Amosando publicacións coa etiqueta murais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta murais. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de xuño de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE!

Ola a todos e a todas,
Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente.

Sabedes por que se celebra hoxe? Enlazado con noso Pdi, Iván de terceiro explícanolo nun vídeo. Mirade!
A clase de cuarto de primaria, encargouse de recordarnos esta conmemoración facendo este mural onde nos explican a regra das 3Rs.

Na clase de inglés tamén estamos traballando sobre o mesmo tema porque nos parece moi importante. Aquí podedes ver a canción que estamos traballando. Fala do noso planeta e da necesidade de colaborar todos para coidalo e protexelo.
Ilustramos a canción...

Cantamos e bailamos...

E xogamos....  Xogar sempre nos encanta! E se o facemos aprendendo  o vocabulario sobre o que se pode facer para coidar o noso planeta... Aínda mellor!!

luns, 31 de maio de 2021

ELAS

Rematamos "Maio das Letras" con unha actividade sobre mulleres galegas.
Durante este curso estamos moi implicados coa "Igualdade" así que investigamos sobre os Premios das Letras Galegas para atopar aquelas que foron as premiadas.
Cando buscamos información na biblioteca atopamos a colección dos Bolechas. Estes libros e os seus debuxos foron o punto de partida do noso proxecto.
Traballamos moito pero estamos moi contentos co noso mural.

Aprendemos moitos datos e pasámolo moi ben sobre todo cando ensaiamos a presentación. Neste vídeo pódese ver como preparamos todo.
Como este curso non podemos compartir con vos o noso traballo presencialmente, aquí vos queda a presentación gravada.
Esperemos que os guste porque nos deu moito traballo!!

martes, 25 de maio de 2021

XELAPALABRA!

Hoxe presentámosvos un taller que se levou a cabo hai uns días no noso cole con motivo da celebración das Letras Galegas arredor da figura de Xela Arias...
XELAPALABRA!
Un obradoiro que desfrutaron as nenas e nenos de 4º de primaria, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, levado a cabo por Jesús Castro Yáñez...
Por aquí vos deixamos unha montaxe da xornada!

mércores, 19 de maio de 2021

TRABALLO SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Hoxe queremos presentarvos un traballiño excepcional que veñen de facer as nenas e nenos de 3º de primaria da man da profe Paloma...
2 DE MAIO: DÍA DO ACOSO ESCOLAR
Con motivo desta celebración no calendario escolar, as nenas e nenos de 3º de primaria aproveitaron para investigar e elaborar numerosos materiais...
Non vos perdades o resultado final! Por aquí volo deixamos!
Noraboa rapaces por tan bo traballo e moitísimas gracias por compartilo!

EN GALEGO TAMÉN LEO

Moi boas! Hoxe queremos presentarvos esta actividade de animación á lectura, arredor de Xela Arias, que fixemos no cole con motivo das Letras Galegas 2021...
Unha actividade que se levou a cabo da man dos titores e dos especialistas, na que se respetaron os grupos burbulla...
Na hora de ler todos os cursos do cole, da man de Xela Arias, fixeron moreas de lecturas que ela nos deixou.
Por aquí vos deixamos unha fotiño dunha das exposicións e recuncho de lectura do cole...
E unha pequena montaxe para que vexades vós mesmos...

luns, 17 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Dende o Ceip de Seixo desexámosvos a todas e todos un moi feliz...
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
na memoria de...
XELA ARIAS
O alumnado voluntario de 1º a 5º de primaria levou a cabo unha actividade, arredor da biografía da homenaxeada, na que buscaron información e a gravaron en frases moi curtas na pizarra magnética...
Os máis pequenos pasaron pola exposición para escoitar o traballo...
Rematada a actividade fíxose unha montaxe en vídeo para darlle a coñecer a toda a comunidade educativa un pouqiño máis sobre XELA ARIAS. Por aquí vos deixamos a montaxe!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

sábado, 24 de abril de 2021

ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

Moi boas amiguiños!
Esta foi unha semana chea de actividades... Días atarefados con moitas propostas que vos iremos amosando ao longo destes días...
Unha semana na que todo xirou arredor dos libros e da celebración do pasado venres día 23 de abril...
A Biblioteca de Arnaldo, como non podía ser doutra forma... como centro de toda a actividade do cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo no que se amosa un anaquiño do traballo que fixemos: marcapáxinas, bibliopatio, roses for you!, eu propóñoche..., booktubers, o meu libro favorito, decoración das entradas, descrubrindo novos xogos...

