Dentro da temática do noso PDI " A consulta de Arnaldo" o alumnado de quinto de primaria traballamos sobre os primeiros auxilios.
Primeiro fixemos unha busca na casa preguntando as nosas familias.
Logo practicamos na aula cos nosos compañeiros e compañeiras e os nosos bonecos.
Por último fixemos un lapbook coas técnicas aprendidas e un vídeo para poder compartir o noso traballo con toda a comunidade educativa, xa que este ano "A festa do Saber" ten que ser de xeito virtual.
Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente.
Sabedes por que se celebra hoxe? Enlazado con noso Pdi, Iván de terceiro explícanolo nun vídeo. Mirade!
A clase de cuarto de primaria, encargouse de recordarnos esta conmemoración facendo este mural onde nos explican a regra das 3Rs.
Na clase de inglés tamén estamos traballando sobre o mesmo tema porque nos parece moi importante. Aquí podedes ver a canción que estamos traballando. Fala do noso planeta e da necesidade de colaborar todos para coidalo e protexelo.
Ilustramos a canción...
Cantamos e bailamos...
E xogamos.... Xogar sempre nos encanta! E se o facemos aprendendo o vocabulario sobre o que se pode facer para coidar o noso planeta... Aínda mellor!!
Hoxe presentámosvos a actividade principal en torno a que xirou o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa no noso cole.
Todas as nenas e nenos do cole transformámonos en periodistas de investigación científica...
Cando estamos a piques de cumplir un ano daquel confinamento que ía cambiar as nosas vidas... e non querendo esquecernos deste curso marcado polo coronavirus..., quixemos centrar as nosas investigacións en 9 mulleres que traballaron incansablemente pola nosa saúde...
Por aquí vos deixamos esta montaxe... Que a disfrutedes tanto como o fixemos nós preparándoa!
E por fin chegou o día de celebrarmos a festa do Entroido no cole de Seixo...
Un ano diferente e especial no que non se podía deixar de celebrar esta festa... A temática escollida para esta edición foi A SAÚDE, tema do PDI do noso cole para este curso...
Ao longo de toda a semana estivemos elaborando os disfraces nas aulas...
A xornada comezou cunha merenda, xa tradicional na celebración do Entroido en Seixo. Este ano non puido ser compartida pero nós desfrutámola moito igualmente... Mirade!
Gracias familias por toda a vosa colaboración e empeño en que trouxeran sobremesas típicas destes días!
Antes de desfilar polo cole fixémonos unhas fotos de grupo. Deixámosvolas por aquí para que as poidades ver.
Este ano o desfile foi moi moi diferente ao de outras ocasións. Tíñamos moita ilusión en que esta situación cambiara pero non puido ser. Non quixemos deixar de desfilar porque así, agora, dende as casas, podédesnos ver con máis calma...
Para rematar o día, cada un puido xogar no patio (na súa quenda) e desfrutar desta festa tan especial...
Desfrutade destes días e pasádeo moi moi ben rapaces!
Aínda que 2021 se presenta como un ano diferente, non podíamos deixar de facer o calendario do cole que nos acompañará durante 365 días e no que esperamos ir apuntando cada día mellores novas.
Este curso non deixaremos as máscaras, nin o lavado de mans... escoitaremos falar seguido de vacinas, dos sanitarios... e tamén pensaremos na saúde emocional e nas formas en que podemos levar mellor este momento.
Por iso pensamos que o tema ideal para o PDI deste curso é a saúde, e ese é o tema do calendario de 2021 que quedou moi chulo, verdade?.
Cada clase encargouse de ilustrar un mes co tema elixido para traballar na súa aula.
Mirade aos nenos e nenas de 4º que xa desfrutaron vendo as obras de arte de todos os compis
Algunhas clases traballarán con eles no cole, pero outros levárono para casa. Agardamos que sexan prácticos e útiles no día a día... xa nos contaredes: desexamos que vos gusten!!