luns, 24 de decembro de 2018

VISITA PAPÁ NOEL

Gracias ás xestións levadas a cabo pola ANPA do noso cole, PAPÁ NOEL conseguiu facer un oco na súa apretada axenda para poder facernos unha visitiña antes de dar comezo a un longo percorrido por todo o mundo que rematará na noite do 24 de Nadal para descansar do seu duro traballo ata o vindeiro ano.
Gracias PAPÁ NOEL pola túa visita aos nosos nenos e nenas, desexámosche que saia todo ben estes días!
Agardamos a túa visita, estas datas, en tódolos fogares, para encher de alegrías e ilusións a todos os nenos e nenas do mundo.

domingo, 23 de decembro de 2018

CHOCOLATADA ANPA ABELENDOS

Despois de disfrutar do Festival de Nadal, chocolate con churros para todos os nenos e nenas do cole e familias asistentes para compartir un momento agradable e celebrar as Festas que están por chegar.
Gracias mamis e papis por tanta axuda e colaboración!
Estaba riquísimo!
Por moitos anos máis!

sábado, 22 de decembro de 2018

FESTIVAL DE NADAL

Ola amiguiñxs! Moi boas! por aquí vos quero deixar o Festival de Nadal  que prepararon os nenos e nenas do cole para todxs vós!
Desexamos que, os que poidéstedes asistir, o pasárades tan ben ou máis ca nós. Para aqueles que por calquera cousiña non vos puidestes achegar aquí vai....


AS PRESENTADORAS DO FESTIVAL: 
LAURA E SILVIA
Laura: Bos días a todas e todos! Un ano máis temos a leidicia de estar aquí, todos xuntos, para despedir o ano 2018 e recibir un novo ano que esperemos que sexa moi próspero e veña cargado de felicidade e ledicia.
Silvia: Preparádevos para pasalo en grande e desfrutar de todas as cousiñas que vos temos preparadas. Abride ben os ollos... Afinade os vosos oídos... Porque isto xa arranca!
Laura: Pois efectivamente non hai tempo para o aburrimento... Prestade moita atención, que chegan os máis pequenos do cole, con un baile moi molón!
Silvia: Un forte aplauso e deámoslles a benvida a todos eles que traen para nós... "RODOLFO EL RENO"!



Silvia: Qué é iso que soa? O timbre? A alarma de incendios? Escoitades?
Laura: Non, non! Son os de 4º que nos van cantar a panxoliña “DINGUIDÓN”!
Silvia: Unha panxoliña moi doce e non apta para diabéticos...
Laura: Recibámoos cun forte aplauso!

Laura: Mi madriña! Qué fame me acaba de entrar! Menos mal que nun ratiño hai preparada unha boa chocolatada!
Silvia: Xa che digo...! A continuación imos recibir aos nenos e nenas de 5º de primaria.
Laura: Parece que xa veñen!
Silvia: Que dis oh? Xa veñen quén?
Laura: Que... "XA VEÑEN OS REIS MAGOS"! Unha fermosa panxoliña que nos van cantar. 
Silvia: Acompañan ao piano: Lucía e Sandra.
Laura: E co violín, Celia.
Silvia: Deámoslles un forte aplauso!
Silvia: A rapazada de Relixión Católica e Relixión Evanxélica de 1º, vannos deleitar agora cun recitado dunha poesía de Gloria Fuertes titulada “HAY UN NIÑO…” 
Laura: Aplausos para eles, por favor!

Silvia: Os nenos e nenas de 3º acaban de chegar a Belén.
Laura: E van cantar e representar a panxoliña “EN UN PORTALITO”.
Silvia: Aplausos, por favor, para recibilos! Imos escoitalos!




Laura: Pouco a pouco vai chegando o final...
Silvia: Preparádevos agora para vivir unha experiencia relixiosa moi marchosa!
Laura: Para todas e todos vós “I WILL FOLLOW HIM” a cargo dos nenos e nenas de 1º E 2º!!!



Laura: Xa estamos rematando e non chegan!

Silvia: Non chegan? Quenes non chegan? 
Laura: Quenes van ser? Os nenos e nenas de 6º, que xa me tardan! 
Silvia: Pois iso... Que para rematar... Os nenos e nenas de 6º van interpretar a panxoliña “XA ME TARDAN” 
Laura: Esperamos que disfrutárades moito deste festival. 
Silvia: Tanto como nós ou máis! 
Laura: Voltamos o día 8 de xaneiro!
Tras a petición dos nosos nenos e nenas a ANPA tamén saiu a actuar. Tiñan preparadas unhas panxoliñas moi especiais e fermosas. Por aquí deixamos tamén as súas actuacións.
Gracias mamis, unha vez máis, pola vosa axuda e colaboración!


