sábado, 31 de outubro de 2020

NOVAMENTE DESEXÁMOSVOS: FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 31 de outubro de 2020, celébrase outra vez o día das Letras Galegas, xa que en maio so o puidemos celebrar dende as casas.
A pesar de estar confinados, en maio fixemos un montón de actividades compartidas con todo o alumnado que recordamos aquí.
Propuxemos unha actividade dende a radio que podedes recordar premendo nesta imaxe de Ricardo Carballo Calero:

Por medio de cancións e xogos, puidemos coñecer máis sobre o protagonista deste ano: Carballo Calero. Premede na imaxe e poderedes escoitar cancións, facer xogos...


E por fin chegou o 17 de maio no que, a pesar de estar cada un nas nosas casas, puidemos xuntarnos nun programa de radio no que presumimos da nosa lingua. Se queredes escoitalo premede na seguinte imaxe:

Entre as súas obras escollemos "As pitas baixo a chuvia" e os de 5º fixeron un traballo na radio a partir do cal puidemos coñecer máis esta historia. Premendo na portada do conto poderedes recordar estas actividades:


Dentro duns meses volverá o 17 de maio, e temos moitas ganas de celebralo cara a cara compartindo actividades a redor do galego... pero da igual onde esteamos: nunca deixedes de presumir da nosa lingua!!

venres, 30 de outubro de 2020

POLO SAMAÍN CÓNTAME A MIN

 Moi boas a todas e todos!

Aínda que este ano non puidemos convidarvos ao cole para contar historias, como nos gustaría, non quixemos que o virus nos quitase a oportunidade de compartir as vosas historias co alumnado, por iso este ano as contadas son a distancia, pero desfrutarémolas igualmente.
Mil gracias aos valentes que vos animastes a mandarnos historias tan terrorificamente divertidas... temos unha chea!
Por aquí volas deixamos todas! Desfrutádeas!

























EXPOSICIÓN VIRTUAL DE CABAZAS

Nunca esqueceremos Samaín 2020: o virus non nos deixou facer a exposición coma sempre... pero as familias de Seixo ides sobradas de creatividade e iso non hai quen o pare!



Desfrutade destas cabazas convertidas en divertidas e terroríficas obras de arte!

domingo, 25 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020

Mañá comeza a semana de Samaín... estades preparados? Non esquezades levar mañán algunha merenda terroríficamente divertida, o martes unha lanterna e o venres algún complemento ou disfraz.
Tamén vos animamos a decorar as cabazas e enviar unha foto... todos os anos vemos autenticas obras de arte!
E por suposto animade a alguén da vosa familia a gravar un vídeo de algún conto, incluso podedes axudar os peques.
Non vos despistedes que o mércores é o último día para enviar as fotos e os vídeos.
Aquí vos deixamos todo ben explicadiño:

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍAS DAS BIBLIOTECAS



Hoxe celébrase o día das bibliotecas, un día moi especial para un cole coma o noso, no que a biblioteca é un sitio moi pero que moi especial. Aínda que este ano hai unha chea de protocolos que poñen todo máis difícil, non van a conseguir pechar as portas da biblioteca que xa comeza a funcionar, aínda que de xeito especial.


Aínda que so podamos ir por grupos de convivencia, seguiremos desfrutando das lecturas, xogos, robótica, mesa de luz... e de todos os recursos que Arnaldo ten para nós.



E este ano, máis que nunca, a biblioteca percorrerá todo o cole: se non podemos ir á biblio a todas horas, ela irá ás aulas!! Xa os xogos e recursos da casa de Arnaldo están viaxando polas clases...



Esta semana comezamos a formación de usuarios que seguirá os proximos días para aprender moi ben as novas normas que farán que podamos exprimir a biblio a tope!!


Aquí vos deixamos unha presentación coas normas básicas da biblioteca. Non hai virus que nos quite as ganas de ler, de xogar, de crear, de investigar, de compartir... e de tantas cousas que podemos facer na biblioteca!!!

venres, 23 de outubro de 2020

CONTANDO E CANTANDO CARA A IGUALDADE

Dentro do programa “Seixo coeduca” desfrutamos dunha contada de Migallas na que, ademais, puidemos reflexionar sobre algunhas cousas do día a día. 


