martes, 30 de abril de 2019

AS AFECCIÓNS DO NOSO ALUMNADO

Amiguiños! Hoxe quero compartir con vós a visita en A VOZ DE ARNALDO de Mateo, alumno de 4º primaria do noso cole, para facer un programa no que nos conta e nos fala da súa afección.
Sabedes cal é? Sabedes o que lle gusta facer a Mateo no seu tempo libre? Pois non vos perdades detalle na entrevista que colgamos a continuación. Descubriredes o seu gusto pola música e a súa afección!
Deixámosvos algunha pista...



Esoitade, escoitade!
Animámosvos a todos os que o desexedes a compartir en A VOZ DE ARNALDO as vosas afeccións!

luns, 29 de abril de 2019

CONTÁMOSVOS UN CONTO?

As nenas e nenos de 4 anos de Infantil estivemos preparando o conto "Imos cazar un oso" (Kalandaraka) para contarllo aos nosos compis de 1º de primaria...
Nunha das actividades organizadas en torno á semana do libro poidemos desfrutar todos xuntos deste conto...
Foi unha hora de lectura moi especial NO PATIO DOS NOSOS SOÑOS!
Deixámovos por aquí un pequeno vídeo desta sesión de animación á lectura:
Pasámolo moi ben!

BIBLIO PATIO

Hoxe estreamos a... BIBLIO PATIO!!!
Nunha das últimas actividades organizadas en torno á SEMANA DO LIBRO, atopábase a inauguración da BIBLIO PATIO.
Unha realidade a partir de hoxe, en O PATIO DOS NOSO SOÑOS o PDI deste ano do noso cole que xa conta cunha nova sección.
Animádevos a participar! Estará funcionando todos os días que faga bo tempo!!!




ESTUDIOS TV ARNALDO

Moi bos días!
Hoxe queremos facernos eco dunha actividade organizada polo alumnado de 5º de primaria. 
O primeiro programa de TV "ESTUDIOS ARNALDO" en torno a actividade A POESÍA NA NOSA LINGUA.
Picade na imaxe para saber máis!

venres, 26 de abril de 2019

CONTANDO CONTOS... "XUNTOS"

Moi bos días a todos!
Hoxe, os máis pequeniños do cole, tivemos a sorte de poder participar nunha actividade moi fermosa para rematar a semana do libro.
Óscar e Sandra viñeron á nosa biblio para compartir con nós unha sesión de contacontos moi especial.
Desfrutamos moito e pasámolo moi ben!


Queremos compartir con vós este vídeo que fala un pouqiño da Síndrome de Down...
 
Estámoslles moi agradecidos a DOWN PONTEVEDRA "XUNTOS" por organizar actividades coma estas e querer compartilas con nós.
Deixámosvos, por aquí, un anaquiño dos contos inclusivos e pola diversidade dos que poidemos desfrutar...
Gracias Sandra e Óscar por visitar a casa de Arnaldo, a nosa Biblio!!!

xoves, 25 de abril de 2019

O FALADOIRO DE ARNALDO: OS PETROGLIFOS DE MOGOR


O programa de, A VOZ DE ARNALDO, que nos axuda a conservar a nosa historia, que nos achega á cultura da nosa vila e ao folclore da nosa terra.

Este segundo programa queremos adicarllo aos PETROGLIFOS DE MOGOR
Trátase do arte rupestre máis reproducido e analizado de toda Galicia. Debuxos gravados nas rocas da época do Neolítico que se atopan na barriada de Mogor, unha das parroquias do noso concello de Marín.
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo feito coas imaxes realizadas por Marcela de 6º de primaria:

Animádesvos a debuxar un? É moi sinxelo! Mirade o seguinte vídeo que nos preparou Manuela de 3º de primaria e descubriredes o xeito de poder transportarvos á época do Neolítico e debuxar Petroglifos:

Por último, compartimos, o programa de radio que se levou a cabo co alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria, dirixido polo profe Tano, e que vai participar na primeira modalidade deste I CONCURSO DE PODCASTS:

O FALADOIRO DE ARNALDO: CÉSAR LOUREIRO

Con motivo da participación do noso cole no I CONCURSO DE PODCASTS nace esta nova sección na VOZ DE ARNALDO.

O programa que nos axuda a conservar a nosa historia, que nos achega á cultura da nosa vila e ao folclore da nosa terra.

