Amosando publicacións coa etiqueta tv. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tv. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2019

CURTAMETRAXES DE 5º NA FESTA DO SABER

Moi boas amiguiños!
Hoxe tivo lugar a presentación dos traballos de 5º de primaria da FESTA DO SABER ás súas familias.
Despois desta presentación os nenos e nenas de 5º queren compartir con todos nós os seus traballos...
A continuación poderedes ver todas as curtametraxes que estiveron preparando dentro do PDI deste ano "O PATIO QUE SOÑAMOS" en...
TV ESTUDIOS ARNALDO



Desexamos que vos teñan gustado! Continuaremos elaborando máis materiais!
O vindeiro luns día 10 é o turno de 1º de primaria  "AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
en 
A FESTA DO SABER DE SEIXO!

xoves, 30 de maio de 2019

5º NA FESTA DO SABER: ESTUDIOS ARNALDO

Un ano máis deu comezo a FESTA DO SABER no noso cole...
e os encargados de inagurar esta celebración foron os nenos e nenas de 5º de primaria.
Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos "O PATIO QUE SOÑAMOS" o alumnado de 5º traballou sobre a televisión e fixeron un traballo fantástico e moi completo.
Axiña poderedes desfrutar das curtametraxes que elaboraron.
O vindeiro mércores día 5, a partir das 13:55 horas, exporanlles os seus traballos ás súas familias e despois desa data compartirémolos con todos e todas vós.
Podedes seguir esta presentación en LUPA DIXITAL.

venres, 3 de maio de 2019

OFICIAL! ARRANCA TV ESTUDIOS ARNALDO!

Xa é oficial!
Arranca TV ESTUDIOS ARNALDO!
Aínda que non somos profesionais, as nenas e nenos de 5º de primaria fixemos entre todos este programa:gravar imaxe e audio, elaborar o guión, dirixir, producir, deseñar e por último analizar os erros para reeditar.
Co traballo colaborativo somos máis eficaces e coa crítica constructiva non hai quen nos pare!
Agardamos que vos guste!

Esta e moitas outras noticias da nosa clase en...