sábado, 30 de xaneiro de 2021

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Bo día!
Hoxe queremos compartir con vós un traballo enorme que estiveron facendo as nosas nenas e nenos ao longo desta semana!
Moito traballaron!
Este ano non se puideron facer actividades como noutras ocasións pero cada un dende a súa clase puido desfrutar e celebrar a Semana Pola Paz...
Unha semana de curtas, de conversas moi interesantes, de actividades plásticas, búsqueda de información sobre mulleres que traballaron ao longo da súa vida pola paz...
En fin... de pequenos proxectos que se xuntaron porque xuntos podemos construír a paz!
Por aquí vos deixamos un par de vídeos para que poidades ver vós mesmos os resultados!

venres, 29 de xaneiro de 2021

NOVIDADES

Ola a todos e a todas,
Estou muy contento porque teño moitas novidades



Os andeis  da biblio están cheos de libros esperando a ser elixidos!!!




Non esquezades  botarlles unha ollada!!!

domingo, 24 de xaneiro de 2021

FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!

Moi bos días a todas e todos!
Hoxe queremos celebrar con vós un día moi especial e por iso vos dicimos...
FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!
Unha festividade na que queremos compartir unha chulada de traballo que levaron a cabo as nenas e nenos de 2º de primaria coa axuda da súa titora Yaiza e da teacher Fátima.
Coa axuda de Arnaldo buscaron libros na biblio para ter a información necesaria coa que elaborar o traballo que vos imos presentar...
Fixeron un cartel e un puzzle no que lle deron cor á nosa protagonista: MALALA e cubriron unha ficha moi interesante de investigación.
Entre as súas mensaxes elixiron as que estaban máis relacionadas coa educación...

E como resultado final do seu traballo grabaron este vídeo... Mirade que bonito!!!
Noraboa rapaces!!!
Comezamos así a Semana Pola Paz no Cole de Seixo!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

NOVO XOGO NA BIBLIO

Ola amigos,
Sabedes que temos un novo xogo na biblioteca?
Chámase GIANT OCTO PLAY

Pódese xogar seguindo as plantillas que veñen co xogo
Pero tamén se pode xogar libremente, pondo a traballar a túa imaxinación e creatividade.
Qué ben o ides a pasar no patio con este xogo!!
Seguro que estades desexando  xogar con el!!!

xoves, 14 de xaneiro de 2021

DOSSIER DE XOGOS!

Ola a todos!
Xa tendes na biblioteca un dossier de xogos. Un documento onde mestres e alumnos podedes comprobar que xogos hai na biblioteca.

Nas súas páxinas encontramos información detallada: instruccións de xogo e capacidades que desenvolve .