Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2026

PDI infantil: De Marín para o mundo.

 O alumnado de infantil aproveitamos o tema da PDI deste ano para investigar sobre o lugar no que vivimos, Seixo e Marín.

 Aproveitamos sobre todo para vivir de preto a nosa contorna, a través das saídas as carballeiras, ao souto, ao río Loira e os seus muíños,  ao parque da Brea (a montaña máis alta de Seixo), a lagoa de Castiñeiras e a zona comercial de Seixo. 

 


 

 



  

 









 
 

Traballamos ao longo do curso os establecementos, a contorna natural, lugares turísticos e localidades da zona.
 Os nenos e nenas de 5 anos traballaron o río loira e as comarcas que compoñen o núcleo de Seixo.
 

 
As familias de 4 anos visitaron coas mascotas da aula, Dino e Dina, todos os lugares máis importantes da nosa vila e mostráronnolas a través de fotografías que recollemos no mural viaxeiro de Arnaldo.
 

 E recollemos todos os lugares importantes que visitamos nun gran rueiro que elaboraron os peques de tres anos:
 
 
 

mércores, 10 de xuño de 2026

PEQUENOS DOCENTES

Alumnos e alumnas de 6º de Primaria convertéronse en mestres e mestras por un día nunha actividade na que aprenderon ensinando.





 Primeiro tiveron que decidir  que contidos querían traballar ou repasar. Logo  organizarse para repartir as tarefas e acordar que explicacións e actividades  farían. Finalmente  chegou o momento máis especial:


Poñerse diante dos seus compañeiros e doutros cursos para compartir os seus coñecementos. 

Unha experiencia que lles permitiu reforzar as súas aprendizaxes, mellorar a súa capacidade de comunicación e desenvolver habilidades de traballo en equipo, demostrando que ensinar tamén unha excelente forma de aprender.



A quen non lle gustaría ser profe por un día? 


 

luns, 1 de xuño de 2026

INFANTIL VIAXA AO GROVE

O alumnado de infantil pasou un día marabilloso no Grove coñecendo o acuario:


 
Gozamos dunha viaxe en catamarán pola ría, e puidemos ver as bateas dende cerca e con visión submarina!

 


 Ata bailamos unhas cantas pezas!!

 

Despois achegámonos ata a Illa da Toxa para xantar:

E despois veña a xogar!!
Primeiro no parque:

E despois na aldea Grobit:



 
¡¡¡Pasámolo en grande!!!

sábado, 30 de maio de 2026

ARTISTEANDO EN SEIXO

En Seixo temos uns artistazos!!
Aquí vos quedan unhas imaxes sobre o noso proxecto durante este curso.
Emocionámonos coa arte e ata montamos o noso propio museo.

martes, 21 de abril de 2026

SEIXO PARTICIPA NO III FESTIVAL DE CINE NO MAR

Da man das nenas e nenos de 6º de primaria, o Ceip de Seixo vai participar na...
III FESTIVAL DE CINE DO MAR


E antes de que se presente o traballo no propio festival, no cole quixemos facer unha PREESTREA...
para que todo o alumnado vise o documental antes que ninguén...

Un documental no que as nenas e nenos entrevistaron aos seus avós e pais para coñecer un pouquiño máis sobre as súas vidas no mar...
E como non podía ser doutro xeito invitamos a vir a esta preestrea aos verdadeiros protagonistas...
Moitísimas gracias a Alberto papá de Lucía, a  Xosé Bernardo avó de Darío, a Francisco José avó de Laura Piñeiro, a Antonio avó de Antón e Aine, a Jose avó de Gael, a Camilo avó de Mario e a Jose papá de Aine e Antón...
E a vós rapaces e rapaces xa que sin a vosa colaboración este traballo non podería ser posible...

mércores, 1 de abril de 2026

1A-DÍA DAS ARTES GALEGAS

 O alumnado de 3º de educación primaria fixo un pequeno traballo de investigación sobre a persoa a que este ano se lle adica o Día das Artes Galegas, o fotoxornalista José Suárez.

Tras informarnos sobre a sua vida e obra, elaboramos uns guións individuais e preparamos unha exposición oral que fixemos a algunhas aulas do cole. 

Aquí unha mostra do traballo realizado:


 

mércores, 11 de febreiro de 2026

OS TERRARIOS DE 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade moi chula, un obradoiro de terrarios!
A profe Eva (PT) compartiu co alumnado a súa experiencia e os seus coñecementos sobre como crear e coidar un terrario. 


Primeiro, explicounos que é un terrario, que elementos necesita para funcionar correctamente e a importancia de manter o equilibrio entre os distintos compoñentes que forman este pequeno ecosistema.


Despois, os nenos e nenas elaboraron os seus propios terrarios, colocando con moito coidado as diferentes capas de materiais e as plantas que trouxeron.


Esta actividade foi moi interesante para comprender de maneira práctica os contidos do tema de Ciencias Naturais sobre os seres vivos e os ecosistemas. 
Agora, o alumnado deberá seguir coidando os seus terrarios e observar os cambios que se produzan co paso do tempo.


















Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendimos, experimentamos e desfrutamos da natureza dun xeito diferente.