Un faladoiro que, tendo en conta a Antón Fraguas (homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2019) senlleiro estudoso da nosa cultura e da nosa terra, falará do patrimonio material e inmaterial galego e máis concretamente da nosa contorna máis próxima.
Así, este primeiro programa, desta sección, queremos adicarllo a CÉSAR LOUREIRO...
afamado luthier de zanfonas do noso Concello de Marín (SANTOMÉ DE PIÑEIRO).
Deixámosvos, a continuación, o programa de radio que se levou a cabo co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, dirixido pola Profe Fátima, e que vai participar na segunda modalidade deste I CONCURSO DE PODCASTS:

mércores, 24 de abril de 2019

LIBROS PARA LEVAR SEN VOLTA

Boas amiguiños!
Continuando coas actividades en torno á celebración do DÍA DO LIBRO hoxe ponse en marcha no noso cole...

LIBROS PARA LEVAR SEN VOLTA!
Unha iniciativa que parte do Equipo de Biblioteca para que todos os días, á saída, poidades pasar por este recuncho e levar para a casa os libros que desexedes e o máis importante.... 
SON SEN VOLTA!

Que mellor forma de compartir os libros máis velliños e xubilados da nosa Biblio que con todos e todas vós!

E para vós, mamis, papis e familias, estade atentos porque tamén haberá libros!!!

martes, 23 de abril de 2019

TI + EU = UN LIBRO (DÍA DO LIBRO 2019)

E chegou un ano máis, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, fixemos o apadriñamento lector. Unha xornada e actividade moi especial que, non por facela todos os cursos, deixa de selo!
Os nenos e nenas de 6º, 5º, 4º e 3º pasaron pola Biblioteca para esoller un libro...

Eles ían ser os encargados de ler por iso levaron o seu conto para poder practicalo e compartilo despois cos compañeiros dos cursos mais pequenos...


O mal tempo non nos permitiu ler ao aire libre, pero espallados por todo o ximnasio e corredores do cole, disfrutamos de moitos contos!

Por aquí vos deixamos un vídeo cunha morea de imaxes que sen dúbida amosan que...

 A LECTURA COMPARTIDA É MARABILLOSA!

martes, 9 de abril de 2019

GAGO DE MENDOZA

Os nenos e nenas de 6º de primaria acaban de recibir un cómic, elaborado polo Concello de Marín, moi especial:

Seguramente a maioría de vós coñecedes o feito histórico da liberación de Marín, acontecido o día 4 de abril de 1809, e protagonizado polas alarmas do Morrazo, capitaneadas polo heroe marinense JUAN GAGO DE MENDOZA.
A intención deste cómic é que nos acheguemos á vida de Juan Gago de Mendoza, corsario, guerrileiro e caudillo, que ten unha rúa en SEIXO.
Dende fai algúns anos, no Concello, ademais do día 4 de abril tamén se celebra unha festa corsaria, no verán, coa intención de dar a coñecer a este personaxe, que é parte importante da historia da nosa vila.
Para todos aqueles que o desexedes, poderedes atopar, na casa de Arnaldo, un exemplar para poder ler este cómic tan interesante.

xoves, 4 de abril de 2019

CAMIÑO HISTÓRICO DO MOVEMENTO COLECTIVO FEMININO

Olaaaaa!
Chegou ao noso cole a EXPOSICIÓN ITINERANTE: "Camiño histórico do movemento colectivo feminino" para quedar en Seixo ata o vindeiro venres día 12 de abril.
Unha das actividades que estaban pendentes relacionadas co 8-M: Día Internacional da Muller. 
Trátase de 6 murais da ONU MULLERES adaptados polo Concello de Marín, que recollen hitos, historias e información da vida cotiá que deron forma aos dereitos e as vidas das mulleres e nenas de todo o mundo. 





Xa está a disposición de todos aqueles que queirades pasar a ollala. Atópase no descanso da entrada de Infantil de 4 anos.
Desfrutádea moito e a seguir aprendendo moitas cousas!
E para vós tamén familias!!! Todos e todas aquelas que queirades pasar polo cole par botarlle unha ollada non o dubidedes!
Poderedes facelo o vindeiro Martes pola tarde. Animádevos!

mércores, 3 de abril de 2019

A AVESPA VELUTINA

No día de hoxe as nenas e nenos de 3º e 5º de primaria vimos de participar nunha charla formativa sobre A AVESPA VELUTINA.
O encargado foi Sergio, o papá de Noelia da clase de 3º.
Aprendemos moitísimas cousas sobre este insecto.
Queremos compartir con vós información que nos facilitaron a través da Asociación DEPOLGAL:


Tamén aprendemos a construír trampas artesanais para capturar avespas velutinas:
E fixemos a mestura para atraelas que se coloca no fondo das trampas:
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo da nosa participación nesta actividade:


Grazas a ti Sergio e a Asociación DEPOLGAL por ter compartido con nós esta mañá de formación. Quedamos encantados!