Amosando publicacións coa etiqueta vacacions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vacacions. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2026

DESPEDIDA DO 2º TRIMESTRE

E como xa ven sendo costume todas as nenas e nenos, xunto cos nosos profes, saimos a facer unha ruta de senderismo pola contorna do cole para despedir o trimestre...
Aproveitando o día de sol comezamos a ruta. Os maiores do cole sempre acompañan aos máis pequenos e así pasámolo mellor e desfrutamos moitísimo...
E pouqiño a pouco... 
 
Fomos chegando á nos primeira parada na que fixemos un pequeno descanso...
E desfrutamos das vistas... 
Tocaba voltar ao cole así que comezamos de novo a marcha...
Unha deliciosa merenda estaba agardando por nós...
Desfrutamos un montón e despedimos como se merece este 2º trimestre...
Felices Vacacións de Semana Santa!

mércores, 30 de xuño de 2021

HORARIO PARA O MES DE XULLO

Moi boas familias!
Por aquí vos deixamos o horario do centro e o teléfono de atención durante o mes de xullo...
EN AGOSTO...
PECHADO POR VACACIÓNS!!!

venres, 3 de abril de 2020

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa que rematan o 13 de abril (incluído).
Estes días non ides ter propostas de traballo. 

Podedes ler, escribir (contos, poemas, cartas, diario...) pintar, cociñar, cantar, bailar, xogar, descansar... o que vos apeteza!!! 

Pero se algún día vos aburrides moito, aquí vos deixamos unha canción.
E unhas propostas de actividades moi moi chulis!
- CIRQUE DE SOLEIL: Hoxe, venres 3 de abril, ás 21:00 horas podedes ver un especial do Circo do Sol.

- Este sábado, 4 de abril, podedes ver en directo...


Gozade das vacacións! 
Moito ánimo! Biquiños e apertas!