FELICES FESTAS!!!

xoves, 20 de decembro de 2018

VIAXE EN TREN

Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º disfrutaron dunha fermosa viaxe por Seixo e Marín gracias a unha magnífica actividade levada a cabo polo Concello con motivo das festividades do Nadal.
Todo un éxito e con moitas ganas de seguir disfrutando dela moitos anos máis.
Deixámosvos por aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasaron!

mércores, 19 de decembro de 2018

REMO ERGÓMETRO

Os nosos nenos de 6º de primaria veñen de quedar segundos no TROFEO ENCE-CONCELLO DE MARÍN DE REMO ERGÓMETRO.
Arnaldo quere darlles a máis sincera noraboa e as gracias por deixar ao noso cole en tan bo lugar.
Xa os días previos, os periódicos deportivos de tirada nacional facíanse eco deste camiponato que se ía disputar no Pabellón da Raña, en Marín.


O Clube de Remo de Marín veu polo cole para entrenar con eles e darlles unha clase de remo. Moitísimas gracias!
E chegou o día da competición. Por aquí vos queren deixar un pequeno vídeo cunhas fotos que resumen o ben que o pasaron facendo deporte e competindo.

Os periódicos deportivos tamén recolleron os resultados da xornada de competición.
CEIP SEIXO SUBCAMPIÓN!!!







mércores, 5 de decembro de 2018

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA ESTÁ DE ANIVERSARIO

Moi boas amiguiños!

Hoxe na Biblio tivo lugar unha actividade moi especial na que nos quixemos acordar do aniversario que vai ter lugar mañán da Constitución Española.
Participando nunha actividade levada a cabo polo noso Concello de Marín, os nenos e nenas do cole, durante a hora de lectura, compartimos o 
da Constitución con todos os seus capítulos.



Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo da actividade.





mércores, 28 de novembro de 2018

LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO...

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte). 


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Marc Taeger que nos fixo esta fermosa e significativa ilustración para as guías: graciñas Marc, es un artista con maiúsculas e moi xeneroso. 

As guías, que todo o alumnado levou para as súas casas, están cheas de novidades e reedicións de lectura e música en lingua galega, dos últimos 12 meses, as cales vos daran moitas ideas para os agasallos de Nadal. 
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas que vos farán medrar a todos! 
Aquí as tendes, para compartir e que cheguen moi lonxe.



NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. 

Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.

Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa. 
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.

HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio. 
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.

Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos. 
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.

martes, 27 de novembro de 2018

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS

Compañeiros... Hoxe quero compartir con vós unha noticia moi moi importante. Un ano máis está a piques de arrancar unha nova CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS dos coles e entidades do Concello de Marín.

E nos tamén imos participar e colaborar...
Dende o vindeiro luns día 3 de decembro e ata o xoves 20 imos ter a posibilidades de traer alimentos solidarios ao noso cole para colaborar con este campaña tan boa e interesante.
Animádevos!


luns, 26 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas amiguiños! Hoxe queremos compartir con todas e todos vós a celebración especial que tivo lugar no noso cole, no día de hoxe, con motivo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este ano, e botando man da temática das Bibliotecas Escolares, para este curso 2018-2019, Poéticas Diversas, quixemos relacionalo coa violencia de xénero e traballar nas nosas aulas unhas cancións.
Porque as cancións son poesías, poesías especiais con música nas que, en moitas delas, están presentes temas en contra da violencia de xénero.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo! Desexamos que vos guste!
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!




venres, 23 de novembro de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Aínda que no cole o imos celebrar o vindeiro luns, os nenos e nenas de infantil de 3 anos queren compartir con nós un pequeno traballo que estiveron a facer na clase no día de hoxe. Así podemos ir reflexionando a fin de semana sobre o tema.
Por aquí vos deixamos algunhas fotiños...












xoves, 22 de novembro de 2018

CELEBRANDO O DÍA DA MÚSICA

Como vos dicíamos hoxe tivo lugar no noso cole a Celebración do Día da Música, o día adicado a Santa Icía.

Estivemos coloreando unhas pegatinas que logo nos colocamos.
Tamén tivemos a sorte de poder contar con Zoilo, papá de Emma (6º de infantil) e Zoilo (6º de primaria), quen quixo compartir con nós a súa experiencia e vida musical.
Pasámolo moi moi ben e desfrutamos moito. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...


Gracias familias, unha vez máis, pola vosa colaboración co cole. Sodes fenomenales!

mércores, 21 de novembro de 2018

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MÚSICA

Queremos deixarvos por aquí un pequeno adianto da visita ao noso cole do papá de Emma (5 anos) e Zoilo (6º de primaria) con motivo da conmemoración do día da Música.
Moitísimas gracias Zoilo pola túa colaboración e preparación da actividade para os nosos nenos e nenas.
Pasárono en grande!


Gracias tamén á mamá de Dimitri, Tatiana, quen finalmente por problemas de saúde non puido participar. 
Queda para outra que Arnaldo quedou encantado e con ganas de máis!

luns, 19 de novembro de 2018

O GALEGO VALE OURO

    Os nenos e nenas de 6º están concienciados da importancia de usar o noso idioma se queremos que se manteña vivo e non se perda, por iso debemos usalo en todos os ámbitos da vida. 
    Para isto fixeron unha campaña de promoción do galego e este foi o resultado: uns carteis chulísimos!!!



 

MOCHILAS SEMANAIS

    Os de 5 anos empezamos a semana pasada coas mochilas semanais, levando para casa os contos que eleximos na biblio do cole.
 
    Aproveitamos para estar na fonoteca e para ver algunhas revistas...
  Encántanos ir a casa de Arnaldo!!!

MAGOSTO 2018

E chegou un ano máis cargadiño de ilusións e alegrías para festexar o Magosto no noso cole e pasar unha mañá estupenda. 
Os papás e as mamás, encargáronse (como xa é costume) de preparar as castañas que todos degustamos, cun chisquiño de refresco a elixir. Moitísimas gracias familias por toda a colaboración que sempre nos brindades, sodes estupendos!
Despois da papatoria pasámolo fenomenal xogando cunha morea de xogos populares e tradicionais. Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas fotos que amosan o ben que o pasamos e canto disfrutamos deste día de Magosto en Seixo.

sábado, 17 de novembro de 2018

ACTIVIDADE ESCORNABOT MUSICAL

Boas amiguiños. Queremos compartir con todos/as vós un vídeo no que se amosa como os nenos e nenas de 6º de primaria estiveron traballando, na aula de música, cos escornabots.
Unha actividade fascinante e novidosa que causou moita ilusión no alumnado. Seguiremos achegándovos máis actividades de boas prácticas con estes trebellos chamados ESCORNABOTS.

CAMPEONATO "CAMPO A TRAVES" CONCELLO DE MARÍN

Moi bo día comapñeiros e compañeiras. Hoxe quero compartir con todos vós unhas fotiños dos nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que veñen de participar, esta semana, no CAMPEONATO ZONAL ESCOLAR DE "CAMPO A TRAVÉS" CONCELLO DE MARÍN.
Os premios colleitados foron moitos e como poderedes comprobar pasárono en grande practicando deporte.
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo.


venres, 9 de novembro de 2018

MONTANDO ESCORNABOTS

Moi boas compañeiros. Hoxe teño unha novidade para todxs vós. Xa están a vosa disposición, na biblioteca, os trebellos chamados escornabots, que vos presentei o outro día, para que poidades aprender moito utilizándoos. 
Este ano, o noso cole, tivo a sorte de entrar a formar parte do programa Bibliotecas Creativas e unha das primeiras novidades que chegan ao noso centro, gracias a este proxecto tan interesante, son OS ESCORNABOTS.
Botádelle unha ollada ao traballo que estiveron facendo os nosos profes e aprenderedes a saber como se montan.



Non esquezades pasar polo noso recuncho creativo para poder probalos. Os nosos profes enseguida comezarán a empregalos nas aulas.

POLO SAMAÍN...CÓNTAME A MIN!!!

Boas amiguiños! Hoxe queremos darlle as gracias a Marina, mamá de Gael da clase dos pequeniños de catro anos, por vir a compartir con nós unha mañá tan divertida e especial. 
Gracias a ela puidemos desfrutar dunha lectura a escuras con luz negra moi divertida. Tamén fixemos unha manualidade cun morcego que ao soplar por unha palliña fomos capaces de que voara.
Deixámosvos por aquí algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos...





Moitas, moitas gracias Marina por compartir connosco momentos tan máxicos como este.

mércores, 7 de novembro de 2018

UNS TREBELLOS NOVOS NA BIBLIO!

Moi boas rapazas e rapaces! Hoxe veu facerme unha visita á Biblioteca un trebello moi extraño que dicía chamarse ESCORNABOT, deume a man e presentouse. Mirade, mirade!

Di que el e tres irmáns máis estarán moi pronto na nosa biblioteca, no recuncho creativo, para que aprendamos moitas cousas e desfrutemos moito grazas a eles.
Convideino a pasar e ensineille algúns dos recunchos da nosa biblio...
(NA MESA DE LUZ)
 (NA FONOTECA)
 (NO RECUNCHO DA PRENSA)
 (FEDELLANDO NO ORDENADOR)
 (OLLANDO A NOSA NOVA CDU ILUSTRADA)
 (NA ZONA DOS LAGARTIÑOS DE SEIXO)
 (NOS SOFÁS DO RECUNCHO CREATIVO)
 (NO MEDIO DALGÚNS DOS NOSOS XOGOS)

Os profes están ao tanto desta nova e quedaron con eles, mañá pola tarde, para coñecerse máis.