mércores, 28 de abril de 2021

MAKEY MAKEY

Moi boas!
Quen non imaxinou nunca que unha vasoira se convertiría nunha guitarra eléctrica ou unhas tixolas nunha batería? 
Pois hoxe... imos amosarvos como as rapazas e rapaces de 6º de primaria puideron facer isto realidade gracias a SCRATCH e MAKEY MAKEY...
Makey Makey permítenos unir o mundo virtual o real de maneira que podemos convertir calquera utensilio cotiá no que queiramos....
Por exemplo nunha...

En primeiro lugar preparamos todos os materiais necesarios...
e comezamos a programar esta peculiar batería co programa SCRATCH...
Seleccionamos os obxectos correspondentes ás distintas partes da batería que imos empregar...
Situámolos no programa da maneira que nos resultou máis atractiva...
Programamos cada un dos obxectos co seu son característico de modo que ao presionar unha tecla soe cada un deles...
Por último unimos a placa MAKEY MAKEY co noso ordenador e cos novos elementos que nos servirán como partes da batería...

A continuación deixámosvos por aquí un vídeo que nos serviu de moita axuda, botádelle unha ollada!
Por último amosámosvos os nosos resultados finais...

sábado, 24 de abril de 2021

ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

Moi boas amiguiños!
Esta foi unha semana chea de actividades... Días atarefados con moitas propostas que vos iremos amosando ao longo destes días...
Unha semana na que todo xirou arredor dos libros e da celebración do pasado venres día 23 de abril...
A Biblioteca de Arnaldo, como non podía ser doutra forma... como centro de toda a actividade do cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo no que se amosa un anaquiño do traballo que fixemos: marcapáxinas, bibliopatio, roses for you!, eu propóñoche..., booktubers, o meu libro favorito, decoración das entradas, descrubrindo novos xogos...

venres, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO 2021

Desexamos que desfrutedes deste día tan especial e que o fagades coa compañía dalgún libro: novo ou vello, grande ou pequeno, longo ou curto, de aventuras ou de humor, de poesía ou cómic.... sexa como sexa: lede moito, porque así aprenderedes moito!! Recordade que ler é soñar cos ollos abertos! 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Dende o Cole de Seixo estamos encantados de participar un ano máis na...
CAMPAÑA DE RECOLLIDA 
DE ROUPA, CALZADO E XOGUETES

Unha iniciativa de ACIMA (Asociación de Comercio e Industria de Marín) na que se pretende conseguir roupa, calzado e xoguetes que xa non lle deades uso nas vosas casas.
O día 20 de maio de 2021 será o día no que se faga a recollida no noso cole.
Ata entón, se tendes a oportunidade, non deixedes de colaborar con aquilo que poidades!
Graciñas!

xoves, 22 de abril de 2021

NO COLE ESTAMOS DE ESTREA: UN HOTEL DE BECHOS!

Hai xa uns días que no patio do Ceip de Seixo estivemos de estrea! Por fin xa podemos desfrutar no patio dos nosos soños...
DUN HOTEL DE BECHOS!
Unha aportación da nosa ANPA ABELENDOS a quen, unha vez máis lles estamos moi agradecidos pola súas colaboracións...
Moitísimas gracias en especial a ti JACOB, papá de Nerea de 4º de primaria e Iago de 6º de primaria. Menuda chulada de Hotel, imos desfrutar moitísimo! Estamos deseosos de ver moitos hóspedes nel.
Graciñas!

martes, 20 de abril de 2021

CREBACABEZAS NOVOS!

Ola amiguiños!
Xa tendes no recuncho dos xogos, novos crebacabezas!
Ademais de relaxarnos, facer crebacabezas axúdanos a desenvolver moitas capacidades que precisamos para o día a día.
Mellórase a memoria visual, desenvolve a capacidade de concentración, estimula a habilidade espacial e matemática....
E pasamólo xenial colaborando para ser os primeiros en rematar os crebacabezas.
Non deixedes de vir a xogar con eles!!

xoves, 15 de abril de 2021

NOVOS XOGOS NA BIBLIO

Ola a todos e todas, 



Temos xogos novos na biblioteca.

Que contento estou porque algúns xa os descubristes!!!


CARRERA DE LETRAS


É un xogo moi entretido que fomenta o desvolvemento da linguaxe, o pensamento flexible e a solución de problemas.

Para aqueles que nunca xogaron aquí  vos deixo un vídeo que vos axudará.




PALABREA



Só unha superpalabrea gañará a partida!

Neste vídeo tendes pistas de como xogar. É moi doado!!!!



SHOPPING LIST
Xogamos en inglés. Tes que ser o primeiro en encher o teu carro da compra con todos os artigos da lista. 
Pero ollo! tes que dicirlle ós compañeiros o nome do que compras senon perdes o artigo. Tes que estar moi atento porque os teus compañeiros axúdanche a gañar.



KIWIS VOLADORES


Entretido xogo de destreza. Os kiwis non saben voar pero queren irse de vacacións. Deciden tirarse por unha rampa e....

Estou esperando por vos para poder seguir xogando!! 

mércores, 14 de abril de 2021

ROSA ANEIROS VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Este ano tamén nos visitan os autores elixidos, pero de xeito virtual.
A semana pasada os de quinto e sexto estivemos con...
ROSA ANEIROS!
Eliximos o seu libro "Tress bichicomas, dúas illas e unha serea" parta ler na aula.
Unha vez lido e comentado o libro entre todos, traballamos individualmente sobre el: ficha de lectura, resumo, comentario persoal, ilustracións....
O día do encontro, falamos coa autora, ensinámoslle o noso traballo e fixémoslle moitas preguntas que ela nos contestou encantada.
Foi un encontro diferente pero pasamólo moi ben!!
GRAZAS, ROSA!!!

venres, 2 de abril de 2021

REVISTAS NA BIBLIO

 Ola amigos,

Na biblio volvemos a ter novidades!!

Este curso seguimos recibindo as revistas que máis nos gustan. Xa sabes que podes levalas á aula ou para casa.

 

As "Reportero Doc" invitan a coñecer e explorar temas que vos atraen moito: ciencia, natureza, historia, mundo....


Na biblio temos revistas moi variadas así que sempre vas topar un tema que che poida interesar!

As revistas "Pantera" mostran diferentes ecosistemas ou espazos naturais con ilustracións moi atractivas e fotografías moi coidadas y cunha linguaxe moi accesible a partires dos seis anos.


"Principia Kids" é unha revista de ciencia que está chea de contidos interesantes e creativos. Nelas podes atopar persoas e historias de ciencia que te sorprenderán.

" Principia kids" é a  versión infantil da revista "Principia" que tamén temos nos nosos andeis.


Se na casa, os gustan as revistas non dudes en levar unha para a túa familia.  

Seguro que lles encanta!!