Os nenos e nenas de 3º e 4º elexiron a Illa de Cortegada como destino da súa excursión de fin de curso, sen dúbida unha fabulosa elección para disfrutar dun día especial e moi diferente.
Aquí vos deixamos algunhas fotos e un vídeo para que vexades canto desfrutaron.
Igual que os de INFANTIL, os de 1º e 2º de primaria tamén visitamos o parque natural de ría Barosa.
Chegamos moi emocionados á muiñada e fixemos unha foto ao lado da fervenza.
Despois fomos ver os 3 muíños: miramos o seu funcionamento e as partes que o compoñen. Vimos como a fariña que caía máis preto da moa, a máis espesa chámase óleo e destínase a comida para bebés, a máis afastada e fina se peneira para limpala e facer pan. Tamén vimos un forno de pedra semicircular onde asaban o que facían, e os instrumentos que usaban para limpalo e sacar o que asaban.
Peneiramos a fariña para que quedase limpa. Despois fomos ver distintos tipos de sementes e puidemos tócalas. A continuación subimos a ver un muíño de cable a través dun cristal no chan.
Merendamos magdalenas e zume e tamén chocolate
Por último estivemos co panadeiro que nos ensinou a facer masa e amasar. Regalounos a cada un un bolo de pan que levamos para a casa.
Foi un día de moita calor pero alí non se notaba,estivemos moi fresquiños e desfrutamón un montón.
Polo día da muller, os nenos e nenas de 5º investigaron sobre diferentes artistas galegas e descubriron cousas moi interesantes destas tres grandes artistas: unha fotógrafa, unha escultora en pedra e unha escultora que fai instalacións.
Despois de investigar decantáronse pola escultura e aceptaron encantados a proposta da profe Charo de facer esculturas con material de refugallo: mirade que grandes artistas!
Un exemplo das esculturas do mundo que queremos: coloridas, creativas, e aproveitando materiais que irían ao lixo!
Se vos ensinamos este libro de Carlos Casares podedes pensar que é un libro máis da fabulosa bibliografía de este gran escritor galego... perooooo.... ....se lle dades a volta descubriredes que ten algo especial!
Vedes ese código que ten pegado? é un código QR. Estes códigos esconden moita información, neste caso recomendacións lectoras a cargo dos bootubers.
Coa axuda de un iPad que estará na biblioteca podedes ver a información que esconde ese código....
Os booktubers son lectores e lectoras que comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro para que outros se animen a lelo... e non hai idade: toda a comunidade educativa estades convidados a formar parte dos booktubers de Seixo!
Este é o primeiro, de moitos libros da nosa biblio, que os booktubers de Seixo recomendarán para o resto de lectores.
Aquí vos deixamos a recomendación que Aroa e Diego fan desde divertido libro de teatro.
Queres converterte nun booktuber? podes facelo tanto se formas parte do alumnado, do profesorado ou das familias!
A idea é que cando leades un libro que vos guste nolo contedes para deixar unha recomendación nese libro, así todos os compis e familias que veñan á biblio terán recomendacións para elixir que libro levar a casa.
Durante varios días desfrutamos lendo os contos de Casares que viaxaron por todo o cole dunhas clases a outras. De forma especial cada clase encargouse dun conto para compartir cos demais e que todos poidades coñecer a obra infantil de Carlos Casares. Aquí xo vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballaron os nenos, podedes visitar as entradas do cole e ver todo: merece a pena!
Martín, Álex e Laura volven con outro programa de chistes que de seguro será un éxito como o primeiro. Neste 2º programa teñen unha convidada moi especial: a teacher Fátima.
Desfrutade do programa e recordade que rir é moi bo para a saude!