venres, 29 de marzo de 2019

UNHA CLASE DE MÚSICA NO PATIO DOS NOSOS SOÑOS

Hoxe os nenos e nenas de 1º estivemos disfrutando, no patio do noso cole, dunha clase de música diferente.
Porque as ciencias da natureza e a música poden ir da man, porque o que estudamos en naturais relacionámolo coa música...


Que mellor forma de traballar os sons que nos rodean que poder escoitalos en directo nunha mañá tan fermosa...

O primeiro que fixemos foi escoitar durante uns minutiños todo o que acontecía ao noso arredor...
Queredes probar tamén vós? Pois por aquí vos deixamos este vídeo para que poidades practicar...
A continuación escribimos nunha folla todo os sons que estivemos escoitando con tanta atención...
E por último...

Cada un debuxou os seus sons...

ARNALDO DE PASEO POR BRIZ

Acabamos de recibir unha foto dun paparazzi: o noso querido Arnaldo anda de excursión pola finca de Briz, no Parque dos Sentidos!!! Que listo, colouse no parque máis bonito e completo de Marín: con xogos, árbores, cascadas, animais, bechos a montón, música, esculturas, xogos de auga.... que máis se pode pedir???
Bonita iniciativa do Concello de Marín 
(premendo na imaxe podedes ver máis fotos). 
A ver si Arnaldo vai a rematar sendo un influencer... non imaxinaba el estar nun gran parque como Briz marcando tendencia: ao final resulta que era el quen estaba pintado na saia de Carolina!!! 
Queremos animarvos (ao alumnado, ao profesorado e ás familias) a visitalo e facervos unha foto con el. Encantaranos que nola enviedes para facer unha montaxe de todos con Arnaldo! (podedes envialas por mail a ceip.seixo@gmail.com ou por Facebook nunha mensaxe privada)

mércores, 27 de marzo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL

Hoxe, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º tivemos a inmensa sorte de poder contar na Biblioteca de Arnaldo coa visita de Antonio García Teijeiro
Escritor galego (Vigo) galardonado recentemente co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, gracias a...
Libro de poemas, escrito en galego, co que cerra a súa triloxía sobre o mar e que ilustra Xan López Domínguez que ten como protagonista principal o mar. 
Tamén estivo presente...
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». 
Pasamolo moi ben e disfrutamos moitísimo...
Recitamos moitos poemas...
Deixounos unha dedicatoria moi especial para o libro de visitas da nosa biblio...
E mentras lemos en grupos...
García Teijeiro tivo a paciencia de firmar un a un todos os nosos libros e adicárnolos un por un...


Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo, que vos dará moita envexa, e no que poderedes comprobar o ben que o pasamos e como disfrutamos de Antonio:
Por último, antes de marchar tivemos a ocasión de poder entrevistalo na nosa VOZ DE ARNALDO
Podedes escoitar a entrevista completa a continuación:

Moitísimas gracias pola túa visita ao noso cole e por facer que disfrutáramos tanto! Somos moi afortunados! Gracias por todo!

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Moi bos días a todas e todos!
Hoxe estamos de noraboa!Porque...
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria poderemos desfrutar, a partir das 12:25 da mañá, na Biblioteca do noso cole, da visita de Antonio García Teijeiro.
Estamos desexando que chegue o momento!
Benvido a Biblioteca do Cole de Seixo Antonio! 

Benvido á casa de Arnaldo!

martes, 26 de marzo de 2019

MERENDA SAUDABLE

Hoxe tivemos a gran sorte de poder desfrutar dunha actividade estupenda, organizada pola ANPA do noso cole (ABELENDOS) que consistiu na degustación dunha morea de froitas que formaban parte dunha moi especial MERENDA SAUDABLE.
Á hora do recreo todos os nenos e nenas acudimos á zona de degustación cun tupper no que fomos escollendo a froita que máis nos gustaba para logo poder degustala na mañá tan fermosa que tivemos.


Moitísimas gracias mamis por tan brillante idea, foi unha merenda moi especial, unha merenda saudable riquísima.


