domingo, 28 de febreiro de 2021

A NOSA ROSALÍA PEQUENIÑA: INFANTIL

Continuamos compartindo con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de INFANTIL recitan poesía para todos vós...
Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

sábado, 27 de febreiro de 2021

A NOSA BENQUERIDA ROSALÍA: 4º, 5º e 6º de PRIMARIA

Continuamos compartindo con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria recitan poesía para todos vós... 
Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

xoves, 25 de febreiro de 2021

A NOSA QUERIDA ROSALÍA: 1º, 2º, 3º de PRIMRIA

Hoxe compartimos con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria recitan poesía para todos vós...

Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

mércores, 24 de febreiro de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe estamos moi contentos de poder celebrar o...
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis quixemos celebrar esta data dunha forma diferente e agora estamos encantados de compartilo con vós.
Como o lema das Bibliotecas deste ano é XEOGRAFÍAS LECTORAS, debuxamos un mapa de Galicia e buscamos Santiago de Compostela, lugar de nacemento de Rosalía.
Buscamos ilustracións dela, unha por cada aula na que cada un de nós pegou unha caricatura da homenaxeada.
Diante do mural estivemos recintando poesías.
Mirade a seguinte montaxe de todo o proceso...
Estade atentos axiña colgaremos as gravacións cos recitados das poesías elixidas e subiremos un códigos QR moi molóns!
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

venres, 19 de febreiro de 2021

ASÍ É O NOSO COLE

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para o próximo curso.
Debido a situación actual derivada da pandemia non podemos abrir as portas do cole como noutras edicións para facer a "XORNADA DE PORTAS ABERTAS". Pero non por iso queremos deixar de darvos a coñecer información sobre o noso cole...
Comezamos cun pequeno programiña da Voz de Arnaldo (a radio do cole de Seixo) na que as nenas e nenos dan difusión e fan publicidade de todo canto bo temos...
PORQUE O COLE DE SEIXO...
MOLA MOGOLLÓN!!!
Nas portas abertas tamén acostumamos a repartir un díptico a todas as familias no que presentamos un pouco máis o noso cole. Por aquí volo deixamos!

Cando as imaxes falan por si mesmas... sobran as palabras!
Compartimos con vós unha pequena presentación do que atoparedes no noso cole. Estamos desexando contarvos máis!
(* O vídeo pertence a cursos pasados por iso o alumnado aparece sen máscaras)

Dicirvos que o vindeiro...
MARTES 23 de FEBREIRO
ás 17:30 horas
todas e todos aqueles que o desexedes poderedes conectarvos a unha videoconferencia para preguntarnos o que queirades, compartir inquietudes... estaremos encantados de falar con vós!
A través da seguinte imaxe poderedes acceder a toda información relativa ao proceso de admisión:

domingo, 14 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

E por fin chegou o día de celebrarmos a festa do Entroido no cole de Seixo...
Un ano diferente e especial no que non se podía deixar de celebrar esta festa... A temática escollida para esta edición foi A SAÚDE, tema do PDI do noso cole para este curso...
Ao longo de toda a semana estivemos elaborando os disfraces nas aulas...
A xornada comezou cunha merenda, xa tradicional na celebración do Entroido en Seixo. Este ano non puido ser compartida pero nós desfrutámola moito igualmente... Mirade!
Gracias familias por toda a vosa colaboración e empeño en que trouxeran sobremesas típicas destes días!
Antes de desfilar polo cole fixémonos unhas fotos de grupo. Deixámosvolas por aquí para que as poidades ver.
Este ano o desfile foi moi moi diferente ao de outras ocasións. Tíñamos moita ilusión en que esta situación cambiara pero non puido ser. Non quixemos deixar de desfilar porque así, agora, dende as casas, podédesnos ver con máis calma...
Para rematar o día, cada un puido xogar no patio (na súa quenda) e desfrutar desta festa tan especial...
Desfrutade destes días e pasádeo moi moi ben rapaces!
Todos os profes do cole desexámosvos un...
FELIZ ENTROIDO!!!

sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Moi bos días!
Dende o cole de Seixo hoxe queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e feliz...
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Este ano, gracias a una iniciativa de 
participamos nunha actividade conxunta, de moreas de coles de Galicia, na que cada quen presentou a súa radio. En Seixo...
Foi unha visita moi agradable a que me fixeron Mateo, Daniela, Antía, Fran e Carla Rosales de 6º de primaria. 
Eles foron os encargados de gravar o podcast que representará ao noso cole...

No audio poderedes escoitar as ideas que xurdiron do alumnado do cole para dar a coñecer a nosa VOZ DE ARNALDO, a radio do cole de Seixo, a radio de toda a comunidade educativa, a radio de todas e todos.
Por aquí volo deixamos!

xoves, 11 de febreiro de 2021

CONTAMOS UN CONTO?

