luns, 30 de novembro de 2015

ENTRADAS Á BIBLIOTECA, NOVEMBRO.

O 20 de novembro celebrouse o Día Internacional dos Nenos e Nenas. 
Dende entón podedes atopar a colección "Os dereitos do Neno e Nena" de Baía Edicións nunha das entradas á Biblioteca.


Na outra entrada atoparedes libros relacionados coa igualdade de xénero.



  

25 DE NOVEMBRO...RESPECTO!

Celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra A Muller, 25 de novembro.

O pasado mércores, xuntámonos no ximnasio do cole e fumos colocando cadansúa botella de plástico (adornada e cunha mensaxe especial, por este día, dentro) e formando a palabra: RESPECTO! 
Para rematar, recollimos unha das botellas para levar á casa e poder así compartilo en familia e sorprendernos coa mensaxe escrita por outro compañeiro/a. 


Un exemplo das variadas mensaxes que os nenos e nenas escribiron son estas tres de rapaces de 4º de Primaria.  

mércores, 25 de novembro de 2015

CONTOS POLA IGUALDADE. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a biblioteca queremos compartir un conto que hoxe, día contra a violencia de xénero, leremos en todas as aulas, ademais de facer outras actividades que xa vos contaremos, para gritar moi forte: NON AO MALTRATO! 

Porque queremos unha educación en igualdade para os nosos nenos e nenas... e por iso nos encanta a cor lila!


Premede na imaxe para ler este conto que as propias autoras, Nunila López e Myriam Cameros, comparten gratuitamente na rede con esta dedicatoria: "Regalámosvos o contos AS CORES, incluído xunto a varios contos máis no noso libro: "Contos para antes de espertar" (Editorial Planeta), no que se traballa a coeducación e a importancia de contarlles aos nenos a necesidade do feminismo nunha sociedade aínda tan machista".



E tamén aproveitamos para enlazar a entrada do ano pasado na que vos deixamos varios vídeos con esta temática: 25 N - 2014