mércores, 29 de xuño de 2022

I TORNEO DEPORTIVO NO RECREO

Este ano, con motivo do 50 aniversario, recordamos moitas tradicións do cole e intentamos rememorar algunhas. Durante moitos anos no cole participouse en torneos deportivos, por iso unha sección da exposición estivo dedicada aos deportes. Equipamentos, fotos de equipo, trofeos e medallas, diplomas, elementos de xogo, mooooitas fotos... un recuncho deportivo cheo de historia e recordos.

Por iso este curso puxemos en marcha o I TORNEO DEPORTIVO NO RECREO, que ademais foi estupendo para celebrar que xa podiamos xuntarnos nos recreos.
 

Os peques tiveron o seu campionato particular, e todos o pasamos pipa animándoos: son os mellores!!

 
 
O alumnado de primaria xogou, por cursos, 3 campionatos: brilé, fútbol e baloncesto.
 
   

Despois de varios días de campionato chegaron as finais, que todos vivimos con moita emoción: xogando ou animando.
  
   

E como todo campionato que se prece, chegou o día da entrega de trofeos, que emoción!

   

A emoción foi maior cando nos enteramos que todos tiñamos premio por ter participado e desfrutado do campionato: todos levamos unha medalla moooi especial!

   

Aínda que a emoción máxima chegou no partido dos maiores, os de 6º, contra os profes... caaaanto rimos! 
Queredes saber quen gañou??? mirade, mirade....

  

O ano que ven... máis e mellor!!

martes, 28 de xuño de 2022

ÚLTIMA EXCURSIÓN DA TROPA DE 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º despediu o curso cunha saída moi especial. Moi temprano saíron rumbo á Coruña para desfrutar un día moi especial con María José, Tano e Anaid. Visitaron o Muncyt (museo nacional de ciencia e tecnoloxía) onde puideron ver cousas moooi interesantes!

 

Tamén visitaron o Aquarium e compartiron un día especial, cheo de risas e aventuras, que aproveitaron ata última hora da tarde.

luns, 27 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN 50 ANOS DE VIDA

Este curso o noso proxecto estivo centrado nos 50 anos de vida do cole, cun gran produto final: unha exposición onde ensinar todo o que investigamos, o que atopamos polo cole, fotos históricas... e moito máis!
E tamén reutilizamos moitas cousas, que irían para o lixo, para aproveitar os recursos ao máximo! 
Sen dúbida somos un gran equipo!! durante todo o curso, pero especialmente as dúas últimas semanas, todo o alumnado e o profesorado se volcaron a tope coa exposición! Que emoción e que alegría ver os nenos subindo e baixando polo cole, traballando un montón por todas partes e colaborando en todo. Este vídeo é un pequeno resumo das mooooitas cousas que fixeron, porque a exposición foi súa.
  

E chegou o esperado día 17 de xuño, o día da gran festa de aniversario, no que inauguramos a exposición. Foi un momento mooooi emocionante, imposible transmitir en imaxes o que sentimos, pero aquí tendes un pouquiño do que vivimos nese momento:


A exposición foi un gran éxito e tivo moitas visitas durante todos os días que estivo aberta. En directo sempre luce máis, pero fixemos este vídeo para os que non puidestes vir ou para os que queredes volver a visitala, aínda que sexa de forma virtual.
 

O alumnado e o profesorado foron os grandes protagonistas desta exposición, implicados a tope en todo e facendo un gran esforzo extra.
Pero tamén queremos agradecer, de forma especial, a axuda dalgunhas persoas que foron claves no montaxe da exposición.
- Graciñas a Jacque por axudarnos a encaixar as pezas, por involucrarnos en todo (a maiores e pequenos) e por esas ideas tan únicas e creativas que nos axudaron tanto, e tamén graciñas a Caba e Irene, porque os 3 xuntos son un gran equipo e conseguiron deixarnos sen palabras!
- Graciñas a Esteban, de Tarabelos, por estar sempre cerca para botar unha man en todo, pola súa creatividade montando algúns dos espazos e por pasar tantas horas encargándose das proxeccións.
- Graciñas a Cris, experto e amante de todo o que ten que ver coa óptica e o cine, el revisou as máquinas, as películas, e grazas a el puidemos desfrutar das proxeccións en super 8 que tanto nos emocionaron.
- E por último, e non menos importante, graciñas a Vilas, que dende fai un ano estivo axudando a xuntar material e a darlle forma a este proxecto, ademais de ser un fantástico guía da exposición.

Grazas, de corazón, a todos os que de algún modo colaborastes coa exposición e tamén aos que viñestes a visitala, foi moi especial compartir tantas emocións!

PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO

Unha das últimas visitas deste curso foi moooi especial. 2 preciosos peludos viñeron ao cole de Seixo par acontarlles cousas moi importantes ao alumnado e ao profesorado do cole. 


Suaiper e Lolo forman parte da Protectora de animais do Morrazo. Viñeron con Lorena e Clara para contarnos a labor tan importante que fan. Animáronnos a coidar as nosas mascotas e falamos do importante que é adoptar.
Como recibimento todo o alumnado tiña preparado un super agasallo con cousas para os cans da protectora.

sábado, 25 de xuño de 2022

CREANDO E ARGALLANDO NA AULA DE ARTE!

A aula de arte, xunto coa aula de luz, son 2 novas aulas temáticas, que xurdiron da biblioteca, para dar resposta a unha necesidade: ter espazos cómodos e amplos onde crear e dar renda solta á imaxinación.


En xuño de 2021 así estaba este espazo. Decidimos que os ordenadores estaban mellor nas aulas, para telos a man para buscar información e o que fose preciso no día a día, e comezamos co proxecto!
 

Durante o verán, coa imprescindible axuda das familias, puxémonos mans á obra. Foron moitas horas e moitos días de traballo que resumimos nun minuto:

E con moitas ganas e ilusión puxemos en marcha este espazo artístico, que segue en construción: completando recunchos, engadindo diferentes materiais... a imaxinación non ten límites!!


Por suposto a limpieza da aula, despois de argallar e crear, e cousa do alumnado, que cada día recolle e limpa con máis autonomía.


Incluso foi parte importante nas actividades do 50 aniversario, non so porque alí se montaron mooooitas cousas, senón porque foi a sala de cine para todos os grupos onde, comodamente, puidemos ver máis pelis en super 8... que o cine tamén é unha arte!

Pintamos con moitas técnicas, aprendemos sobre pintores, fixemos escultura, maquetas... incluso creamos contos!! Neste vídeo so veredes un pequeno resumo dun ano cheo de actividades, que nalgunhas tiñamos as mans tan sucias que nin fotos podiamos facer!!

Un espazo valorado de forma moi positiva, nas enquisas da biblio, polo alumnado e o profesorado, o cal cambiou as sesións de plástica grazas a ter un espazo amplo, cómodo e con variedade de materiais... o ano que ven mais e mellor!

xoves, 16 de xuño de 2022

MAXIA NA AULA DE LUZ

A aula de luz é unha das aulas que, dende a biblioteca, puxemos en marcha este curso. Unha aula chea de posibilidades, unha aula máxica e mooooi creativa onde podemos traballar moitas cousas dun xeito moi motivador.
 

Alí puidemos aprender moito sobre a luz, os materiais opacos ou translúcidos, o percorrido da luz, a fluorescencia, fosforescencia... canto podemos aprender coa luz!!


Desfrutamos facendo mooooitas cousas: fixemos construcións, creamos obras artísticas con diferentes técnicas, traballamos conceptos matemáticos, lectoescritura, limos contos máxicos, modelamos con materiais brillantes....


Fixemos este pequeno vídeo como resumo dun ano cheo de actividades nesta aula, aínda que é dificil resumir tantas cousas en 2 minutos...


E, por suposto, a aula de luz tivo un papel moi importante na exposición dos 50 anos do cole, xa que se converteu nunha sala de proxeccións (diapositivas, diakinas, transparencias, etc.) e incluso puidemos ver unha peli gravada no cole a finais do curso 1980/81!!!


Esperamos que o próximo curso involucremos máis ao alumnado de primaria, porque temos moito que descubrir e aprender nesta aula!!

luns, 13 de xuño de 2022

ÚLTIMO ENTREGA DE ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

As nenas e nenos de sexto queremos presentarvos a última entrevista, que fixemos hai uns días, do noso proxecto...
ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO
Alfonso Martín Suárez aceptou a nosa invitación e recibiunos na súa casa para poder facerlle a entrevista que poderedes escoitar nesta entrada.
Nomeado polo Gobernador no ano 68, Alfonso foi alcalde durante cinco anos. El foi quen tomou o compromiso de mellorar as escolas da vila.
Enseguida deixarían de existir as unitarias para construirse as escolas que temos hoxe en día. A primeira delas, a nosa, o Cole de Seixo (con 16 unidades) construído nos terreos donados pola Señora de Quiroga.
Trala compra de novos terreos por parte do Concello de Marín puidéronse construír dous máis de 16 unidades cada un: A Laxe e o Sequelo. 
A todos se lles puxo os topónimos do lugar onde se construíron.
Como non podía ser doutra forma, Alfonso tamén recibiu o regalo conmemorativo por participar nesta sección do 50 aniversario do centro.
Por aquí vos deixamos a entrevista:
Moitas gracias Alfonso por ternos recibido no seu fogar e por ter aceptado a invitación de participar neste proxecto,
Ata outra!

