venres, 29 de abril de 2022

NOVOS LIBROS XOGOS E REVISTAS

Que sorte temos na casa de Arnaldo, non paran de chegar libros, xogos e revistas!!!

Hugo, Alberto e Pablo son os encargados de presentar todas estas novidades que xa están na nosa biblioteca.






Moitas grazas ós tres por colaborar coa nosa biblio!!!

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA A FESTA DOS MAIOS

Unha das celebracións que se fai no cole dende os seus inicios son OS MAIOS. Nas fotos antigas que hai no cole atopamos moitas desta festividade.


A festividade dos maios naceu na prehistoria, cando os primeiros poboadores se preguntaban como mudaba a natureza, brotaban as sementes e se vestían os campos de alegres cores, despois dunha longa época de choiva e frío.
  

En Galicia, entre as manifestacións lúdicas, están os maios figurativos: son figuras cónicas ou piramidais con estructura de paus recuberta de follas, flores e outros adornos.

Maio realizado polo alumnado en 2016

Este curso non podía ser menos, e neste ano especial, no que recordamos tantas cousas feitas durantes estes 50 anos, están os maios, para os que precisamos a vosa axuda.
 

martes, 26 de abril de 2022

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: VESPAS VELUTINAS (6º DE PRIMARIA)

Os nenos e nenas de 6º de primaria queremos presentarvos un novo traballo que acabamos de levar a cabo...  
Ademais da recollida selectiva de residuos e do coidado do composteiro, no marco da educación medioambiental, elaboramos novas trampas para as vespas velutinas do noso patio...
Estivemos preparando a mestura coa que agardamos poder atrapar as vespas velutinas, esta especie invasora que está a poñer en perigo de extinción á vespa autóctona.
Queremos lembravos que é moi importante chamar ao 112 se atopamos algún niño e seguir as indicacións que nos indiquen. Lembrade a importancia de non manipulalo xa que é moi perigoso...
DEPOLGAL é unha asociación adicada á erradicación dos niños das velutinas e forman aos colectivos que o solicitan a través de charlas divulgativas co apoio do Concello de Marín.
Como vos dicíamos, fixemos trampas, preparamos o cebo e agora iremos observando a súa eficacia pero xa vos adiantamos que os resultados están sendo moi bos... Mirade, mirade!
O equilibrio no ecosistema é moi importante para que as especies autóctonas vivan en armonía, sen perigo de ningunha especie da cadea trófica.
Para seguir estes e outros traballos tamén podedes ver no blog...

sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO

Feliz día do libro! Cantos nos gusta esta celebración! E non atopamos mellor forma de celebrala que rodearnos de libros.
Nestes 50 anos, que leva funcionando o cole de Seixo, os libros sempre tiveron un sitio especial, e dende fai moitos anos faise un gran esforzo para ir ampliando (non so fisicamente) e mellorando a biblioteca, porque os mestres do cole estaban e estamos convencidos, que ler fainos libres e abre moitas portas (a da imaxinación, a da creatividade, a da cultura, a do saber, a da diversión, a da curiosidade...)

Por suposto a colección de libros cambia cada ano, e facer expurgo é algo necesario para ter libros atractivos que motiven ao alumnado. Pero os libros teñen moitas vidas, e iso é o que fixemos este ano co proxecto: TEÑO UN LIBRO PARA TI.
Despois de facer unha clasificación por idades, todos os nenos e nenas do cole elixiron un libro para outro compañeiro e despois fixemos obradoiros de empaquetado (reciclando a tope!). Xa vos ensinaremos o proceso, pero hoxe deixámosvos un adianto do resultado: o cole cheo de agasallos, todos fermosísimos... sen dúbida o luns será un gran día cheo de sorpresas e emocións! (mirade este vídeo a ver si atopades o voso libro!!)
   

martes, 12 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO CON SUSANA BASTÓN

Un ano máis e dentro do programa de RADIO NA BIBLIO as nenas e nenos de 5º de primaria puidemos desfrutar dun taller moi interesante da man de SUSANA BASTÓN...
Un programa que, como non podía ser doutro xeito este curso, se enfocou arredor do 50 aniversario do cole...
Vaise celebrar unha grande festa cara finais de curso e fomos as encargadas e encargados de comezar coas invitacións máis oficiais para esta xornada de celebración...
Gracias a Susana puidemos poñernos en contacto coas secretarías de diferentes estamentos, falamos en primeira persoa cos responsables, enviámoslles correos e démoslle publicidade a toda a prensa da contorna desta actividade que levamos a cabo neste taller...
A celebración do 50 aniversario xa está en marcha! Prestade moita atención porque vos seguiremos mantendo informados!
Susana, moitísimas gracias pola túa formación!

