xoves, 29 de outubro de 2015

O GRÚFALO: REPRESENTACIÓN DE 5º

Seguindo coas actividades especiais desta semana, os nenos e nenas de infantil e 1º, tivemos a grandísima sorte de escoitar un conto fantásticamente monstruoso: O GRÚFALO, representado polos nenos e nenas de 5º. Pasámolo en grande! Grazas polo voso traballo.




A historia dun enxeñoso ratiño, que sendo o máis pequeno do bosque, logra evitar non só ser o bocado dos demais animais, senón que tamén consegue ser o máis temido da man do Grúfalo.







Neste conto vimos como a astucia ten máis poder que calquera monstro, aínda que se trate dun con horrorosos colmillos, con garras como puntas de coitelos, con dentes terribles e amarelos, con vultos nos xeonllos, verruga venenosa na punta do nariz, dedos do pé espallados, lingua negra, lombo cheo de espiñas,....




Encantounos o seu sorprendente final... neste conto o tamaño non importa para salir victorioso!


Que mellor despedida que os peques desexando Happy Halloween?


Para os que non coñezades a historia, aquí a tedes contada polos nenos e nenas de 2º do colexio Pero Niño (Cantabria)

OBRADOIRO MONSTRUOSO

Como vos adiantamos, esta semana esta sendo terrorificamente divertida! Unindo a celebración do día das bibliotecas e do Samaín, estamos facendo un montón de actividades na que compartimos tempo xuntos os nenos e nenas de diferentes clases. Mirade canto traballamos nos oradoiros...





Mirade como nos axudamos uns aos outros... e xenial e moi divertido coñecer e traballas cos compañeiros de outras clases!








E aquí tedes parte do resultado... somos uns artistas monstruosos!




Se queredes, pasade polo blog de infantil e veredes algun monstruiño mais dos que fixeron no obradoiro. Premede AQUÍ

martes, 27 de outubro de 2015

HISTORIAS TERRORÍFICAS QUE NON VOS PODEDES PERDER.

Comezamos cun conto clásico, Donde viven los monstruos, de Maurice Sendak. 
Max é un neno que descubrirá o marabilloso mundo dos monstros. Cando Max se pon o seu disfrace de lobo éntranlle unhas ganas irrefrenables de facer travesuras pero, intentar comer á súa nai, é demasiado!


Este segundo vídeo é unha curtametraxe animada de Disney creada no ano 1929. Un grupo de esqueletos bailan e crean música nun tenebroso cemiterio...

Por último, poderedes desfrutar da primeira curtametraxe de animación en gañar un Óscar, en 1932. Comeza cunha idílica danza da flora do bosque ata que unha árbore a interrompe. Pero, como e por que o fai?

CORRE CORRE CABACIÑA

Estes días coa chegada do “Samaín”, imos contar contos de medo, de cabazas, de esqueletes,… non vos olvidedes de traer os libros que teñades pola casa con esta temática para contarllos aos compañeiros.


O ano pasado, nestas datas, xa vos recomendamos un dos contos preferidos dos nosos peques: “Corre, corre cabaciña”.
Premede na imaxe se queredes escoitar o conto e a canción da cabaciña mais rápida dos libros!
Podedes aproveitar esta presentación para que hoxe sexan os peques da casa, os que vos conten un conto a vós!!


E tamén vos deixamos un xogo sobre o conto. Premede na imaxe e... a xogar!!


E nos vos perdades a versión que nos recomendan os de infantil no seu blog. PREMEDE AQUÍ

luns, 26 de outubro de 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE

Esta é unha semana especial na que celebraremos o día das bibliotecas e o samaín. E non podíamos empezar a semana de mellor maneira que poñendo a funcionar as mochilas viaxeiras deste curso.


David e Marco, dous dos colaboradores da biblioteca, axudaron a preparar todo ao equipo da biblioteca. 



A felicidade de Arnaldo era enorme ao ver todas as mochilas cheas de libros, de revistas... e cun caderno onde os nenos e as familias poderán contarnos o ben que o pasan coas mochilas. 


Listos para repartilas!


E os dous foron polo cole a levar a cada clase a súa mochila.







Esperamos que disfrutedes moito coas lecturas seleccionadas... xa nos contaredes!!

sábado, 24 de outubro de 2015

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS


Aínda que hoxe é sábado e o cole está pechado, non queríamos deixar pasar o día sen recordar a celebración tan especial que temos hoxe. 
O 24 de outubro é o Día da Biblioteca. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil. 
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da biblioteca.

Sabedes por que se elixiu este día? como recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.
A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Nós tamén queremos que a nosa biblioteca sexa lugar de encontro e un instrumento que axude ao noso alumnado e ás súas familias.

FELIZ DÍAS DAS BIBLIOTECAS... 
esta será unha semana especial no cole!
 

venres, 23 de outubro de 2015

VISITA DOS PEQUES Á FONOTECA

Despois de recibir a invitación de Arnaldo avisando da posta en marcha da fonoteca, os da clase de 5 anos non puidemos resistirnos a subir a escoitar algo de música e recordar as normas de funcionamento... como mola a nosa biblioteca que ten de todo!!








ARNALDO PRECISA AXUDA DAS FAMILIAS!

xoves, 22 de outubro de 2015

PREPARADOS PARA O SAMAÍN?

Arnaldo invítavos a visitar estes espazos con multitude de actividades sobre o Samaín.

Materiais

O Samaín
Actividade Lim 1º-2º-3º-4º Primaria
El mundo de Fantasmín
Educación Infantil

E non podía faltar a música...