 A quen no lle gusta que lle conten un conto? 

No cole contamos moitos contos! A Arnaldo tamén lle gusta moito escoitalos.

Os contos estimulan a imaxinación e a creatividade,


exercitan a atención e a memoria,


enriquecen o noso vocabulario e estimulan o desenvolvemento da linguaxe


e fomentan a escoita activa facilitando así a comunicación.


Así que, nunca deixedes de contar un conto!!

MANDADIÑO VENRES

Un ano máis o MANDADIÑO chega ao seu fin! 
E para mañá VENRES...

ENTROIDO TOTAL!!!

Por aquí vos deixamos algunha fotiño de cómo está indo este Mandadiño!

Preparádevos para desfrutar e vivir un día moi especial!

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Dende o ano 2015, o 11 de febreiro, celebrase internacionalmente o “Día da muller e a nena na ciencia”. Este día instaurouse para rematar coa desigualdade de xénero que se pode ver neste ambito.

Imaxe de Pakolas (premendo nela iredes directos ao seu último traballo)

Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que as mulleres e as nenas xogan na ciencia, co obxectivo de promover a súa participación plena e equitativa. A desigualdade non está nas nenas: a elas encántalles a ciencia e moitas teñen vocacións científicas, máis que os nenos segundo din as estadísticas, pero a medida que se incorporan ao mundo laboral, van aparecendo as desigualdades... como noutros ámbitos. 


Onte mesmo, a Real Academia Galega de Ciencias anunciou o recoñecemento de Jimena Fernández de la Vega (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) como Científica do ano 2021. Desde o ano 2008 que se outorga este recoñecemento, de la Vega é a segunda muller homenaxeada, despois da oceanógrafa Ángeles Alvariño (no 2015).


Compartimos este vídeo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da universidade da Coruña, para celebrar este día co alumnado de primaria. Nel participaron investigadoras da universidade para dar a coñecer, dun xeito sinxelo e próximo, a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas moi interesantes.
Algúns xa o viron en clase... podedes velo en familia, proximamente seguiremos traballando con el.

 

Para as familias deixámosvos un artigo moi interesante sobre este tema, da divulgadora galega Deborah García. Podedes acceder a el premendo AQUÍ

mércores, 10 de febreiro de 2021

MANDADIÑO XOVES

Continuamos co MANDADIÑO!
E para mañá XOVES...!
O XOVES NON TE ESQUEZAS
DE LEVAR ALGO NA CABEZA
O noso MANDADIÑO escolleu esta opción, mirade, mirade!
Mirade as nenas e nenos de segundo, desfrutando da semana de entroido!

martes, 9 de febreiro de 2021

MANDADIÑO MÉRCORES

Continuamos coa semana do MANDADIÑO!
E para este MÉRCORES...
O MÉRCORES PARA NOS ANIMAR...
DE RAIAS, LUNARES OU FLORES
VESTID@ VIRÁS
Para ir dando ideas... Mirade que look!
Animádevos!

luns, 8 de febreiro de 2021

MANDADIÑO MARTES

Continuamos coa semana do MANDADIÑO!
E para este martes...

O MARTES PARA CONTINUAR
CAMISETA DO REVÉS DEBES LEVAR

Animádevos todas e todos a participar!
Mirade que guapas e guapos andiveron hoxe os nenos polo cole!!!

venres, 5 de febreiro de 2021

MANDADIÑO

Moi boas amiguiños!
Que alegría! Un ano máis achégase a semana grande do Entroido no Cole De Seixo...
O vindeiro VENRES 12 de febreiro será o día reservado para a gran festa. No seguinte enlace podedes ver todo a información das actividades que se van a facer...
Pero prestade moita atención porque para este luns comezan as ordes do Mandadiño!
Para este LUNS...

Estou desexando que sexa luns para vervos a todas e todos con eses modeliños de calcetíns...
Eu xa estou preparado!!!

CALENDARIO 2021

Aínda que 2021 se presenta como un ano diferente, non podíamos deixar de facer o calendario do cole que nos acompañará durante 365 días e no que esperamos ir apuntando cada día mellores novas.
Este curso non deixaremos as máscaras, nin o lavado de mans... escoitaremos falar seguido de vacinas, dos sanitarios... e tamén pensaremos na saúde emocional e nas formas en que podemos levar mellor este momento.


Por iso pensamos que o tema ideal para o PDI deste curso é a saúde, e ese é o tema do calendario de 2021 que quedou moi chulo, verdade?.
Cada clase encargouse de ilustrar un mes co tema elixido para traballar na súa aula.


Mirade aos nenos e nenas de 4º que xa desfrutaron vendo as obras de arte de todos os compis



 
Algunhas clases traballarán con eles no cole, pero outros levárono para casa. Agardamos que sexan prácticos e útiles no día a día... xa nos contaredes: desexamos que vos gusten!!