domingo, 27 de maio de 2018

RECORDOS DAS LETRAS GALEGAS

Durante o mes de maio, a exposición de recomendacións da biblioteca estivo adicada a María Victoria Moreno, protagonista das letras galegas deste ano. 



Tamén montamos un mural con diferentes carteis e imaxes sobre a súa vida e libros, para que os diferentes cursos poidan visitala e coñecer máis sobre esta mestra e escritora.



Como recordo todo o alumnado e o profesorado levamos de agasallo unha chapa de María Victoria, feita coas ilustracións que nos cedeu Esteban de Tarabelos... sacámoslle moito partido!



As nenas e nenos tamén levaron para as súas casas un pequeno cómic cunha breve historia da vida de Mª Victoria, para poder compartila coas familias. 



KAMISHIBAI POLAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, este ano María Victoria Moreno foi a homenaxeada nas letras galegas. 


O alumnado de 5º e 6º contaron co Kamishibai, unha pequena historia sobre a vida de María Victoria Moreno. 



Os nenos e nenas de 6º fixérono para 3º, 4º e 5º, e os de 5º para infantil, 1º e 2º. 


Preparamos o kamishibai cos debuxos que nos cedeu Esteban, de Tarabelos, aos que lle sacamos moito partido neste maio das letras. 



Noraboa a todos por se uns grandes contadores, e grazas por darnos a coñecer algo máis sobre a vida de María Victoria Moreno. 








CONTANDO E CANTANDO CON SARA E ÁLEX

Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º, recibimos unha visita moi especial. Alex e Sara viñeron a nosa biblio para compartir con nós uns contos chulísimos de Kalandraka.



Contando e cantando, Álex e Sara fixéronnos desfrutar un montón escoitando contos.



Estivemos todo mooooi atentos para non perder detalle.



Os ratiños foron os protagonistas das primeiras historias, como na de "Cores". 



Sara contaba as historias tan ben que estábamos pasmados, e Álex poñíalle música dunha forma deliciosa. Mirade, mirade...



Casi non pestanexamos para non perder detalle dos contos.




"Frederik" foi outra historia de ratiños que nos contaron.



Tamén escoitamos "A Horta de Simón" que é un conto que a moitos nos encanta. 



Partímonos de risa coas aventuras de Simón e os seus amigos na horta. 



E todos axudamos a Sara e Álex coas cancións das historias que tiñan uns retrousos moi sinxelos de aprender. 




"Un máis" e "Nunú" foron outros contos que escoitamos. 



Grazas Sara e Álex por facernos desfrutar tanto con estes contos!

martes, 15 de maio de 2018

XA NON TEÑO MEDO!

Encantounos este vídeo que fixeron noutro cole de Marín, no CEIP Carballal. Cun texto de Mª Victoria Moreno montaron este vídeo tan divertido no que non so participaron os nenos e nenas, senon toda a comunidade educativa. Noraboa un ano máis, encántannos os vosos vídeos das letras galegas!

PRIMAVERA DAS LETRAS CON MARÍA VICTORIA

Cada ano, a Real Academia Galega presenta unha edición de "Primavera das letras" adicada este ano a Mª Victoria Moreno. Nela podemos atopar descargables, actividades en rede e moita información. As ilustracións son auténticas obras de arte, debuxos moi fermosos que transmiten moito sobre a autora e a súa obra. 
Podedes acceder premendo na imaxe.

VIDA E OBRA DE Mª VICTORIA

Fántástico resumo o que fixeron as nenas e nenos do Colexio San Pío X de Ourense sobre a vida e a obra de Mª Victoria. Grazas polo voso traballo! 

RAPEANDO CON MARÍA VICTORIA MORENO


No CEIP Antonio Fernández López presentan a Mª Victoria a ritmo de rap, un traballo chulísimo que podemos ver nestes dous vídeos: noraboa!



COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO

Estamos na semana das letras galegas que este ano se adica a unha escritora que non naceu en galicia pero que se enamorou tanto do galego que o adoptou como lingua propia. 