venres, 8 de abril de 2022

ANACOS DE VIDA DO COLE DA MAN DAS PROFES CELIA E ROSA

Dende a clase de 6º de primaria queremos continuar co noso proxecto compartindo con todas e todos vós unha nova entrega deste traballo que estamos a levar a cabo con motivo dos 50 anos do noso cole...
HOXE... EN... 
ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO... 
AS PROFES CELIA E ROSA
Recibimos a visita de dúas profes que se xubilaron xuntas no ano 2013. 
Celia estivo 28 cursos como titora...
Rosa 13 cursos como especialista de Educación Física...
Xuntas deron unha volta polo centro e recordaron aqueles momentos tan especiais na sala de profes...
A nosa profe María José tampouco quixo perder a oportunidade de facerse unha foto con elas...
Como non podía ser doutro xeito, fixémoslle entrega dun agasallo con motivo da súa visita. Un agasallo moi especial e limitado a este 50 aniversario do noso cole do que só uns pouquiños son os privilexiados de contar con el...
Na entrevista amosáronnos as súas memorias que, aínda que xa pasou moito tempo, están cheas de moreas de momentos vividos co alumnado.
Abel, Xoel e Uxía foron os encargados de levar a cabo a entrevista que por aquí vos deixamos... Non vola perdades!
Moitas gracias profes Celia e Rosa! Ata outra!

martes, 5 de abril de 2022

ANACOS DE VIDA DO COLE CON PILAR E ALEJANDRA

As nenas e nenos de 6º de primaria seguimos co noso proxecto.
Hoxe queremos presentarvos a entrevista que lle fixemos a Pilar e Alejandra! exalumnas do noso centro que aceptaron a nosa invitación de vir a falarnos do cole hai 50 anos en...

Dúas exalumnas que pasaron polo Cole de Seixo e que derrocharon alegría lembrando as súas experiencias escolares...

Recordando as unitarias das que viñeron lembraban que as condicións eran as que eran...o chan de madeira con buracos, as condicións, o leite en pó que lle daban de almorzo, aquelas pezas enormes de mortadela, os rezos diarios do Ángelus, os cantos a María no mes de maio, as comunións e chocolatadas que se facían na escola, as confirmacións co obispo e diáconos...
Lembraron as obras de teatro nas que participaban a pesar da timidez, as mans e os dedos que votaban fume polos castigos de copiar tantas e tantas veces... e é que hai cousas que se recordan mellor falando coas compañeiras e botándose unhas risas...
A entrevista resultou interesantísima, non vola podedes perder! Por aquí vola deixamos!
Antes de despedilas, os encargados da entrevista, quixemos darlles un pequeniño agasallo como lembranza deste curso tan especial na comunidade do Ceip de Seixo...
Moitas gracias PILAR e ALEJANDRA pola vosa visita! As portas do cole quedan abertas para que nos volvades visitar cando o desexedes! Ata outra!

sábado, 2 de abril de 2022

OS PROFES GOYO E CHARO EN... ANACOS DE VIDA DO COLE

No día de hoxe queremos presentarvos a entrevista que as nenas e nenos de 6º de primaria lle fixemos aos profes Goyo e Charo en A VOZ DE ARNALDO con motivo do programa que se está a levar a cabo polo 50 aniversario do cole...
Estiveron dando unha voltiña polas diferentes dependencias e comprobaron de primeira man os cambios que houbo no cole desde o día que o abandonaron polas súas xubilacións...
Puidemos facernos unha foto en grupo...
E antes de deixalos marchar... fixemoslles entrega dun pequeniño recordo...
e pedímoslles que nos deixaran unha dedicatoria no libro de visitas ilustres de AS PEGADAS DE ARNALDO...
Por aquí vos queda a entrevista! Desexamos que o pasedes moi ben esoitándoa!
Moitísimas gracias Charo e Goyo pola vosa visita!