Amosando publicacións coa etiqueta primavera. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primavera. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de maio de 2022

MAIOS 2022

Os maios son unha das tradicións máis arraigadas no cole e que se fixeron moitas veces durante estes 50 anos, por iso este ano non podían faltar. Seguro que quedades sen palabras vendo esta familia de maios... emocionámonos e non nos chegaba un!!
 

Iso si, non se fixeron sós, son o resultado de dous días de duro traballo. Grazas a todas as familias que trouxeron fiúncho, espadaina, xestas, flores, ovos, laranxas... e tamén ao alumnado e as familias que estiveron cosendo, montando... non hai nada como o traballo en equipo!!


Neste vídeo resumimos dous días de traballo no que participaron dende os máis peques ata os máis maiores.


E por fin chegou o día de cantar as coplas que tanto ensaiamos co profe Tano en clase de música. E foi un día moi especial porque, despois de dous anos, por fin puidemos abrir as portas ás familias para compartir este día tan especial con todos... estábamos moi nerviosos!!!


Así de ben soaron as coplas... de verdade que foi emocionante ver a todo o alumnado xunto rodeado das familias: tiñámos moitas ganas!! Tamén nos acompañou Lois, do Ateneo Santa Cecilia, un gran defensor e propulsor desta festa en Marín.


Estas son as coplas que cantamos:


Un recordo de todos os artistas coas obras de arte!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º de primaria

Nenos e nenas de 2º de primaria

Nenos e nenas de 3º de primaria

Nenos e nenas de 4º de primaria

Nenos e nenas de 5º de primaria
3
Nenos e nenas de 6º de primaria

venres, 29 de abril de 2022

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA A FESTA DOS MAIOS

Unha das celebracións que se fai no cole dende os seus inicios son OS MAIOS. Nas fotos antigas que hai no cole atopamos moitas desta festividade.


A festividade dos maios naceu na prehistoria, cando os primeiros poboadores se preguntaban como mudaba a natureza, brotaban as sementes e se vestían os campos de alegres cores, despois dunha longa época de choiva e frío.
  

En Galicia, entre as manifestacións lúdicas, están os maios figurativos: son figuras cónicas ou piramidais con estructura de paus recuberta de follas, flores e outros adornos.

Maio realizado polo alumnado en 2016

Este curso non podía ser menos, e neste ano especial, no que recordamos tantas cousas feitas durantes estes 50 anos, están os maios, para os que precisamos a vosa axuda.
 

mércores, 18 de maio de 2016

COPLAS DOS MAIOS

Estamos de estrea, felices e contentos descubrindo unha nova ferramenta para aprender e outra forma mais de compartir as cousas que facemos no cole: a radio.
Compartimos con todos vós unha das primeiras grabacións que fixemos na nosa emisora de radio, para que non perdades detalle das coplas dos maios, cantada polos solistas de este año, os nenos e nenas de 4º. 

venres, 13 de maio de 2016

CANTÁNDOLLE AO MAIO

Este é o noso maio, non deixedes de ver a entrada do blog na que contamos como o fixemos (PREMEDE AQUÍ).


E todo este traballo, quixemos compartilo coas familias. 


Cando chegaron ao cole regalámoslles flores e coplas a todos. Estas son as coplas do maio 2016:


Desfrutamos moito compartindo o maio e as coplas coas familias, mirade que ben o pasamos todos:




E así de ben soou:



A prensa compartiu a noticia sobre o noso Maio:


De novo graciñas ás familias que colaboraron, non so montando o maio, senón mandando ao cole tanto verde, flores, ovos... sen a vosa colaboración non sería posible!

xoves, 12 de maio de 2016

PREPARANDO O MAIO 2016

Xa estamos en maio... un mes cuberto de flores, e estamos moi felices de compartir un proxecto feito por todo o alumnado e profesorado do cole, coa colaboración das familias traendo moito material e con moita axuda dun grupo de nais que son unhas artistas!

Despois dalgúns anos, grazas a estar embarcados no PDI sobre o contorno, recuperamos unha fermosa tradición Marinense: o maio. 
Todos os nenos e nenas, desde infantil ata 6º, puideron participar directamente na elaboración do maio e tamén ensaiar as coplas coas profes de música. 

Mirade canto desfrutamos!




Así de concentrados estivemos cosendo fiuncho, espadaina, pampullos...



E este foi o resultado de tres mañás de moito traballo:










Convidamos a toda a comunidade educativa a ver o noso fermoso maio. 
Queredes ver o ben que cantamos as coplas? PREMEDE AQUÍ