Amosando publicacións coa etiqueta as pegadas de arnaldo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta as pegadas de arnaldo. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2026

DOCUMENTAL: SECREDOS DO RÍO LOIRA

No día de hoxe todas as nenas e nenos tivemos o enorme privilexio de poder desfrutar dun documental elaborado pola nosa compañeira Olivia de 4º de primaria e polo seu irmán Elías de 6º de infantil...
Coa axuda dos seus pais elaboraron un precioso traballo que hoxe presentaron na Biblio do noso cole...


Que mellor ocasión que coñecer a biodiversidade do Río Loira da man dos nosos compañeiros dentro do PDI de este ano titulado As Viaxes de Arnaldo...

Por aquí vos deixamos o enlace... Desexamos que o desfrutedes moitísimo...
Parabéns a Olivia e Elías por este traballo!

venres, 22 de maio de 2026

mércores, 8 de abril de 2026

IRIA MISA VISITA O CEIP DE SEIXO

Estes días tivemos a sorte de recibir na nosa biblio á escritora...
Iria Misa
A casa de Arnaldo foi o punto de encontro das nenas e nenos de 5º e 6º de primaria para conversar un ratiño con Iria...
A EXCURSIÓN A CANS 
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
foi o libro que estivemos lendo e co que compartimos moreas de cousiñas...
 
Tivemos a fortuna de que nos asinara os nosos exemplares un por un...
 
E de poder entrevistala en A VOZ DE ARNALDO, por aquí vos deixamos o aquivo...
Como non podía ser doutro xeito Iria asinou o noso libro de visitas...
E non quixemos que se marchara sen darlle un pequeniño recordo do noso cole...
Grazas Iria, ata outra!

xoves, 26 de marzo de 2026

ARGALLANDO ANDAMOS

Coa visita de Tarabelos ao noso cole, algo se puxo en marcha que nos ten a todas e todos moi intrigados...
Unha plantilla...
Unhas pequenas indicacións...
E a traballar!
E ollo porque os de sexto andan metidos de cheo polo medio...

Algo está en marcha no cole de Seixo... Avecíñanse cousiñas!

martes, 16 de decembro de 2025

ORDE DE ACTUACIÓNS NO FESTIVAL DE NADAL 2025

Por aquí vos deixamos a orde de actuacións no Festival de Nadal 2025 do Ceip de Seixo...
Que ganas de comezar a disfrutalo!!!
Xa non queda nada!

sábado, 22 de novembro de 2025

DÍA MUNDIAL DA MÚSICA

Dende o Ceip de Seixo queremos desexarvos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MÚSICA!!!
Na clase de música estivemos facendo uns instrumentos con materiais de refugallo...
e elaboramos unhas chapiñas para conmemorar esta festividade...

Por aquí vos deixamos máis fotiños... 



venres, 21 de novembro de 2025

UN CASO AZUL: RAQUEL QUEIZÁS

No día de hoxe, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de primaria, tivemos a oportunidade de desfrutar dun espectáculo de contos da man de RAQUEL QUEIZÁS...
UN CASO AZUL
Pasámolo moi moi ben e aprendemos moreas de cousiñas...
Moitas gracias RAQUEL pola túa colaboración con este espectáculo de contos...
Ata outra!

xoves, 20 de novembro de 2025

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Este ano no noso cole quixemos celebrar o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA dun xeito moi pero que moi especial...
Elaboramos este mural no que cada unha e cada un de nós díxolle aos demais o que quería ser de maior...
Pero lembrade!
DE MAIOR PODERÁS SER O QUE TI QUEIRAS!!!

venres, 14 de novembro de 2025

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

As nenas e nenos de 2º de primaria celebramos no día de hoxe o...
DÍA MUNDIAL DA DIABETES
Ao longo da mañá traballamos cuns libros dos Bolechas nos que estivemos argallando moitas cousas relacionadas coa DIABETES.
Despois fixemos uns debuxos moi chulos...
E para rematar o día por aquí nos podedes ver cunhas pegatas que ANEDIA nos regalou.
Moitas Gracias ANEDIA por todos os recursos que nos fixéstedes chegar.
Nuns días tamén desfrutaremos dun espectáculo de contos "UN CASO AZUL", relacionada con este tema, a cargo de Raquel Queizás.
Os profes tamén se van formar para seguir aprendendo moitas cousas relacionadas coa Diabetes.

luns, 27 de outubro de 2025

I CONGRESO DE BIOMISIÓN

O alumnado de 6º de primaria vimos de participar o pasado Venres 24 de outubro no...
I CONGRESO DE BIOMISIÓN



Despois de recoller as nosas credenciais...
Accedemos ao Congreso no que nos ubicamos na zona reservada para o noso cole...
Por aquí vos deixamos o noso panel informativo que elaboramos no cole e que estivo exposto no recibidor do Congreso...

E por aquí a nosa exposición e presentación...  
Pasámolo moi ben e desfrutamos moitísimo nesta actividade para rematar este proxecto tan interesante!