Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de marzo de 2023

8 M en Seixo

Os libros son un recurso fantástico para todo, e tamen nos achegan á vida de mulleres fantásticas que loitaron e seguen loitando para que todas as mulleres teñan os mesmos dereitos, por iso na biblio hai unha exposición cunha selección especial.


Grazas ao equipo de voluntarias que fixo un traballo fantástico montando a exposición... son unhas currantas!

O alumnado de infantil, este ano, centrase na figura das avoas como mulleres fundamentais nas nosas vidas. Estamos coñecéndoas e descubrindo porque son unhas super avoas. Traballan a partir dun conto que podedes escoitar narrado polo alumnado de 5 anos que o fai de marabilla... e ademais en galego!


O alumnado de 2º investigou a historia de diferentes mulleres que ao longo da historia loitaron por ter os mesmos dereitos para as mulleres. Fixeron un súper traballo de investigación que compartiron co resto do alumnado visitando todas as clases. Queredes coñecer a estas mulleres?

venres, 18 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Este ano, adicamos o día da muller a unha das mulleres que deixaron unha gran pegada no cole de Seixo nos seus 50 anos de vida. Premede AQUÍ se queredes ler máis.
Kati contounos tantas cousas interesantes sobre a historia do cole que aproveitamos toda esa información para seguir investigando, durante a semana da prensa, ademais, aprendemos a usar o canva e montamos páxinas de revistas do máis profesional!!

luns, 14 de marzo de 2022

GALEGAS

Galegas é un proxecto  levado a cabo polos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria sobre mulleres galegas que foron pioneiras. 
Traballamos moitas cousas en diferentes espazos do cole. Primeiro eliximos a muller que queríamos investigar, despois buscamos información na biblioteca. Na aula de inglés escribimos un pequeno texto sobre elas e, finalmente, na aula de arte, entre todos, fixemos un mural para compartir con todos os compis un pouco do moito que aprendemos das mulleres elixidas.

 

sábado, 13 de marzo de 2021

MULLERES POLA SAÚDE

Hoxe presentámosvos a actividade principal en torno a que xirou o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa no noso cole.
Todas as nenas e nenos do cole transformámonos en periodistas de investigación científica...
Cando estamos a piques de cumplir un ano daquel confinamento que ía cambiar as nosas vidas... e non querendo esquecernos deste curso marcado polo coronavirus..., quixemos centrar as nosas investigacións en 9 mulleres que traballaron incansablemente pola nosa saúde...
Por aquí vos deixamos esta montaxe... Que a disfrutedes tanto como o fixemos nós preparándoa!

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

No Cole de Seixo queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MULLER!
Arredor desta data e nunha das actividades organizadas polo noso Concello de Marín estivemos dándolle á cabeciña para buscar un lema do noso banco. O resultado xa o podedes comprobar vós mesmos...
SOMOS IGUAIS, 
SOMOS AMIGOS E AMIGAS
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todos os grupos do cole arredor del... buscarémoslle un lugar privilexiado no patio dos nosos soños...
Noutra actividade pola igualdade e grazas a PEDRO BRANDARIZ CONTA CONTOS...
desfrutamos dunhas historias moi divertidas...
a igualdade nos contos a través das adaptacións en galego de...
"UN FANTASMA EN APUROS"
"CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO"
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe desta actividade...

luns, 9 de marzo de 2020

ADIVIÑA QUEN SON

No marco das actividades organizadas polo noso cole arredor da celebración do...
8-M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
vimos de desfrutar da actividade...
"Adiviña quen son"
Unha actividade organizada para os centros de Marín polo noso concello na que o pasamos moi ben e desfrutamos moitísimo...

Foron aparecendo diferentes personaxes ataviados coas súas vestimentas de traballo e nós tivemos que adiviñar de que se trataba...

Rompendo estereotipos en clave de humor...


Por se queredes ver máis fotos e comprobar de primeira man o ben que o pasamos por aquí vos deixamos unha montaxe...


domingo, 8 de marzo de 2020

FELIZ DÍA DA MULLER

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un feliz 8-M a todas e todos...
O noso centro uniuse ás propostas que nos achegou o noso concello a través do CIM. Por iso compartimos con vós está viñeta coa que estivemos traballando...
Cada un de nós levou un caderno de notas, coma éste, para a súa casa. Nel poderemos apuntar todo e así non esquecernos de nada...
O venres levouse a cabo dende 
un programa especial adicado a esta conmemoración... 
Durante o recreo emitiuse en directo e desfrutamos moito... 
Un programa repleto de cancións dirixido por Mateo... 
Por aquí vos deixamos o enlace...