Tamara contounos 3 contos: O libro dos porcos, Daniela Pirata e e Rosa Caramelo. Despois preguntounos quen fai certas cousas en casa… e as nais e as avoas saíron gañando. Despois fixemos unhas pequenas dramatizacións sobre o tema. 
Grazas á ANPA por darnos esta oportunidade de reflexionar sobre este tema e, ademais, de xeito tan divertido. Aquí deixámosvos algunhas fotos. 

xoves, 22 de outubro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!!!

 Ola familias,

As mochilas xa viaxan cara as vosas casas!

 Este ano con novidades. Teremos dúas mochilas por aula para que unha quede en corentena e sempre esté unha viaxando!







VIVA O OUTONO NO PATIO!

Chegou o outono e os de 1º estamos felices porque temos un montón de meses para desfrutar esta bonita estación no noso marabilloso patio!






AS FAMILIAS TAMÉN SUMAN

O vindeiro sábado 31 Igualadas estarán no Real Club de Mar de Aguete compartindo coas familias do cole un pequeno obradoiro do programa "A suma de todas e todos" enmarcado no proxecto "Seixo coeduca" organizado pola A.N.P.A. Abelendos.

No obradoiro trataranse os contidos do programa "A suma de todas e todos" que remata esta semana no cole: igualdade e rexeitamento da violencia de xénero, o valor das diversidades e a xestión das emocións. Traballarase de qué forma podemos, as familias, colaborar e contribuir á transformación social, mediante a coeducación das nosas nenas e nenos na casa. 

Por favor, reservade a vosa praza canto antes, porque hai límite de aforo. Podedes facelo no correo: hola@igualadas.es poñendo no asunto "Reserva Seixo".

sábado, 10 de outubro de 2020

UN CLIC PARA O COLE (2020/21)

Xa sodes usuarios de amazon e de paso que facedes algunha compra queredes colaborar co cole?
En WWW.UNCLICPARAELCOLE.ES podedes facelo entrando e elexindo o noso cole: "CEIP Seixo".
  
Por suposto non queremos animarvos a mercar máis nin a facervos unha conta se non a tendes. 
No cole sempre procuramos mercar en tendas físicas, para apoiar o comercio local, e a iso animamosvos, pero o certo é que moitos usamos amazon nalgúns momentos nos que non atopamos algo cerca da casa, por iso vos propoñemos aproveitar esta oportunidade nas compras que fagades por este medio.

Unha vez elexido o cole, mercades con normalidade en Amazon, dende a vosa conta, e Amazon donará ao cole unha porcentaxe do voso gasto en forma de un crédito virtual, que despois poderemos usar para mercar nun catálogo que eles nos ofertan. 
Así, sen supoñer gasto a maiores para vós, as vosas compras nesta plataforma, ata o 21 de marzo, repercutirán no cole.

xoves, 8 de outubro de 2020

mércores, 7 de outubro de 2020

PRENSA NA ESCOLA

 Este curso tamén poderemos traballar con xornal na aula. 

"A Voz de Galicia" ofrécenos a posibilidade de participar no programa "Prensa Escola".



Todos os mércores as aulas de quinto e sexto poderemos realizar diferentes actividades co xornal: ler, investigar, buscar un determinado titular, clasificar noticias,...



Tamén compartimos o xornal. Cando remata  a xornada, se acabamos de traballar con el, levámolo a casa para que o poida ler a nosa familia.

Moitas Grazas ó xornal "A Voz de Galicia"

venres, 2 de outubro de 2020

DESMENTINDO ESTEREOTIPOS E ROLES DE XÉNERO

Esta semana comezamos o programa "A suma de todas e todos" enmarcado dentro do proxecto "Seixo coeduca, desmentindo estereotipos e roles de xénero".
Durante este mes traballaremos o valor da Igualdade, o rexeitamento das conductas violentas e da violencia de xénero dende o valor á diversidade, o respecto a todas as persoas, as habilidades sociais e a xestión das emocións. 





xoves, 1 de outubro de 2020

ARTISTAS DE SEIXO

Hoxe queremos compartir unha boa noticia que nos fai sentir moi orgullosos. Sara, de 5º, participou no concurso de debuxo do Ateneo Santa Cecilia e a súa obra, "San Miguel e a Danza das Espadas”, acadou o 2º posto.

Noraboa Sara, un debuxo precisoso, con moita vida e historia.


No cole de Seixo hai moitos artistas e a nós encántanos presumir!!