luns, 30 de setembro de 2019

ENTREVISTANDO Á PROFE OLALLA

Hoxe puidemos entrevistar á profe Olalla...
Tivemos o privilexio de ter no cole unha profe que ten outros traballos moi chulos e non podiamos desaproveitar esta grande oportunidade para convidala a pasar por... A VOZ DE ARNALDO.
Olalla tamén nos deixou un agasallo moi grande... Asinounos e adicounos todos os seus libros que temos na Biblio de Arnaldo... Mirade, mirade!


Por aquí vos deixamos a entrevista na radio...
E si queredes vela podédelo facer agora mesmo:
Grazas por todo Olalla!!! Ata outra profe!!!

venres, 27 de setembro de 2019

ARNALDO ESCRÍBENOS UNHA CARTA!

No cole de Seixo acabamos de recibir unha carta de Arnaldo... 
Non é para menos! A partir do próximo luns as portas da súa casa...
ábrense de par en par un curso máis...
Ata outra amiguiños!

INAUGURANDO A BIBLIOTECA II

Cheos de ilusión inauguramos a biblioteca un novo curso.

Como non podía ser de outra forma, Arnaldo deunos a benvida a todos e todas á súa casa, unha biblio chea de novos libros, recursos, mobiliario, ilusións e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir....



Nesta xornada foi o turno das nenas e nenos de primaria...

Unha xornada moi interesante na que, grazas a profe Olalla, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos moi divertida.

Pasámolo en grande!

Deixámosvos, por aquí, un conto precioso!
TÍO LOBO

Grazas profe Olalla!

Comezaron as súas aventuras, un curso máis, as mochilas viaxeiras...

que levarán lecturas e música ás casas de todo o alumnado.
Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas! 
Arnaldo non quixo quedar sen un recordo deste momento no que un encargado de cada clase recolleu a mochila viaxeira.
A casa de Arnaldo queda inaugurada!!!
Visitádenos moito, estamos desexando que vexades as novidades en directo!

SEMANA POLO CLIMA

O noso cole tamén se quixo unir á...
concentrando na xornada desta mañá de VENRES varias das propostas...
Así, nun parón feito no recreo, as nenas e nenos de Seixo, con camisetas de cor verde, fixeron un minuto de silencio no que expuxeron os cartaces que habían feito nas aulas.
Por aquí vos deixamos as fotos dos diferentes grupos e autores:

AS NENAS E NENOS DE 

5º E 6º DE PRIMARIA

AS NENAS E NENOS DE 
3º E 4º DE PRIMARIA
AS NENAS E NENOS DE 
1º E 2º DE PRIMARIA

AS NENAS E NENOS DE 

INFANTIL

No seguinte vídeo poderedes mirar o minuto de silencio do noso cole:

xoves, 26 de setembro de 2019

INAUGURANDO A BIBLIOTECA I

Cheos de ilusión inauguramos a biblioteca un novo curso. 
Como non podía ser de outra forma, Arnaldo deunos a benvida a todos e todas á súa casa, unha biblio chea de novos libros, recursos, mobiliario, ilusións e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir....

Nesta xornada foi o turno das nenas e nenos de infantil e de 1º de primaria...
Unha xornada moi interesante na que, grazas a profe Olalla, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos moi divertida.
Pasámolo en grande! Deixámosvos, por aquí, un anaquiño da sesión!

Grazas profe Olalla!
Comezaron as súas aventuras, un curso máis, as mochilas viaxeiras que levarán lecturas e música ás casas de todo o alumnado.

Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas!

Arnaldo non quixo quedar sen un recordo deste momento no que un encargado de cada clase recolleu a mochila viaxeira.


A casa de Arnaldo queda inaugurada!!!
Visitádenos moito, estamos desexando que vexades as novidades en directo!

domingo, 22 de setembro de 2019

PREPARANDO AOS COLABORADORES DA BIBLIO

Todos os anos, os nenos e nenas de 5º e 6º convírtense en axudantes da biblioteca. Este ano, como novidade, tamén se van encargar desta tarefa, as nenas e nenos de 4º.


Cada día baixarán á biblioteca para colaborar cos profes no bo funcionamento da mesma.

Para facer o mellor posible o seu traballo como bibliotecarios, están recibindo unha pequena formación sobre o seu funcionamento.


Todos estiveron moi atentos ás explicacións de Fátima quen lles contou como os profes organizan os libros, o préstamo, etc.

Cada un elixiu un libro para ler e estrenar o préstamo deste curso.
E aproveitaron moi ben o tempo na biblioteca...
Despois tocou aprender a usar o Meiga, o programa co que rexistramos os libros que prestamos.
Todos puideron practicar no ordenador da biblio para saber facelo cando lles toque a eles cos outros compañeiros do cole.

Recordade que na marxe dereita do blog todos podedes consultar o manual de ususarios da biblio para saber como está organizada e como funciona. Tamen premendo AQUÍ
Como podedes ver... xa estamos en marcha! Moi pronto a biblio abrirá as súas portas, tamén algunha tarde, para que todos poidades desfrutar da lectura no cole e, como non, na casa.

venres, 13 de setembro de 2019