domingo, 12 de xuño de 2022

LIBROS DE ESCOLARIDADE HISTÓRICOS

Durante os 50 anos de vida do cole repartíronse moitos libros de escolaridade, que o alumnado recollía ao rematar os seus estudos no cole. Pero moitos nunca o recolleron, e nesta data tan especial gustaríanos que cada libro marchase para a súa casa, porque seguro que despertan moitos recordos, comezando pola foto da primeira páxina.
 

Libros de escolaridade de primaria, de EXB... incluso cartillas de escolaridade que chegaron das escolas unitarias! Faranos moita ilusión que veñades a recollelos, ou se vedes o de voso pai, da vosa nai... moitos recordos se esconden nesas páxinas!
Este é un listado, en orde alfabética, dos libros que temos localizados no colexio e que poderán ser recollidos o sábado 18 de xuño de 11:00 a 14:00 (traede o DNI ou algún documento que certifique a identidade):

  • Acevedo Ruibal Vanesa
  • Aguete Grandal Carmen
  • Aguete López Carmen
  • Aguete Soage Isabel
  • Almelas González Paula
  • Barcia Fariña Manuel
  • Bermúdez Nogueira Julio
  • Blanco López Irene
  • Broullón Davila Eugenio
  • Buceta Vidal Cándido Eusebio
  • Cabaleiro García Herminio
  • Campelo Rivas Consuelo
  • Campelo Rivas Josefa
  • Campelo Rodríguez Divina
  • Carballo Pujana Benito
  • Carballo Rosales José María
  • Carrecelas García Bruno
  • Carrrecelas Aldao Mª Begoña
  • Cerqueiro González Mª José
  • Chapela Rosales Manuel
  • Domínguez Riobó José
  • Dopazo González Antonio
  • Eidón Barreiro Angela
  • Eidón Barreiro Cándido
  • Entenza Dopazo Mª Teresa
  • Entenza Piñeiro Ramona
  • Estevez García Josefa
  • Fandiño Carballo Ramona
  • Faria Alfaya María Del Rocío
  • Fazanes Tenorio Antonio
  • Ferradás Cruz Rosalía
  • Ferradás Piñeiro Mª Soledad
  • Filgueira Ferradanes Mª Peregrina
  • Filgueiras Sontullo Mónica
  • Filgueirra Ferradanes Mª Teresa
  • Freire Buceta Antonio
  • García Portela Berta
  • García Soto Mª Del Carmen
  • González Boullosa José Angel
  • Guimerans Freire Angel
  • Jiménez Jiménez Raquel
  • Juncal Crespo Ramón
  • Loira Graña Mª Celeste
  • López Calvo Juan Carlos
  • López Rivas Ana Isabel
  • Malvido Chapela Mª Del Carmen
  • Mariño Bernández Angela
  • Mariño Bernárdez Crmen
  • Méndez Lino Antonia
  • Otero Sanjorge Agustín
  • Panadero Peréz Santiago
  • Parada García Fernando
  • Pazos Pousada Mª Erundina
  • Pazos Rosales María Regina
  • Pedrouso Pazos J.Alberto
  • Pedrouzo Pazos José Manuel
  • Pidre Ferradas Mª Isabel
  • Piedras Otero Silvia
  • Piñeiro Aquino Amalia
  • Piñeiro Carballal Sergio
  • Piñeiro Castro José Ramón
  • Piñeiro Freire Gaspar
  • Piñeiro González Juan Carlos
  • Piñeiro Pastoriza Manuel
  • Portela Portela Ana
  • Rey Touriño Oscar
  • Riobó Sotelo Ana Mª
  • Rivas Conde Margarita
  • Rivas Iglesias Josefina
  • Ruibal Sanjorge Mª José
  • Salazar Rosillo Mª Ruth
  • Sanjorge Capa Silvia
  • Sanjorge Grandal Manuel
  • Santaclara Campelo José Antonio
  • Santiago Muñoz Iago
  • Sequeiros Pousada José Luis
  • Sobral Crespo Eugenio
  • Soto Fuentes Mª Agustina
  • Souto Núñez Mª Del Carmen
  • Suárez García Rosa Ana
  • Suárez Sampedro Ramona
  • Toucido Cerqueiro José J.
  • Touriño Campelo Manuel A.
  • Trabazo Portela Patricia
  • Vidal Rosales Andrés
  • Vilariño Montes Mª Sol
  • Villanueva Cidrás Carmen
  • Viñas Lobeira Francisca
  • Viqueira Rodríguez Manuel Angel

sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

VISITA AO IES

Seguimos sumando momentos cos compis de Ardán. Estaremos xuntos no instituto Chan do Monte, e alí marchamos para coñecer o centro e ir rompendo o xeo: que pouquiño nos falta para estar alí xuntos!