Pero se queredes mirar máis... por aquí vos deixamos un pequeno vídeo que amosa o ben que o pasamos e o moito que papamos:
Grazas tamén, por último, ao 
SUPERMERCADO CAMAR 
pola súa colaboración e apoio a tanta iniciativa e pola sempre boa disposición e axuda. Gracias, a froita estaba riquísimaaa!!!

ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

Este luns, os nenos e nenas de 5º de primaria, recibimos unha charla das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre ACOSO ESCOLAR e CIBERACOSO dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.


Un plan pensado para a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria...

Un plan que pretende levar a cabo actuacións para previr os riscos aos que nos vemos sometidos os menores e os xóvenes con respeto ao uso de internet e as novas tecnoloxías.

Riscos que van en aumento, representando, nalgúns casos, accións delictivas que non existían anteriormente, e orixinando que as ameazas ás que nos vemos expostos no mundo físico teñan o seu reflexo no mundo virtual.
Por outra banda, as novas tecnoloxías tamén inflúen noutras situacións de risco e incluso en infraccións penais que xa eran habituais nos centros educativos e nas súas contornas, vendo crecer o problema polo alcance e repercusión que as mesmas poden chegar a adquirir ao non haber fronteiras e aumentar o anonimato dos autores.
Queremos compartir con vós o vídeo que estivemos vendo nesta charla, parécenos moi interesante:


Estas e moitras outras cousas servíronnos de aprendizaxe e reflexión para ter en conta no noso día a día.
Podedes visitar o blogue LUPA DIXITAL e ver máis sobre esta e outras actividades de 5º de primaria.

luns, 25 de marzo de 2019

COÑECENDO E APRENDENDO MÁIS

Os nenos e nenas de 6º continuamos a recibir, na clase, a familiares e amigos que nos queren contar a súa experiencia laboral e académica.
Queremos ter outro punto de vista sobre diferentes ámbitos dalgúns traballos e coñecer outros novos.
Desta vez foi o turno de Carlos Arce, avogado.
Despois de falar con nós na aula, visitou a nosa radio: "A voz de Arnaldo".
Alí Silvia e Nikita fixéronlle unha entrevista que poderás escoitar a continuación:

Moitas gracias pola túa visita, Carlos!
Podedes ver estas e outras noticias e actividades da clase de 6º de primaria no...

venres, 22 de marzo de 2019

POÉTICAS DIVERSAS NAS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Moi boas amiguiños!
Queremos compartir con todas e todos vós o traballo que estivemos facendo, no cole, arredor do...
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Collendo como referencia o tema de POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quixemos unir estas dúas celebracións nunha soa.
Temos moita sorte de poder ter un patio no que hai moitas árbores, natureza e vexetación. Por iso e xunto coa misión de atopar na nosa Biblio poemas relacionados con esta temática se levou a cabo, como actividade final, un RECITADO POÉTICO que poderedes ver no seguinte vídeo:

xoves, 21 de marzo de 2019

FELIZ DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un moi feliz...

Os nenos e nenas do cole estivemos traballando ao longo desta semana arredor dunha actividade conxunta para conmemorar estas dúas celebracións mundiais que coinciden no día de hoxe.
Estamos a piques de rematar o noso traballo e axiña o poderedes ver neste blogue.
Estade moi atentos e prestade moita atención!

sábado, 16 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

No Cole de Seixo vimos de conmemorar, na semana do 11 ao 15 deste mes, a...
SEMANA DA PRENSA
Este ano quixemos elaborar un mural no que só destacaríamos as NOTICIAS BOAS, 
Estivemos traballando ao longo de toda a semana coa prensa nas nosas aulas e cada clase dedicouse a buscar unha noticia que fose boa. Custounos un poquiño porque o bo non vende tanto, porque o bo escasea (pero segue habendo moitas noticias boas), porque a porcentaxe de boas novas nun periódico con respecto ás demais é moi inferior...
Por aquí vos deixamos as noticias que escolleron:




O traballo final completouse coa elaboración por parte de todos os nenos e nenas do cole do seguinte mural...



E gravamos un NOTICIEIRO DE BOAS NOVAS na VOZ DE ARNALDO, por aquí vos deixamos o programa para que o poidades escoitar: