venres, 30 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Todo o cole desfrutamos de outra actividade especial: "Ponlle as pilas ao teu bocata", unha campaña da Consellería do Mar para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas.
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña.


Está actividade tamén está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


Ademais de aprender moito do beneficiosas que son as conservas, cada un tomou de merenda o bocata que elixiu entre un montón de ingredientes sans e deliciosos. Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da actividade que desfrutamos cos PANS: profes da alimentación e nutrición saudable. 


Bocatas de sardiñas, de atún, de vexetais.... paparon todiño!! Opcións moi sans e deliciosas para que lle mandedes na merenda.

CHARLA DIDÁCTICA SOBRE A VESPA VELUTINA

O alumnado de 4º recibiu a visita dun especialista en velutinas. Ensináronlles a distinguilas e a facer trampas xa que están acabando coas nosas abellas. 





O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Todo o cole desfrutamos dunha actividade especial: "O sabor da aventura está no mar". Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias animándoos a comer diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. 
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña na que participa o cole.


Está actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


A actividade basouse nun pequeno teatro didáctico (no que nos repartimos en 3 grupos por idades) e diferentes xogos. Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos co patrón de pesca Luis, a peixeira e Mariña.



Todos firmamos esta carta de compromiso que compartimos coas familias para que nos axuden a cumplir o compromiso. 



No blog da profe María José podedes ver algo máis sobre esta actividade. 

O LUGAR MÁIS BONITO DO MUNDO

Manuel Solla estivo cos nenos e nenas de 3º e 4º para facer unha animación do libro que traballaron na clase: "El lugar más bonito del mundo". Foi fantástico e todos o pasamos en grande: grazas Manuel!









No blog da profe María Jose podedes ver un vídeo moi chulo. Premede na imaxe para poder velo.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e infantil, recibimos a visita de Iago, un contacontos que compartiu unhas historias con nós. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades canto desfrutamos. 








Se premedes nesta imaxe poderedes ver algunha foto máis no blog da profe María José.



No blog da Lupa Dixital tamén compartiron este vídeo da sesión cos cursos de primaria.

DÍA DA POESÍA CON RICHARD PAZOS

Este ano celebramos o día da poesía coa visita do poeta marinense Richard Pazos.


Todos nos xuntamos na biblioteca para escoitar un montón de poemas que Richard compartiu con todos nós. 






Richard fixo unha selección xenial de poemas, adaptados ás idades do alumnado. Recitou pemas de Rosalía de Castro, de Gloria Fuertes, de Rosa León.... 



E algún descubriu o divertida que pode ser a poesía: rimos un montón con algúns poemas!!




Varios de nós tamén tivemos a oportunidade e compartir poemas cos compañeiros: bravos por estos valentes poetas e poetisas!



Richard tamén compartiu algún poema escrito por él. 



Todos quixeron despedilo e dicirlle cal fora o seu poema preferido... o do mundo ao revés triunfou!!



Podedes ver máis fotos no bog da profe María José premendo nesta imaxe.

martes, 20 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALIA 2018

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e un ano máis quixemos compartir este día tan especial con toda a xente de Seixo.
Os peques e os maiores foron os encargados de repartir os poemas de Rosalía pola rúa, na praza, nos bares, nos comercios...

 

Aquí vos deixamos as obras de arte de todos os nenos e nenas de Seixo: os poemas que traballamos nas aulas e que cada un ilustrou.
Agora estan espallados polas casas de Seixo, esperamos que vos gustasen moito! 

luns, 19 de marzo de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Imaxina. Xuntos podemos lograr a paz e entonces o mundo realmente vivirá como un so.


Este ano celebramos o día da paz dun xeito moi musical: cantando e bailando todos xuntos pola paz. 
 

venres, 16 de marzo de 2018

UN ENTROIDO DE CONTO

Este ano o noso proxecto de cole está centrado na biblioteca, así que pensamos que os contos serían uns marabillosos protagonistas para este entroido.
Como cada ano, grazas á colaboración de todas as familias, que mandades uns postres deliciosos desfrutamos dunha merenda especial chea de larpeiradas deliciosas.
A flautista de Hamellin e as súas ratiñas (non saen todas na foto) axudáronnos coa preparación e reparto da merenda: grazas!


Todos o alumnado e o profesorado eliximos disfraces de diferentes contos, e un ano máis, alucinamos con algúns disfraces feitos na casa: hai moito artista neste cole!!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo, sentimos que foi imposible pillalos a todos. Recoñecedes todos os contos?


E todos xuntos saímos a lucir os nosos disfraces polas rúas de Seixo, case, case foi unha carreira coa chuvia!

domingo, 11 de marzo de 2018

ASÍ É O NOSO COLE

Nas portas abertas repartimos un díptico a todas as familias no que presentamos un pouco máis o noso cole.Ven a coñecernos!



martes, 6 de marzo de 2018

MARÍA CANOSA DE VISITA NO COLE

Esta semana tivemos unha visita moooi especial, estivo con nós María Canosa, a escritora de: "A cazadora de estrelas" que leron os nenos e nenas de 3º e 4º. 



María chegou chea de estrelas cazadas por Megumi e Turrón, fixo bo reparto delas entre o alumnado de 3º e 4º. 


Simpatía e agarimo nas súas palabras, dixo que somos moi importantes para ela, animounos a seguir lendo.


Sendo pequecha comenzou a inventar historias, despois aprendeu a escribir e logo chegaría a oportunidade de publicar. 



Cee é o seu inicio e o seu talismán, ten o hábito de recibir alí o exemplar novo na casa dos seus pais.


Pero se queredes coñecela máis a ela e ao seu libro… escoitade a entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 4º na radio do cole!



Por suposto María non marchou sen firmar no noso súper libro de visitas



E tamén firmou a todos os nenos e nenas o seu libro...



... que así é aínda máis valioso!!

Mil grazas María, deixas unha pegada fantástica no cole de Seixo.