Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2018/19: o patio que soñamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2018/19: o patio que soñamos. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2019

CAMPIONATO DE BRILÉ PARA REMATAR O CURSO

No Ceip de Seixo quixemos facer un Campionato de Brillé o último día para rematar o curso....
Participaron todos os nenos e nenas de primaria.... que foron desputando partidos entre eles ata que o gañador final xogou contra un equipo formado por profes...
E xa non fai falta que vos digamos como rematou o conto...

Por aquí vos deixamos máis fotos desta actividade...


Repetiremos máis cursos!

mércores, 19 de xuño de 2019

A VOZ DE ARNALDO: UN ANTES E UN DESPOIS

A FESTA DO SABER toca ao seu fin pero dende o Equipo de Biblioteca non queríamos pechar esta celebración sen dar a coñecer o traballo levado a cabo durante este curso en...
Un curso que comezamos solicitando a inclusión do noso cole no programa RADIO NA BIBLIO 
e que tras varios anos intentándoo desta vez si que nos aceptaron...

Un proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" que pretendeu estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
No noso cole A VOZ DE ARNALDO xa estaba creada pero gracias a esta iniciativa puidemos mellorar as nosas instalacións e crear un ambiente totalmente diferente e renovado.
Buscábase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. 
A VOZ DE ARNALDO, un curso máis, foi unha ferramenta imprescindible no día a día da comunidade escolar de Seixo.
O laboratorio de radio na biblioteca escolar converteuse tamén nun punto de formación para o noso alumnado...
Eles serán os únicos protagonistas no futuro de A VOZ DE ARNALDO, no futuro da radio de Seixo, no futuro da nosa radio.
Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo no que poderedes ver o antes e despois de...
Porque a nosa radio tamén forma parte de...
"O PATIO QUE SOÑAMOS"

luns, 17 de xuño de 2019

2º e 3º NA FESTA DO SABER: XOGOS NO PATIO

Os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria preséntannos os seus traballos en...
A FESTA DO SABER
Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de 2º e 3º traballou sobre...
XOGOS NO PATIO
Prestade moita atención porque elaboraron este vídeo como presentación do seu traballo...
Non vos perdades detalle porque nel comprobaredes de primeira man cales son os xogos dos que poderedes desfrutar no patio que soñamos e as normas para cada un deles...

4º NA FESTA DO SABER: A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Hoxe foi o turno dos nenos e nenas de 4º de primaria quenes nos quixeron presentar o seu traballo en...
A FESTA DO SABER

Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de CUARTO DE PRIMARIA traballou sobre... 
A ESTACIÓN METEOROLÓXICA




Cunha exposición na pantalla explicáronnos o proceso de creación desta estación e cada un dos datos que se poden obter dela...

Tamén nos explicaron todas as partes dunha estación e o lugar onde queda ubicado o recuncho meteorolóxico no patio que soñamos.
Remataron a súa exposición cun pequeno experimento que poderedes ver a continuación...
O seguinte turno será o dos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º de primaria.
Voltaremos con máis novas para...
O PATIO QUE SOÑAMOS!

mércores, 12 de xuño de 2019

INFANTIL NA FESTA DO SABER: A HORTA

Os nenos e nenas de Infantil preséntannos os seus traballos en...
A FESTA DO SABER

Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de infantil traballou sobre... 
A HORTA



Explicáronnos o proceso de plantación cuns murais e uns vídeos que poderedes ver a continuación...




Logo desprazámonos ao patio, ao espazo onde se atopan as hortas no patio que soñamos...

Alí explicáronnos todas as cousas que teñen plantadas...
E memso puidemos facer as nosas plantacións, con sementes variadas, que levamos para casa...

E si queredes ver máis por aquí vos deixamos un pequeno vídeo con moreas de fotos da xornada...
O seguinte turno é o dos compañeiros e compañeiras de 4º de primaria.

Voltaremos con máis novas para...

O PATIO QUE SOÑAMOS!

6º NA FESTA DO SABER: A BIBLIO PATIO

Hoxe foi a quenda dos nenos e nenas de 6º para presentarnos os seus traballos da...
FESTA DO SABER


Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de 6º traballou sobre...
A BIBLIO PATIO









Por aquí vos deixamos fotos da presentación dos nenos e das nenas de 6º...


Ata fixeron unha maqueta!


E si queredes ver máis por aquí vos deixamos un pequeno vídeo con fotos da xornada do saber...
O seguinte turno é o dos compañeiros e compañeiras de Infantil.
Voltaremos con máis novas para...
O PATIO QUE SOÑAMOS!

luns, 10 de xuño de 2019

1º NA FESTA DO SABER: AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Hoxe foi a quenda dos nenos e nenas de 1º para presentarnos os seus traballos da...
FESTA DO SABER


Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de 1º traballou sobre...

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO


Por aquí vos deixamos algunhas fotos da presentación dos nenos e das nenas de 1º...






E si queredes ver máis por aquí vos deixamos un pequeno vídeo con fotos da xornada do saber...
O próximo Mércores é o turno dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria.
Voltaremos con máis novas para...
O PATIO QUE SOÑAMOS!