luns, 6 de xuño de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 A clase de 4 anos foi a encargada de dinamizar a actividade "COIDEMOS O PLANETA" para todo o cole.

Comezamos coa presentación de imaxes que favorecen ou poñen en perigo a saúde do noso planeta. Reflexionamos sobre todas elas e fixémonos responsables para ensinar ao noso contorno das boas accións que debemos levar a cabo para coidar o noso planeta, así como a de advertir das accións cotiás que pouco a pouco van mermando a saúde do noso planeta.



Despois destas reflexións decidimos facer un xogo nas dúas entradas do cole para que o alumnado de outros cursos puidese participar e concienciarse no coidado do planeta. Así pintamos dous tipos de planetas, un limpo e sano e outro contaminado.



Despois pegamos as fotografías e os planetas no chan: a casilla de saída é o planeta contaminado, e temos que pisar nas accións encamiñadas a recuperación e mantemento do planeta ata chegar ao planeta limpo. O xogo podemolo facer nos dous sentidos do recorrido, podemos tamén saír dende un planeta limpo e pisar naquelas accións que nos levan a contaminación e deterioro do noso planeta.


Así que entramos pola porta... comeza o xogo!! 



Encantounos participar a todos, agora só temos que interiorizar o mantra: COIDEMOS O PLANETA!!!

 


mércores, 1 de xuño de 2022

SACHACONTOS

Dentro do programa de bibliotecas creativas, todas as clases, de 3 anos a 6º, fixemos un obradoiro de creación de contos: SACHACONTOS.
 

Sachacontos, é unha xuntanza de miolos compartindo ideas e ocorrencias... un obradoiro de creación de contos frescos, nunca contados, nunca escoitados...


Esteban de Tarabelos pasou uns días con nós sachando contos. Xuntos xogamos coas historias e cos personaxes.
 

Todos imaxinamos, todos xogamos, todos creamos... e fixémolo sen preocuparnos do resultado, que foi único e especial.



Foi un obradoiro totalmente baseado na imaxinación, na improvisación e no traballo cooperativo.



Compartimos, relacionámonos, buscamos explicación ó inexplicable, desinhibímonos, rimos xuntos, aprendemos novas palabras, adestramos a nosa imaxinación, fixémonos creadores...
 

Do tempo que pasamos sachando contos saíron contos creados, rematados ou sen rematar, ideas tolas, mentes abertas... e saímos de alí con ansia de seguir creando.


E recibimos o noso título de sachacontos, co compromiso de seguir usando o sacho da imaxinación!


Nestes vídeos veredes, un pouquiño do moito que fixemos en cada grupo:

 3 anos sachando contos:

4 anos sachando contos:

5 anos sachando contos:

1º e 3º sachando contos:

2º sachando contos:

4º sachando contos:

5º sachando contos:

6º sachando contos:

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Despois de dous anos moi rariños, nos que tivemos que cancelar moitas actividades, por fin imos voltando á normalidade, recuperando actividades que sempre funcionaron de marabilla e que son un éxito entre o alumnado.


Este curso, puidemos retomar a xornada de convivencia co alumnado do CEIP de Ardan para irnos coñecendo de cara ao instituto... e que ben o pasamos!!


No día máis caloroso da primavera fixemos unha ruta dende o cole ata a Praia do Santo. Alí fixemos un xogo de orientación que nos tiñan preparado os compis de Ardan, e desfutamos unha mañá moi chula con eles.
 

Para volver ao cole fixemos o sedeiro litoral á Praia de Loira e percorremos a senda do Río Loira en busca de fresco e sombra. Grazas ao río logramos baixar algúns graos aos 30° do día.


Auga, viseira e sorrisos foron os ingredientes imprescindibles para o éxito total da xornada. Graciñas compis de Ardan, vémonos no Chan do Monte!! E graciñas tamén ás profes de Ardan, e xenial ter veciñas tan molonas!!

Neste vídeo tendes máis fotos deste día.