domingo, 31 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

Rematou a semana de Samaín: fixemos un montón de cousas e pasámolo pipa!! Como xa sabedes tivemos o cole decorado moi chulo, e dámoslle moitísimas grazas a ANPA polo traballazo que fixeron e por darlle un toque especial ao cole con cores e cousas divertidas.


As entradas estaban do máis misterioso y foi moi divertido atravesar as cortinas de dentro cada mañá.

Na biblioteca de adultos estivo Huesitos lendo toda a semana!


No recuncho dos recordos deixamos algunhas fotos moi especiais.


E por suposto, outro ano máis, desfrutamos coas creacións feitas en familia. 


Non deixades de sorprendernos, sodes uns artistas!


Aquí podedes ver un pouquiño máis de cerca as cabazas. 


Un dos días fixemos a lectura ás escuras: sempre é un éxito e pasámolo xenial lendo coas lanternas!


Despedimos a semana con merendas terrorificamente deliciosas... non deixamos nin as migas!

venres, 29 de outubro de 2021

PRENSA NA ESCOLA.

Un ano máis imos traballar coa “Voz de Galicia” dentro do programa “Prensa na escola”.



Os cursos de quinto e sexto recibirán todos os mércores un exemplar do xornal para traballar na aula.


Tamén recibimos no cole “O Papagaio”, o xornal da xente miúda, con diferentes secciones que disfrutamos un montón!!


 

xoves, 28 de outubro de 2021

POLO SAMAIN... CONTAME A MIN!!

Un ano máis chega o Samaín e os contos de medo que dan risa. Encántanos que as familias vos animedes a compartir contadas con todos nós e que o alumnado participe, sodes uns artistas. Este curso, que aínda non temos normalidade total, volvemos a repetir formato on line, pero estamos desexando vervos as caras así que ide practicando para o próximo curso.
 

Aquí deixamos enlaces a todas as historias recibidas, premede en cada nome para acceder ao vídeo. Graciñas mil a todos os actores por animarse e compartir este ratiño con nós: sodes xeniais!!!

FAMILIA DE EVA E ZELTIA DE 3 ANOS

FAMILIA DE IZAN DE 4 ANOS

FAMILIA DE TOMÉ DE 5 ANOS

FAMILIA DE LEO, ANTÓN E VERA DE 5 ANOS E DE 3º

FAMILIA DE BRAIS DE 1º

FAMILIA DE AINE E ANTÓN DE 2º

FAMILIA DE EVA DE 3º

martes, 26 de outubro de 2021

RECÓRDAME

Un dos recunchos que decorou a ANPA está inspirado na película de COCO e quedou así de bonito.


Centrados nese recuncho a ANPA propón ao alumnado unha actividade moi fermosa para que fagades, voluntariamente, na casa. Estaremos encantados de recibir as vosas achegas.


NOVIDADES

 Boas amigos e amigas,

Comenzan a chegar novos libros a nosa biblioteca. 

Aquí os deixamos  unha mostra.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A semana pasada fixemos a inauguración oficial da nosa biblioteca facéndoa coincidir co día das bibliotecas. E non podíamos ter un invitado mais especial que Vilas por moitos motivos. Vilas é o bibliotecario máis próximo ao cole, xa que é o encargado da Casa de cultura de Seixo, ademais foi un dos alumnos que estrenuo o cole fai 50 anos... e sobre todo porque o queremos un montón e deixou unha pegada moi grande no cole!


Tróuxonos un montón de fotos e contounos anécdotas que nos deixaron pasmados. Explicounos, por exemplo. porque hai aulas comunicadas por unha porta: as nenas estaban nunha clase e os nenos noutra.
 

Tamén nos contou que as comuñóns facíanse no cole, que o ximnasio era o comedor (o cal explica o oco que une o ximnasio coa clase de 5 anos que era a cociña), que no patio de infantil había dúas canastras de baloncesto, que onde está a galiña Azul eran as casas dos mestres (so para matrimonios que eran mestres os dous).... cantas historias e anécdotas!! Seguiremos investigando a historia do cole porque queremos saber máis!!


El e Fátima, a coordinadora da biblio, foron os encargados de repartir os marcapáxinas de recordo deste día.
 


Por suposto foi o encargado de entregar as mochilas viaxeiras a todas as aulas. As mochilas comezan a súa viaxe: esperamos que as desfrutedes!!


Despois a profe Fátima, que é unha gran contadora, contoulles un conto aos máis peques do cole (Lili la liebre, ladrona de libro).
Foi un día moi especial. Aquí tendes un vídeo con máis fotos.

luns, 25 de outubro de 2021

ANDAINAS DE OUTONO (INFANTIL e 4º)

Continuamos coas andainas dentro do proxecto Voz Natura.
Os nenos e nenas de infantil foron uns campións, sobre todo os de 3 anos, que a un mes de empezar no cole xa se lanzaron a ir de picnic: desfrutaron un montón!!!


Tamén o alumnado de 4º saiu de roteiro para coñecer mellor o contorno do cole, observando a natureza e os cambios do outono, ademais de aproveitar para traballar a seguridade vial.




domingo, 24 de outubro de 2021

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

LER É CRECER!!!, por iso adicamos tanto tempo a mellorar a nosa biblioteca intentando que cada ano sexa mellor que o anterior.

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas por iso o venres fixemos a inauguración oficial da biblio do cole.

Foi unha inauguración moi emotiva porque recibimos unha visita moi especial relacionada coas bibliotecas, cos libros... e tamén co cole de Seixo e os seus 50 anos de historia: Vilas pasou a mañá con nós, e desfrutámolo un montón! 
Ademais tivemos contacontos en infantil, reparto das mochilas viaxeiras... un montón de cousas, estade atentos que xa vos contaremos todos os detalles!