Ilustración de Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos

Aquí vos deixamos un enlace onde podedes atopar un montón de actividades para saber máis sobre a autora homenaxeada este ano feito no colexio San Luís Romero. 



xoves, 10 de maio de 2018

Booktubers - A filla do Grúfalo (Jairo)

EXCURSIÓN DE 5º E 6º A CORUÑA

As veces quedan fotos no tinteiro... como estas do viaxe que o 28 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º fixemos a Coruña. A viaxe en bus, de hora e media, foi divertida e entretida falando de mil cousas; pero, sobre todo, cando a altura de Santiago de Compostela, comenzamos a ver o chan algo branco. Era neve!!


Xa na Coruña, o primeiro que visitamos foi a Domus ou Casa do Home. Alí, nada máis chegar, vimos unha peli en 3D titulada “Grandes e Pequenos” sobre a vida dun esquío , por unha banda e sobre a dun rato de deserto, por outra, con todos os perigos que os rodeaban a cada un no seu hábitat. Foi moi curiosa, sorprendente e diferente. Gustounos a todos.



Logo deixamos as mochilas e cazadoras recollidas no comedor polo persoal da Domus e comenzamos a visita ás exposicións. 



Había tantas experiencias para facer, ollar, tocar, escoitar, ler, cheirar…que tivemos pouco tempo para tanta cousa. 



Á maioría chamounos a atención o vídeo do parto. Pero todo era moi interesante. 



Durante a comida tiñamos unhas vistas magníficas sobre as praias de Orzán e Riazor. 



Despois de xantar e recoller, aínda tivemos un ratiño máis para continuar a visita: relaxándonos, tirando penaltis e ver a forza con que xutabamos, observando cerebros, a evolución do home…



A visita ao Acuario foi dirixida. A guía foinos levando polas distintas salas. O acuario conta con moita variedade de peixes de distintas clases e dos distintos hábitats mariños. Fomos pasando por eles e recibindo as correspondentes explicacións.




Tamén había unha exposición de arte, feita con residuos que os humanos tiramos ao mar.



O que máis gustou, en xeral, foi, no exterior, o espazo dedicado ás focas. Había frío e estivemos pouco tempo. E no interior, a sala “Nautilus”, onde está o tiburón Gastón e moitísimas clases de peixes.



Despois marchamos para A Casa das Ciencias. Chegamos e subimos arriba de todo. Alí está o Planetario, Sentámonos e sobre a cúpula proxectáronnos un documental sobre a orixe do Universo e o Sistema Solar, Logo fomos baixando polas tres plantas circulares do edificio, cheas de aparellos e carteis explicativos para experimentar, investigar, pensar e xogar sobre cuestións científicas.


Todo nos chamaba a atención, pero unha das cousas que máis gustou foi a incubadora onde había ovos e pitiños. Vimos nacer algún.



Fomos merendar no parque de Santa Margarida e alí xogamos ao escondite e a pillar. Tivemos sorte porque non nos choveu.



Foi un bonito e intenso día. Case 12 horas. Cando chegamos eran case as nove da noite. Aquí vos deixamos unha montaxe con máis fotos desde estupendo e completo día.

mércores, 9 de maio de 2018

LEONARDO E OS FONTANEIROS NO TEATRO

Xunto con nenos e nenas de outros centros de Marín, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ao CEIP Carballal para ver unha obra de teatro.


Tratouse dunha representación dun libro imaxinativo, divertido e cheo de sorpresas: "Leonardo e os fontaneiros", unha das obras de Mª Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas letras galegas. 


A adaptación foi realizada pola compañía Ubú Teatro e producida pola Editorial Galaxia. 


A representación combina técnicas como a narración oral, a dramatización e o teatro de sombras con siluetas, deixando sempre lugar á improvisación e a interacción co público. 

O texto adaptado baséase en flashbacks mediante os que van construíndo a historia de Antón e Begoña, dous compañeiros de clase que lembran, xa maiores, as aventuras do seu último ano de colexio.



A obra está narrada polo protagonista, Antón, e Begoña, unha compañeira de clase, que lembran, xa de maiores, as aventuras acontecidas no seu último ano de colexio.


Algunhas veces interactúan entre eles e outras o fío condutor é o diálogo de Antón co can, Leonardo, un can da rúa ao que coida como se fose seu.