Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de xuño de 2017

OS BOOKTUBERS DE SEIXO

Se vos ensinamos este libro de Carlos Casares podedes pensar que é un libro máis da fabulosa bibliografía de este gran escritor galego... perooooo.... ....se lle dades a volta descubriredes que ten algo especial!


Vedes ese código que ten pegado? é un código QR. Estes códigos esconden moita información, neste caso recomendacións lectoras a cargo dos bootubers. 
Coa axuda de un iPad que estará na biblioteca podedes ver a información que esconde ese código....


Os booktubers son lectores e lectoras que comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro para que outros se animen a lelo... e non hai idade: toda a comunidade educativa estades convidados a formar parte dos booktubers de Seixo!


Este é o primeiro, de moitos libros da nosa biblio, que os booktubers de Seixo recomendarán para o resto de lectores. 
Aquí vos deixamos a recomendación que Aroa e Diego fan desde divertido libro de teatro.


Queres converterte nun booktuber? podes facelo tanto se formas parte do alumnado, do profesorado ou das familias!
A idea é que cando leades un libro que vos guste nolo contedes para deixar unha recomendación nese libro, así todos os compis e familias que veñan á biblio terán recomendacións para elixir que libro levar a casa.

venres, 2 de xuño de 2017

EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES

Durante varios días desfrutamos lendo os contos de Casares que viaxaron por todo o cole dunhas clases a outras. De forma especial cada clase encargouse dun conto para compartir cos demais e que todos poidades coñecer a obra infantil de Carlos Casares. Aquí xo vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballaron os nenos, podedes visitar as entradas do cole e ver todo: merece a pena!
























venres, 26 de maio de 2017

COÑECENDO MÁIS A CASARES

Entre as celebracións das letras galegas recibimos unha visita teatral moi especial. Purpurina, unha das Fedellas que xa nos vositou o ano pasado, chegou a Seixo acompañada do Doutor Cronopio, para compartir con todo o alumnado historias de Carlos Casares. 
Dende os peques ata os máis maiores desfrutamos coas aventuras de Toribio e os maiores puxemos a imaxinación a traballar nuns obradoiros nos que descubrimos un poco máis a este autor galego e as súas obras.










luns, 15 de maio de 2017

APRENDENDO MÁIS SOBRE CASARES

Centrados na figura de Casares como protagonista das letras galegas, atopámolo polos corredores do cole para presentarse por si alguén todavía non o coñece. 


E alí mesmo podemos ver carteis sobre a súa vida e obra. 


Tamén na entrada da biblioteca hai unha exposición con todos os libros infantís de Casares. Animamos ao profesorado a lerlle todos ao alumnado, e tamén ás familias, porque son moi faciles de ler e moi chulos!

venres, 12 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

Encántanos ver todo o que fan os nosos alumnos e alumnas, pero tamén desfrutamos un montón coas creacións de outros nenos e nenas, coas que aprendemos e nos inspiramos.
Mirade que versións tan chulas de A Galiña Azul de Carlos Casares.

Esta foi feita polos nenos de 2ºC do CEIP Fontiñas:



Esta fixérona todas as escolas do CRA de Rianxo:


Noraboa aos dous centros por esos traballos tan chulos!

luns, 8 de maio de 2017

LIÑA DO TEMPO DE CASARES

No Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras fixeron unha fantástica liña do tempo de Carlos Casares, seguro que resulta moi util aos mestres para achegar ao alumnado a este gran autor galego.

Para ver a liña do tempo premede na imaxe:

 

Se queredes ver con máis detalle as fermosos montaxes que fixeron, premede nesta imaxe:

domingo, 7 de maio de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS CON CARLOS CASARES

Queremos recomendarvos unha páxina con diferentes recursos e información sobre Carlos Casares, que ademais ten unha presentación moi bonita e coidada. 

Se queredes visitala premede na imaxe.

sábado, 6 de maio de 2017

FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Na páxina da Fundación Carlos Casares tamén podedes acceder a moita información sobre a vida e obra de Carlos Casares: ver fotos, escoitar audios....

Premede na imaxe e visitaredes a súa páxina: