Amosando publicacións coa etiqueta ciencias naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias naturais. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de abril de 2022

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: VESPAS VELUTINAS (6º DE PRIMARIA)

Os nenos e nenas de 6º de primaria queremos presentarvos un novo traballo que acabamos de levar a cabo...  
Ademais da recollida selectiva de residuos e do coidado do composteiro, no marco da educación medioambiental, elaboramos novas trampas para as vespas velutinas do noso patio...
Estivemos preparando a mestura coa que agardamos poder atrapar as vespas velutinas, esta especie invasora que está a poñer en perigo de extinción á vespa autóctona.
Queremos lembravos que é moi importante chamar ao 112 se atopamos algún niño e seguir as indicacións que nos indiquen. Lembrade a importancia de non manipulalo xa que é moi perigoso...
DEPOLGAL é unha asociación adicada á erradicación dos niños das velutinas e forman aos colectivos que o solicitan a través de charlas divulgativas co apoio do Concello de Marín.
Como vos dicíamos, fixemos trampas, preparamos o cebo e agora iremos observando a súa eficacia pero xa vos adiantamos que os resultados están sendo moi bos... Mirade, mirade!
O equilibrio no ecosistema é moi importante para que as especies autóctonas vivan en armonía, sen perigo de ningunha especie da cadea trófica.
Para seguir estes e outros traballos tamén podedes ver no blog...

martes, 10 de marzo de 2020

A CÉLULA

Os nenos e nenas de 5º de primaria visitaron a aula dos máis maiores do cole para expoñer os seus traballos...
A través dunha exposición oral...
demostráronlles a todos e todas os seus coñecementos sobre unha célula animal.
Mirade que maqueta máis chula prepararon!

xoves, 23 de xaneiro de 2020

MISIÓN ALBA

O alumnado de 5º e 6º comezaron a...
MISIÓN ALBA


Trátase de un traballo experimental e grupal que se vai desenvolver en tres fases. Logo virán as reflexións e argumentacións para concluir o primeiro reto.

Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todo o proceso que levaron a cabo estas dúas clases...
A aventura continuará!

xoves, 12 de decembro de 2019

O CORPO HUMANO

As nenas e nenos de sexto estiveron traballando con un proxecto de aula moi interesente chamado...
O CORPO HUMANO
Froito dun traballo excepcional saíron unhas maquetas extraordinarias que o resto dos nenos e nenas do cole fomos uns afortunados porque pudiemos desfrutar delas...

Despois de teren traballado o tema fixeron obradoiros nos que nos explicaron todo o que estiveron traballando e no que aprendemos moitísimo....




Moitísimas gracias por ter compartido con nós esta clase de ciencias naturais...
Noraboa rapaces de 6º!

luns, 7 de outubro de 2019

INVESTIGANDO A GOTA FRÍA EN 3º

Comezamos o curso con moitas noticias falando da gota fría que estaba inundando o Mediterráneo, mesmo a nosa compi Lucía pillouna aí de vacacións cos seus pais. 




Na clase de 3º puxémonos a investigar, na casa e no cole. Hugo trouxo un experimento para explicarnos ben en que consiste.



A gota fría levounos na investigación a algo que se chama: quecemento global e nos demos conta que estamos ante un gran problema. 




Apareceu o nome de Greta Thunberg e asombrounos saber que alguén tan nova está tan comprometida.

luns, 8 de outubro de 2018

AS ÁRBORES DO COLE

Seguimos recordando actividades do curso pasado, algunhas daa cales, coma esta, non serían posibles sen a colaboración das familias.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita de Uxía, a mamá de Lúa e Fuco.
Ela sabe moito de árbores, de plantas... é unha amante da natureza que o contaxía en todo o que di.
Ensinounos as árbores do cole aproveitando que temos un patio precioso e moi variado. Nos fixamos especialmente nas follas que son moi diferentes. Con moito coidado fixemos unha recollida de follas diferentes que despois clasificamos, debuxamos e identificamos a que árbore pertencían. Ademais aprendermos a secar as follas para facer un herbario. 
Grazas Uxía, unha vez máis, por compartir tantas cousas interesantes con nós.
Somos moi afortunados coas familias que temos... e nos encanta aprender cousas novas, así que animádevos: estades todos convidados a visitarnos!!

 

luns, 11 de decembro de 2017

EXPLORANDO A FONDO OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Os nenos e nenas de 6º somos uns suertudos. Estudiando o tema dos circuitos eléctricos recibimos a visita dun experto, o pai de Marcos González. 



Falounos sobre a electricidade, motores, circuítos eléctricos... 



Falamos da importancia que os motores e a electricidade teñen na vida cotiá.



Falamos da importancia que os motores e a electricidade teñen na vida cotiá.



Trouxo diferentes cousas para ensinarnos, entre elas un telégrafo morse con electroimán. 


Logo ensinámoslle a exposición de circuitos que montamos cada un. 



Marcos viunas todas e alucinou co noso traballo!

Tamen nos dou consellos para facelos aínda máis completos.



Moitas grazas a Marcos por esta visita tan proveitosa, canto nos gusta aprender coas familias dos compis!

xoves, 20 de abril de 2017

CIENCIA EN MOVEMENTO

Entre tanta foto sempre se traspapela algunha... como as de esta actividade que fixemos en decembro todo o alumnado de 5º e 6º, e que resultou moi divertida e interesante. 



Ciencia en movemento demostrounos que unha das mellores formas de espertar a curiosidade e aprender é experimentando. 



Por iso montaron na biblioteca un museo científico con máis de 50 obxectos co lema:“PROHIBIDO NON TOCAR”



Mirade que ben o pasamos

Ciencia en movemento by Slidely Slideshow

martes, 3 de xaneiro de 2017

A CÉLULA VEXETAL: APRENDENDO AS SÚAS PARTES

Os nenos e nenas de 5º, despois de facer a MAQUETA DA CÉLULA VEXETAL decidimos facer unha imaxe interactiva para poder estudar as diferentes partes da célula. 
Cada un encargouse dunha das partes e, despois de facer os correspondentes guións, gravamos pequenos vídeos que engadimos á imaxe interactiva.
Esperamos que vos sirva para aprender máis sobre a célula vexetal, para os de 5º será moi útil para estudar ;)
Premede sobre a imaxe e... aprende moito!


domingo, 11 de decembro de 2016

A CÉLULA VEXETAL: MAQUETA

Os nenos e nenas de 5º están aprendendo moito sobre a célula vexetal.
Unha das tarefas que realizaron foi unha maqueta para poder aprender investigando, manipulando e creando.
Quixeron compartir con todos nós como as fixeron, e por iso montaron este pequeno titorial: por si alguén se anima ;)
Estade atentos porque seguirán contándonos máis sobre a célula vexetal.


Grazas a Pablo e a David por ese comezo de vídeo tan divertido!!

luns, 18 de maio de 2015

UN PLANETARIO NO COLE!

Mirade que cousa mais curiosa e rara apareceu o outro día no noso ximnasio....


Os nenos e nenas de 3º ciclo tiveron a oportunidade de entrar e gozar deste xenial planetario.
Algúns dos afortunados que estiveron dentro cóntannos o que mais lles gustou: