xoves, 26 de outubro de 2023
martes, 24 de outubro de 2023
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!!
Este queremos coñecer máis da fauna e flora de Seixo, polo que non podíamos ter outro convidado no día das bibliotecas que Anxo Moure, amante das árbores, dos animais... Por iso quixemos que fose o primeiro convidado deste curso.
Pasamos un día do máis divertido co Carballo con Botas. Mirade os de infantil como aproveitaron a súa visita na que contaron contos na biblio e en medio das árbores, bailaron, pasearon en ciclobiblioteca... un planazo!!
Os de primaria tamén desfrutaron dos contos do Carballo con Botas, da música das árbores, das viaxes dos libros...
E ninguén mellor que o Carballo con botas para axudarnos a poñer en marcha a nosa plantación de árbores en botas vellas, porque queremos seguir enchendo Seixo de vida!!
E como non podía ser doutra forma, non deixamos escapar a oportunidade de volver a entrevistar a Anxo Moure. Unha entrevista moi, moi especial. Sempre é un pracer charlar con Anxo, que é un apaixoado da natureza. Aquí a tendes para que tamén a poidades desfrutar e aprender cousas con el!
venres, 20 de outubro de 2023
GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA
Seguimos traballando para mellorar a nosa biblioteca, e por iso pensamos que é moi importante que a coñezades ben. Fixemos esta guía para axudar a todos os que queirades sacarlle moito partido.
Aínda que este curso as cousas teñen que ser diferentes pola situación que estamos a pasar, a mecánica é a mesma.
Nos próximos días daremos a coñecer o protocolo da biblioteca pero xa vos podo adiantar que este curso os colaboradores son especiais!!!
luns, 9 de outubro de 2023
TRUCOS PARA BUSCAR NA REDE
Aquí deixámosvos alguns truquiños para buscar infromación na rede... sen olvidar os dereitos de imaxe.
domingo, 8 de outubro de 2023
ANDAINA POLO NOSO SEIXO CHEO DE VIDA
Hai un mes que comezamos este novo curso cheos de ganas e ilusión por compartir moitas aprendizaxes e vivencias.
E celebramos o primeiro mes no cole cunha das actividades que máis nos gustan, que son as que compartimos todos xuntos: dende os máis pequerrechos que acaban de comezar o cole, ata os maiores de 6º. Por iso desfrutamos moito a primeira andaina do curso, na que demos un bo paseo ata o parque da Brea e puidemos comprobar que SEIXO ESTÁ CHEO DE VIDA!!!
E, ademais de desfrutar dunha xornada especial de convivencia, agora temos nas aulas moitos tesouros de outono e moitas landras, que xa vos contaremos para que usaremos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)