos e nenas de 1º de EP estanse a cartear cun colexio de Madrid, mentras que o alumnado de 2º de EP cun colexio de Vimianzo (A Coruña).
Aínda queda un intercambio máis. Xa vos contaremos as sorpresas.

luns, 3 de abril de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

MARTÍN CÓDAX

Este ano 2023 o día das artes galegas, que se conmemora o día 1 de abril, adícase ao trobador vigués Matín Códax.
O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación que espuxo a compañeiros e compañeiras de diferentes aulas do centro. Este foi realizado tendo como referencia a unidade didáctica sobre Martín Códax da coordinadora de equipos de dinamización da provincia da Coruña.
A continuación amosamos a montaxe de vídeo coas exposicións e os traballos plásticos individuais para apoio visual.