sábado, 13 de marzo de 2021

MULLERES POLA SAÚDE

Hoxe presentámosvos a actividade principal en torno a que xirou o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa no noso cole.
Todas as nenas e nenos do cole transformámonos en periodistas de investigación científica...
Cando estamos a piques de cumplir un ano daquel confinamento que ía cambiar as nosas vidas... e non querendo esquecernos deste curso marcado polo coronavirus..., quixemos centrar as nosas investigacións en 9 mulleres que traballaron incansablemente pola nosa saúde...
Por aquí vos deixamos esta montaxe... Que a disfrutedes tanto como o fixemos nós preparándoa!

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

No Cole de Seixo queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e...
FELIZ DÍA DA MULLER!
Arredor desta data e nunha das actividades organizadas polo noso Concello de Marín estivemos dándolle á cabeciña para buscar un lema do noso banco. O resultado xa o podedes comprobar vós mesmos...
SOMOS IGUAIS, 
SOMOS AMIGOS E AMIGAS
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe con todos os grupos do cole arredor del... buscarémoslle un lugar privilexiado no patio dos nosos soños...
Noutra actividade pola igualdade e grazas a PEDRO BRANDARIZ CONTA CONTOS...
desfrutamos dunhas historias moi divertidas...
a igualdade nos contos a través das adaptacións en galego de...
"UN FANTASMA EN APUROS"
"CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO"
Por aquí vos deixamos unha pequena montaxe desta actividade...

mércores, 24 de febreiro de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe estamos moi contentos de poder celebrar o...
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis quixemos celebrar esta data dunha forma diferente e agora estamos encantados de compartilo con vós.
Como o lema das Bibliotecas deste ano é XEOGRAFÍAS LECTORAS, debuxamos un mapa de Galicia e buscamos Santiago de Compostela, lugar de nacemento de Rosalía.
Buscamos ilustracións dela, unha por cada aula na que cada un de nós pegou unha caricatura da homenaxeada.
Diante do mural estivemos recintando poesías.
Mirade a seguinte montaxe de todo o proceso...
Estade atentos axiña colgaremos as gravacións cos recitados das poesías elixidas e subiremos un códigos QR moi molóns!
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

luns, 1 de febreiro de 2021

MULLERES POLA PAZ

Queremos compartir con todas e todos vós un proxecto que se levou a cabo no cole con motivo do...
DÍA DA PAZ
Botando man do lema das Bibliotecas Escolares para este curso comezouse un proxecto no centro que enlaza con diferentes actividades propostas para desenvolver durante o que queda de curso.
Pouquiño apouco iremosvos ensinando os avances...
Por aquí vos deixamos un vídeo da tarefa...

xoves, 24 de outubro de 2019

EU RECOMÉNDOCHE: DÍA DAS BIBLIOTECAS

A actividade central do DÍA DAS BIBLIOTECAS deste ano no noso cole xirou arredor dunha inicitiva que levou por nome...
"EU RECOMÉNDOCHE"
Todos os nenos e nenas compuxeron un mural xigante, que expuxemos no no ximnasio do cole, no que cada un achegou a súa recomendación lectora preferida...
O resultado foi magnífico... cunha diversidade de lecturas moi grande! 
Un mural dunha riqueza infinita que da boa conta do lema das bibliotecas deste curso: VIVEIRO DE CIDADANÍA!
Deixámosvos por aquí unhas cantas fotiños para abrirvos o apetito lector!



Verdade que entran ganas de comezar a ler e ler máis e máis libros?
Desmontarémolo para crear un libro con todas as recomendacións. Poderedes velo na biblio!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende o 
CEIP SEIXO e AS PEGADAS DE ARNALDO... queremos desexarvos....