xoves, 30 de xaneiro de 2020

XUNTOS CONSTRUÍMOS A PAZ

Dende a Biblio do cole de Seixo, queremos celebrar o DÍA DA PAZ como viveiro de cidadanía...
Elaboramos este mural no que queremos amosar que entre todos pretendemos construír un mundo de PAZ...
Cada un de nós aportou a súa palabra de paz para levantar este muro de tanto valor...
Deixámosvos por aquí as diferentes fotos de grupo...
 
A CLASE DE 3 ANOS
A CLASE DE 4 ANOS
A CLASE DE 5 ANOS
1º de PRIMARIA
2º de PRIMARIA
3º de PRIMARIA
4º de PRIMARIA
5º de PRIMARIA
6º de PRIMARIA

FELIZ DÍA DA PAZ!

martes, 28 de xaneiro de 2020

CORRE CON ARNALDO

Boas amiguiños/as!

Debido ao mal tempo que se presenta para os seguintes días, vémonos na obriga de aprazar a II CARREIRA SOLIDARIA con motivo do DÍA DA PAZ.

A data na que se levará a cabo a carreira será o próximo...
MARTES 4 de FEBREIRO
Esperemos que o tempo nos acompañe!
Seguide colaborando porque a causa ben vale a pena!
1 BOTE DE CACAO
1 PAQUETE DE GALLETAS
=
1 DORSAL PARA A CARREIRA
Grazas pola vosa axuda! Esperámosvos a todos/as na carreira!

venres, 24 de xaneiro de 2020

IMPRESORA 3-D

Esta semana os profes estiveron participando, na biblioteca do noso cole, dunha xornada de formación no marco do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS!
A IMPRESORA 3-D
Trátase dunha nova ferramenta que se incorpora a ampla variedade de materiais escolares...

Con ela adquiriranse novos coñecementos sobre novas tecnoloxías, simplificaranse conceptos teóricos a menudo máis difíciles, poderase usar como arte, tecnoloxía, xeografía....
En definitiva un programa integrado no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos de infantil e primaria.
Como non podía ser doutra forma estivemos facendo as nosas primeiras pezas... 
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo de como traballa a impresora...
E os primeiros resultados de As pegadas de Arnaldo...


xoves, 23 de xaneiro de 2020

MISIÓN ALBA

O alumnado de 5º e 6º comezaron a...
MISIÓN ALBA


Trátase de un traballo experimental e grupal que se vai desenvolver en tres fases. Logo virán as reflexións e argumentacións para concluir o primeiro reto.

Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todo o proceso que levaron a cabo estas dúas clases...
A aventura continuará!

UNBOXING ALICE

Esta semana as nenas e nenos de 5º tiveron unha saída ao Teatro Afundación de Abanca en Pontevedra para participar na obra de teatro ... 
"UNBOXING ALICE"
Unha viaxe con moito humor na que nos desvelaron a verdadeira historia de Alice...
Unha experiencia moi práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.
Unha compañeira nosa participou como actriz... Deixámosvos por aquí algunhas fotiños a ver si adiviñades de que se trata! Fíxoo estupendamente!



Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!

DÍA DA PAZ: 2ª CARREIRA SOLIDARIA

Ola a todas e todos! 

Hoxe teño unha noticia moi interesante!!!
A segunda carreira solidaria con motivo do DÍA da PAZ no noso cole, xa está en marcha!!!

Animádevos todos a participar porque a finalidade desta proba ben vale a pena.


Onte mandeivos esta notiña á casa para explicarvos mellor en que ía consistir esta iniciativa. 
Así que xa sabedes...
Un dorsal coma este pode ser voso para correr!!!

luns, 20 de xaneiro de 2020

CALENDARIO 2020

Un ano máis, e recén cociñado, presentámosvos o calendario deste ano 2020 que xa está en marcha. 

Durante este curso quixemos seguir investigando e afondando, un pouquiño máis, no PDI que comezamos o curso pasado. 
Por iso seguimos traballando en...
OS RECUNCHOS DO NOSO COLE
Cada clase encargouse de ilustrar un mes co recuncho do cole elixido na súa aula.

   

Entre todos seguiremos traballando diferentes aspectos que contribúan a que o patio do noso cole sexa un lugar mellor. 
Desexamos que vos guste!

luns, 13 de xaneiro de 2020

TRABALLANDO NA BIBLIO

Os nenos e nenas de 3º son un gran equipo ao que lles gusta moito visitar a casa de Arnaldo.
  

E grazas a moitos libros que hai na biblio con animais, puideron aplicar o aprendido sobre as descripcións.



Fixeron debuxos chulísimos e unhas descripcións fantásticas. 



           

O KAPLA EN 3º

Fai pouco vos ensinamos os novos xogos da biblio... pois os nenos e nenas de 3º non perderon o tempo e xa teñen ben estreado o novo kapla: son uns artistas! 



  

venres, 10 de xaneiro de 2020