xoves, 30 de decembro de 2021

INVESTIGANDO EN 1º

Para conmemorar o 50 aniversario do cole, o alumnado de primeiro investigamos sobre a música da época: artistas, cancións, formatos, reprodutores...
Ademais, aprendemos como era o cole nesa época, como se chamaban os profes, quen da nosa familia estudou no noso centro... 
Este trimestre aprendemos moitas cousas! Moitas grazas as familias que colaboraron cos seus traballos! Seguiremos investigando!




luns, 27 de decembro de 2021

MALETA VIAXEIRA: LECTURA E DIVERSIDADE

Durante o mes de decembro desfrutamos do contido desta Maleta viaxeira da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia. Unha maleta de lectura e diversidade cunha selección de materiais actuais que desfrutamos na hora de ler.


Exploramos o que se esconde no mar, buscamos cores, formas, números en diferentes linguas, atopamos o intruso... xogamos coas palabras e imaxes para inventar criaturas máxicas e diversas pero todas únicas porque todos somos iguais pero diferentes.
Estamos desexando recibir outra maleta!!

xoves, 23 de decembro de 2021

DENDE SEIXO DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL!

Este Nadal a COVID segue presente e non podemos xuntarnos como nos gustaría, pero seguimos unidos e traballando en equipo, aínda que con distancia e algúns atrancos.
Pois xusto iso é o que queremos reflexar na felicitación deste ano: compañeirismo, amizade... unidade! Por iso neste vídeo saímos todos os que formamos o CEIP de Seixo (alumnado, profesorado, conserxe, ANPA, equipo de limpeza e comedor) para desexarvos un Bo Nadal e un marabilloso ano novo.


Desexamos que 2022 veña cargado de amor e humor que nos axuden a desfrutar os bos momentos e a levar mellor os días máis complicados.
Que emocionante vernos a todos xuntos!! Botamos de menos aos que non puideron estar os días que gravamos... para eles e elas vai a aperta máis grande!!
Sorte deste alumnado que nos tocou... 
eles e elas son os que enchen todo de luz!!!

Aquí deixámosvos as ultimas fotos de grupo de 2021 para que vexades o estupendos que despiden o ano! Estamos desexando verlles o sorriso, pero mentres tanto conformámonos co brillo dos seus ollos que tamén nos alegran os días!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º primaria

Nenos e nenas de 2º primaria

Nenos e nenas de 3º primaria

Nenos e nenas de 4º primaria

Nenos e nenas de 5º primaria

Nenos e nenas de 6º primaria

mércores, 22 de decembro de 2021

DÍAS ESPECIAIS DE NADAL

A ANPA sempre busca a forma de axudar e facilitarnos o día a día, e tamén os días especiais. Xa vos ensinamos o bonito que decoraron o cole, pero tamén nos trouxeron sorpresas para ter un ultimo día moooooi especial.
Interceptaron a Papá Noel que fixo unha parada en Seixo para visitar ao alumnado, escoitalos e endulzarlles un pouco (máis) a despedida do trimestre.


Ademais prepararon un chocolate con churros que estaba para chupar os dedos, e que desfrutamos no patio grazas ao maravilloso día soleado que tuvimos. Grazas á cafetería Manhattan polo chocolate que doaron a ANPA que se encargou de preparalo de forma exquisita!

Aquí tendes máis fotos para vernos doblemente endulzados: con Papá Noel e co chololate!

Outra das actividades que desfrutamos moito foi o paseo no tren do Nadal co que nos agasallou o concello. Neste vídeo podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos!


Nada mellor que despedirnos coas nosas cariñas de ilusión cando estivemos con Papá Noel!








martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL

Moi bos días familias!
Gustaríanos moitísimo poder estar agora mesmo no ximnasio do noso cole como tantos anos o fixemos.
Pero non pode ser... esta situación, que xa non queremos nin nomear e que todas e todos coñecemos de sobra, non nolo permite pero non por iso quixemos deixar de preparvos un Festival diferente...
Agardamos que o poidades desfrutar e que vos gusten todas as actuacións que vos temos preparadas.
Comezamos xa!
Recibamos aos máis pequeniños e pequeniñas do cole que vos queren presentar un baile moi moi especial...
RODOLFO... EL RENO!
O alumnado de 4 anos anda na procura dunha estrela para poder bailar con ela. Traen para vós...
BUSCANDO UNHA ESTRELA
As nenas e nenos de 5 anos queren anunciarvos que xa chegou o Nadal e con este baile que vos van facer van adornar un arboliño para celebralo...
ÁRBOL DE NAVIDAD
Na clase de 1º de primaria estiveron preparando unha canción na que se conta unha historia de Papá Noel... prestade moita atención!
BUSCANDO PAPÁ NOEL
Ollo, ollo, ollo que menudo cambio de estilo se nos presenta...
A rapazada de 2º de primaria vaivos a bailar un baile moi rock rock...
NAVIDAD ROCK
Conta a lenda que nas terras do Courel vive un home moi grande que se chama o Apalpador. Todos os 24 de decembro baixa da montaña para visitar as nenas e nenos galegos cando están durmidos... tocálles as barrigiñas para saber si están fartos ou non e déixalles agasallos. As nenas e nenos de 3º de primaria vannos a presentar a canción...
O APALPADOR
Prestade agora moitísima atención porque esta canción que elixiron os de 4º de primaria ides querer cantala e bailala durante todo o Nadal! Con todas e todos vós...
ES NAVIDAD!
E como neste Festival tamén queremos que estea presente a tradición galega polo Nadal, pois as nenas e nenos de 5º de primaria queren abrirnos apetito para a noite do 24 de decembro cun rock and roll moi moi especial...
O ROCK AND ROLL 
DO BACALLAU CON COLIFLOR
Xa estamos chegando ao fin. A última paticipación do alumnado neste Festival, tan diferente pero tan tan especial que fixemos con moito cariño, corre a cargo do alumnado de 6º de primaria.
Unha actuación moi diferente e especial que prepararon para todas e todos vós...
WE ARE THE WORLD
E para despedirnos veremos a participación dunha representación da ANPA dando visibilidade a todas as familias, que sodes parte imprescindible do cole. Unha panxoliña cunha letra moi especial.
FELICES FESTAS FAMILIAS!
QUE DESFRUTEDES DAS VACACIÓNS!

luns, 20 de decembro de 2021

MERGULLÁNDONOS NA LECTURA!

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas, en equipo, pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer suxestións de lecturas, xogos e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Patricia Fernanda García Pereira, alumna de 3º ESO no IES As Barxas, que nos fixo esta fermosa ilustración para as guías: graciñas Patricia, es unha artista con moito futuro! Grazas por animarnos a mergullarnos nos libros e no galego!


Aquí tendes as 3 guías, adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que as casas se enchan de boas lecturas!
 




sábado, 18 de decembro de 2021

UN DÍA DE CINE!

Como actividade final de fin de trimestre, a ANPA propuso unha saída ao cine para o alumnado de 5º e 6º a ver a película "Panteras".


A película é contada desde o punto de vista dun adolescente, que viaxa á beira do seu pai desde que ten doce anos ata pasados os dezaseis.


Panteras propón un achegamento á natureza máis salvaxe e o descubrimento de especies animais ameazadas: os grandes felinos.

Esta toma de contacto co mundo natural é, sen dúbida, a mellor maneira de concienciar ao público da necesidade de preservar o planeta. Coñecer é un primeiro paso para xerar interese e, despois, involucrarse e actuar en consecuencia.
Aquí tendes o trailer, veredes que ten moi boa pinta.

mércores, 15 de decembro de 2021

VISITA MÁXICA DE NADAL

Todo o alumnado, ata 4º de primaria, desfrutamos dunha visita moooooi máxica que nos enviou o concello... e que ben o pasamos!
O Mago Paco fíxonos rir e deixounos coa boca aberta, profes incluídos!, non hai máis que ver as nosas caras! Aquí vos deixamos un vídeo cargadiño de fotos para que vexades sorrisos, caras de asombro e ollos brillantes de ilusión!

luns, 13 de decembro de 2021

ENTREVISTA A AARÓN GONZÁLEZ DIZ EN... ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

Hoxe queremos compartir con vós a entrevista que lle fixemos a...
AARÓN GONZÁLEZ DIZ
no programa ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO, con motivo do 50 aniversario do noso centro...
Unha entrevista que ten aínda moito máis valor despois xa que esta fin de semana o campeón de España competiu na casa.
O espectáculo non defraudou aos seguidores en Marín. Aarón perdeu o combate pero o equipo gañou o trofeo galego...
Natural de Marín, da parroquia de Mogor, foi Campeón de España e de Galicia de loita en varias ocasións...
En A VOZ DE ARNALDO díxonos lembrarse do seu titor de 5º e 6º de primaria, neses cursos tivo que superar un incidente moi grave e foi quen de facelo gracias, entre outras moitas persoas, aos seus compañeiros/as de clase, da súa familia e do profesorado do cole.
Na actualidade loita por compatibilizar a súa profesión de mestre coa dedicación como deportista de élite...
Aarón estivo con nós na nosa clase, clase que tamén foi del durante os seus últimos dous anos de estancia no cole...
Ensinounos as súas luvas... as luvas du campeón non se ven todos os días! E como pesaban os cintos!!!
Queremos destacar tamén a xenerosidade de Aarón, que para sorpresa de todas e todos, tróuxonos 3 camisetas que sorteu na nosa clase... mirade, mirade aos gañadores Pedro, Rubén e Noelia!
Antes de marchar deixounos unha dedicatoria, no libro de visitas, para todo o Ceip de Seixo! 
Por aquí vos deixamos a entrevista para que poidades desfrutar dela!
Este verán, no cine Seixo (o cine da nos vila) fixeron o preestreo do documental...
DEVOLVENDO O GOLPE
Nel conta os episodios da súa vida, a loita, a superación persoal... Como el di:
"Pueden los que creen que pueden"
Gracias Aarón por vir, aceptar a nosa invitación e compartir recordos da túa etapa en Seixo con toda a comunidade!
Un exemplo a seguir! As loitas en equipo son posibles!
A mellor das sortes para ti no deporte, na túa vida laboral de profe e, por suposto, na túa vida persoal!

mércores, 8 de decembro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: CELIA e DIVINA

Hoxe queremos presentarvos a entrevista que lle fixemos a CELIA E DIVINA as nenas e nenos de 6º de primaria...
Unha entrevista moi moi especial na que fomos uns afortunados de poder contar coa visita de Celia e Divina traballadoras do comedor do noso cole durante moitísimos anos...
Visitaron o cole para recordar a vella cociña, a depensa, ao profesorado daqueles anos e a aquelas nenas e nenos que hoxe son mulleres e homes.
Cociñaban, preparaban as mesas... Lembraba como lle chamaban "tía Celia" e a anécdota dunha profe que pensaba que Celia tiña moitísimos sobriños e sobriñas porque todos lle chamaban así.
A Celia encantábanlle os nenos e si alguén se esquecía de levar o seu pano da mesa para lavar durante a fin de semana, ela facía o traballiño e o luns, no ventanuco do comedor (actual ximnasio), alí aparecía o pano lavado e co ferro de pasar.
Tamén nos contou que era cómplice dos que non lles gustaba algo do menú do día. Os rapaces escondían a comida debaixo do mantel e ela pasaba detrás a limpar e non dicía nada...
Tamén tivo un quiosco portátil no que vendía material escolar e chucherías...
Fixémoslle entrega dun agasallo moi especial que se preparou para estas ocasións... edicións limitadas dunha taza con moito valor sentimental... deseñadas con moito cariño!
Antes de rematar a visita non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder facer unha foto de grupo...
Por aquí vos deixamos a entrevista para que desfrutedes dela...
Dicía Sra. Celia "isto é unha película de tantos anos como cambiou o colexio...!" Preguntou polo profesorado de aquela... Mercedes, Bértolo, Ameijeiras... Xa no están? Pouca diferencia de idade había...
Moitísimas gracias Celia e Divina pola vosa visita!

luns, 6 de decembro de 2021

ADORNOS DE NADAL

Queridas familias:
Un ano máis pedimos a vosa colaboración para a decoración de nadal do cole, pero, como xa puidestes ver na nota que enviamos o venres, este ano engadimos algo novo: deben ser adornos para o exterior, que resistan a chuva e as inclemencias do tempo.
A idea é que sexan adornos feitos con material de refugallo, con cousas naturais ou con materiais que podedes ter pola casa... tendo en conta que serán para o exterior.
Deixámosvos por aquí algunhas ideas como inspiración, aínda que seguro que na vosa imaxinación hai moitas máis!! (premendo nalgunhas das fotos hai máis información)
Traede os vosos adornos o antes posible e, entre todos, poñeremos o cole chuliiiisimo!!