Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de decembro de 2025

CINE SEIXO POLO NADAL

No día de hoxe as nenas e nenos do cole, como xa comeza a ser tradición, fomos ao CINE DE SEIXO a desfrutar dunha peli...
  
 
Despois dunha camiñata polas rúas de Seixo chegamos ao cine para desfrutar da peli...
 
Unha película familiar dirixida aos máis pequenos, na que se tratan temas como o respeto, a autoaceptación, a paciencia, a amizade, o esforzo e o traballo en equipo. 
 
Amosa que, aínda que ás veces non sexa fácil ser diferente, esas diferenzas poden ser o que nos faga especiais. 
 
Aínda que sempre será fundamental a axuda da familia e os amigos para crecer e madurar.
 

luns, 12 de decembro de 2022

CINE DE NADAL

A semana pasada foi unha semana moi rara, con 2 festivos polo medio. Aproveitando que era unha semana especial, nós quixemos convertela nunha semana especialmente especial facendo actividades diferentes, que ademais estamos en Nadal e o corpo pide celebracións.


Foi unha gran festa a saída que fixemos, porque pechamos as portas do cole e todos xuntos, dende 3 anos ata 6º, marchamos ao cine a ver unha peli. Ademais, recollendo unha das propostas que fixo o alumnado no consello de nenos, os maiores foron acompañando ao alumnado de infantil, e foi realmente un acerto facendo o día aínda máis especial. Que emocion saír todos xuntos, que alegría compartir as actividades especiais. Pasámolo pipa!


Realmente somos afortunados pola situación do noso cole, non so temos cerquiña moita variedade da natureza: río, praia, monte... pero tamén o cine, o mercado, correos, supermercado....


E non nos queremos olvidar de dar as gracias, unha vez máis, a ANPA Abelendos que financiou parte da entrada aos socios.

sábado, 18 de decembro de 2021

UN DÍA DE CINE!

Como actividade final de fin de trimestre, a ANPA propuso unha saída ao cine para o alumnado de 5º e 6º a ver a película "Panteras".


A película é contada desde o punto de vista dun adolescente, que viaxa á beira do seu pai desde que ten doce anos ata pasados os dezaseis.


Panteras propón un achegamento á natureza máis salvaxe e o descubrimento de especies animais ameazadas: os grandes felinos.

Esta toma de contacto co mundo natural é, sen dúbida, a mellor maneira de concienciar ao público da necesidade de preservar o planeta. Coñecer é un primeiro paso para xerar interese e, despois, involucrarse e actuar en consecuencia.
Aquí tendes o trailer, veredes que ten moi boa pinta.

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017

Hoxe a hora de ler foi moi especial, non so porque nos xuntamos na biblio, senon porque o fixemos para celebrar o día das bibliotecas. 


Bibliotecas cheas de vida, de historias, de contos, de información do máis apetitoso!



E xuntos vimos unha curtometraxe: "Os Fantásticos Libros Voladores do Sr. Morris Lessmore", dirixida polo autor e ilustrador William Joyce. Unha curta que levou moitos premios incluido un Óscar. 



Unha historia centrada no amor polos libros e os efectos beneficiosos que producen nos lectores. Sendúbida unha boa lectura ten poderes máxicos!!! Pero non vos queremos desvelar nada máis... mellor vos invitamos a vela e a que logo nos contedes que vos pareceu!




Os máis peques do cole tamén celebraron este día especial na casa de Arnaldo. 


E tamén tiveron a súa sesión de cine, máis adaptada a eles. Estiveron vendo como personaxes coñecidos aos que eles lles encanta ver, tamén disfrutan na biblioteca... aínda que ninguha da que sale nos debuxos é tan bonita como a do cole de Seixo!!



Aquí vos deixamos as aventuras de Caillou e de Pepa Pig na biblioteca, que deron pé a moita conversación: eles tamén teñen carnés, coidan os libros, encántalles escoitar contos.... 



martes, 27 de outubro de 2015

HISTORIAS TERRORÍFICAS QUE NON VOS PODEDES PERDER.

Comezamos cun conto clásico, Donde viven los monstruos, de Maurice Sendak. 
Max é un neno que descubrirá o marabilloso mundo dos monstros. Cando Max se pon o seu disfrace de lobo éntranlle unhas ganas irrefrenables de facer travesuras pero, intentar comer á súa nai, é demasiado!


Este segundo vídeo é unha curtametraxe animada de Disney creada no ano 1929. Un grupo de esqueletos bailan e crean música nun tenebroso cemiterio...

Por último, poderedes desfrutar da primeira curtametraxe de animación en gañar un Óscar, en 1932. Comeza cunha idílica danza da flora do bosque ata que unha árbore a interrompe. Pero, como e por que o fai?

sábado, 16 de maio de 2015

VISITA AO CINE DE SEIXO

Dentro das actividades da semana das letras galegas, cuminamos o último día cunha visita ao cine de Seixo, un dos poucos que quedan en localidades tan pequenas. 
Grazas a gran axuda e subvención da ANPA do noso cole, puidemos ver esta peli tan divertida... en galego!! Pasámolo fenomenal. 


O paseo ata o cine fixémolo con padriños: cada un dos maiores se fixo cargo dun dos peques... encántanos coñecer a outros compañeiros!