Este marcapáxinas foi un agasallo especial de Arnaldo para todo o alumnado e todo o profesorado. Dende el podedes acceder ao blog e alí tendes o horario da biblio para poder vir en familia a coller libros. Recordade que tamén temos biblioteca de adultos e que todos podedes coller libros!

xoves, 21 de outubro de 2021

ELENA GALLEGO ABAD VISITA A CLASE DE 6º DE PRIMARIA

O luns 15 de outubro conmemorouse no noso cole O DÍA DAS ESCRITORAS, hoxe a escritora Elena Gallego Abad visitou a nosa aula e presentouse como domadora de dragóns...
Explicounos que en Galicia existen dragóns en diferentes lugares e mostrounos unha medalla contra os ataques dos dragóns...
Estaba moi contenta de contarnos o seu oficio por fin, despois do parón que a pandemia lle obrigou a gardar en canto as visitas aos centros educativos.

Gustoulle moitísimo a nosa biblioteca e deixou un recordo no libro de visitas para Arnaldo.
Grazas pola túa dispoñibilidade e sobre todo por mostrarnos que hai mundos máxicos agochados na realidade máis cercana, ao mellor deste grupo de sexto teremos en pouco tempo escritores e escritoras que viaxarán ata onde queiran chegar. 

mércores, 20 de outubro de 2021

PLAN DIRECTOR

Esta semana as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria estivemos participando nunha charlas formativas no marco do programa...
PLAN DIRECTOR
A Policía Nacional de Marín achegouse ao noso cole para falarnos de NOVAS METODOLOXÍAS e ACOSO ESCOLAR...
Pasámolo moi ben e desfrutamos moitísimo aprendendo!!!
Seguiremos tendo algunha formación máis durante este curso. Irémosvolo contando!

martes, 19 de outubro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: LOIS GONZÁLEZ DOPAZO

Moi bos días!
Hoxe as nenas e nenos de 6º de primaria queremos compartir con vós un traballo moi especial... Hai uns días fixémoslle unha entrevista a LOIS GONZÁLEZ DOPAZO e queremos compartila con todas e todos vós!
LOIS GONZÁLEZ DOPAZO, fillo do primeiro conserxe que tivo o noso cole, D. Antonio, nos seus 50 anos de vida. Porque como xa sabedes este ano estamos de aniversario, un aniversario moi moi especial.
Por iso na clase de 6º decidimos crear esta nova sección ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO, na nosa radio de A VOZ DE ARNALDO.
Antes da entrevista LOIS estivo visitando a que fóra a súa casa, a casa na que vivira cos seus pais... A CASA DO CONSERXE, a casa que hoxe fai as veces de comedor do cole e de local da ANPA ABELENDOS...
Nesta imaxe que compartimos a continuación, Lois recorda donde era a súa habitación...
E nesta outra mira polo ventanuco que fixera seu pai, finado hai un ano, a través do cal a súa nai vendía chuches ás rapazas e rapaces de todo o cole durante os recreos...
Lois contounos que fregou, barreu, colocou mobiliario, libros nos andeis da biblioteca, disfrutou das excursións de EXB aínda que xa non era alumno do cole...
O seu pai fora Policía Local e xubilouse en Seixo hai 28 anos, recoñece que estaría moi contento da celebración dos 50 anos do cole...
Os recordos emanan na súa memoria de forma cariñosa e moi próxima, cun sorriso contounos moreas de cousas na entrevista que agora compartimos con todas e todos vós. O libro de visitas do Cole de Seixo un recordo máis desta fermosa actividade...
Por aquí vola deixamos...

luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe celebramos o Día das Escritoras, a data elixida é o luns máis cércano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. É unha iniciativa promovida, desde 2016, pola Biblioteca Nacional de España buscando reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


Nós quixemos homenaxear e dar visibilidade ás escritoras que enchen os andeis da nosa biblioteca, en especial as galegas, a través dunha pequena investigación feita para montar esta exposición. 

Tamén recordamos as escritoras que nos visitaron e que deixaron a súa pegada no noso libro de visitas como Ledicia CostasMaría CanosaRosa Aneiros...

Ademais este ano temos en marcha a actividade: "Coeducando a través das artes" proposta pola ANPA, dirixida ao fomento da coeducación e igualdade de oportunidades entre ambos sexos, e non podía faltar a arte da escritura!

venres, 15 de outubro de 2021

ARRANCAN AS ANDAINAS!!

 A semana pasada comezamos as andainas que este ano faremos durante todo o curso. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o que inaugurou esta actividade que tanto nos gustou e que xa temos ganas de repetir. 

Este curso entramos dentro do proxecto VOZ NATURA e seguiremos, aínda con máis ganas, facendo cousas polo medio ambiente. Un dos retos das nosas andainas por Seixo é limpar a natureza: e tivemos moito traballo! Levamos unhas mochilas-contedores do máis chulo, e recollemos tanto lixo que quedamos sen bolsas para levalo! Chegamos ao cole con ganas de limpar máis o noso contorno: queremos deixar Seixo relucinte!! 

xoves, 14 de outubro de 2021

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIO

A semana pasada tivemos formación na biblio. Todos os cursos fomos pasando por alí para recordar as normas e o seu funcionamento

Recordamos.... 

como se usan os puntos de lectura


As normas da biblio



As  clasificación dos fondos seguindo a CDU adaptada as bibliotecas escolares


As normas dos ordenadores



Como se colocan os libros e os xogos

As normas da fonoteca

Agora xa podemos visitar a Arnaldo!!!