Mañá luns recibiremos a visita dunha compañía de teatro para traballar este tema. 
Estade atentos porque vos contaremos máis cousiñas...

xoves, 4 de abril de 2019

CAMIÑO HISTÓRICO DO MOVEMENTO COLECTIVO FEMININO

Olaaaaa!
Chegou ao noso cole a EXPOSICIÓN ITINERANTE: "Camiño histórico do movemento colectivo feminino" para quedar en Seixo ata o vindeiro venres día 12 de abril.
Unha das actividades que estaban pendentes relacionadas co 8-M: Día Internacional da Muller. 
Trátase de 6 murais da ONU MULLERES adaptados polo Concello de Marín, que recollen hitos, historias e información da vida cotiá que deron forma aos dereitos e as vidas das mulleres e nenas de todo o mundo. 





Xa está a disposición de todos aqueles que queirades pasar a ollala. Atópase no descanso da entrada de Infantil de 4 anos.
Desfrutádea moito e a seguir aprendendo moitas cousas!
E para vós tamén familias!!! Todos e todas aquelas que queirades pasar polo cole par botarlle unha ollada non o dubidedes!
Poderedes facelo o vindeiro Martes pola tarde. Animádevos!

mércores, 13 de marzo de 2019

MARÍA VINYALS: UN TALENTO REBELDE

Con motivo das actividades organizadas en torno ao 8-M hoxe, no cole de Seixo, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria tivemos a posibilidade de poder desfrutar de Isabel Blanco e Silvia Cernadas,
autora e historiadora respectivamente do libro que nos viñeron a presentar: 
MARÍA VINYALS: UN TALENTO REBELDE
Dende a Deputación de Pontevedra quíxose visualizar a figura de María Vinyals, muller galega pioneira na introdución do feminismo no noso país xunto con Emilia Pardo Bazán.
 Coa intención de dar a coñecer a traxectoria desta muller e a súa contribución á loita pola igualdades, desde esta institución editouse esta obra que é unha recreación literaria da súa biografía.
Tamén puidemos escoitar en directo un pequeno recitado por parte de Isabel:

Deixáronnos asinados, para a nosa Biblioteca, varios exemplares e para rematar a actividade fixémonos unha foto todas e todos xuntos:
Por último firmaron no libro de visitas da nosa Biblioteca e pasaron pola Voz De Arnaldo para gravar unha entrevista. Rubén e Nuria foron os encargados de realizala:
Por aquí vola deixamos para que a poidades escoitar...

Gracias por todo Isabel e Silvia! Ata outra! 

venres, 8 de marzo de 2019

8 - M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O noso cole quixo sumarse, un ano máis, ás propostas facilitadas pola Concellería de Benestar Social (Concello de Marín) a través do Centro de Información ás Mulleres.
Este ano adicouse a data As mulleres traballadoras do elaborado dos produtos do mar do porto de Marín, sector moi feminizado que é necesario dotar de valor en apoio ás reivindicacións de mellora das súas condicións laborais.
Convertemos o mural en pegatinas que nos puxemos todas e todos no centro e participamos tamén nunha "CAMPAÑA POLA IGUALDADE" na que cada nena e neno levou ás súas casas un globo violeta co símbolo da igualdade entre homes e mulleres para facelo visible nos seus fogares en balcóns, xanelas... como repulsa a calquera acto que vulnere o dereito de igualdade entre mulleres e homes.
Tamén chegará nos vindeiros días unha EXPOSICIÓN ITINERANTE "Camiño histórico do mevemento colectivo feminino" que se poderá ver no noso cole. Unha exposición que recolle hitos e historias cotiás que deron forma aos dereitos e as vidas das mulleres e nenas detodo o mundo.

sábado, 12 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Na semana do 7 ao 11 deste mes, conmemoramos a Semana da Prensa. 
Unha das actividades que fixemos foi unir a Prensa e a Muller...mirade o resultado!
E deixámosvos o enlace ao blog de Infantil...mirade tamén que estiveron a facer esta semana.