Amosando publicacións coa etiqueta patio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patio. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de xuño de 2024

BIBLIO PATIO

No cole disfrutamos moito do patio e tratamos de aproveitar todo aquilo que nos ofrece: os xogos, os campeonatos, as merendas, a carreira da paz, a horta, as árbores froiteiras, as flores, os bechos e moito máis. Sempre estamos a argallar algunha actividade no patio dos nosos soños.

xoves, 2 de maio de 2024

BOTAS VELLAS CHEAS DE VIDA

Este curso celebramos o día das bibliotecas con Anxo Moure, coñecido, entre outras cousas, por dar vida a botas vellas plantando árbores nelas. Con Anxo comezamos a nosa plantación (podedes recordalo premendo AQUÍ). Agora, nos obradoiros do recreo, recibimos a primavera plantando flores nas botas vellas que trouxemos. Seguimos enchendo Seixo de vida... e poñendo o cole aínda máis bonito!
 

sábado, 17 de xuño de 2023

TEMOS UN PATIO QUE É UNHA MARABILLA!

Atopamos un video, dun día calquera, no patio de Seixo, verdade que é unha delicia?


Os peques queren compartir este vídeo de outra zona do patio e do cespede novo, o do porche, que foi unha ideaza para desfrutar, aínda máis, do espazo exterior.
 

sábado, 22 de outubro de 2022

AGRADECIDOS POLO NOSO PATIO

Calquera día é bo para recordar que temos un tesouro no cole: o noso patio. Nel podemos dar clase, traballar, xogar, facer asembleas, subir ás árbores, coller froita, regar as flores, limpar, plantar, facer pícnic, ler contos, construír, escavar, e un longo etc.... que afortunados somos!!!

 

mércores, 12 de outubro de 2022

FELIZ DÍA DOS HORTOS ESCOLARES

O día 11 de outubro é o día dos hortos escolares, e non podíamos deixar pasar esta conmemoración sen presumir de horto, porque estamos moi orgullosos do noso e seguiremos R QUE R coidándoo e traballando nel.
Agora estamos recollendo a colleita do curso pasado e non podemos estar máis ilusionados: cenorias, tomates, pementos, fresas... e comezamos a preparar todo para seguir aproveitando ao máximo todos os bancais.
Feliz día dos hortos escolares! Pasade a coñecer o noso porque é unha marabilla!

mércores, 29 de xuño de 2022

I TORNEO DEPORTIVO NO RECREO

Este ano, con motivo do 50 aniversario, recordamos moitas tradicións do cole e intentamos rememorar algunhas. Durante moitos anos no cole participouse en torneos deportivos, por iso unha sección da exposición estivo dedicada aos deportes. Equipamentos, fotos de equipo, trofeos e medallas, diplomas, elementos de xogo, mooooitas fotos... un recuncho deportivo cheo de historia e recordos.

Por iso este curso puxemos en marcha o I TORNEO DEPORTIVO NO RECREO, que ademais foi estupendo para celebrar que xa podiamos xuntarnos nos recreos.
 

Os peques tiveron o seu campionato particular, e todos o pasamos pipa animándoos: son os mellores!!

 
 
O alumnado de primaria xogou, por cursos, 3 campionatos: brilé, fútbol e baloncesto.
 
   

Despois de varios días de campionato chegaron as finais, que todos vivimos con moita emoción: xogando ou animando.
  
   

E como todo campionato que se prece, chegou o día da entrega de trofeos, que emoción!

   

A emoción foi maior cando nos enteramos que todos tiñamos premio por ter participado e desfrutado do campionato: todos levamos unha medalla moooi especial!

   

Aínda que a emoción máxima chegou no partido dos maiores, os de 6º, contra os profes... caaaanto rimos! 
Queredes saber quen gañou??? mirade, mirade....

  

O ano que ven... máis e mellor!!

sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

venres, 27 de maio de 2022

FELICIDADE!

Despois de algo máis de dous anos... mellor mirade o vídeo, porque non hai nada máis que engadir!!! 

xoves, 22 de abril de 2021

NO COLE ESTAMOS DE ESTREA: UN HOTEL DE BECHOS!

Hai xa uns días que no patio do Ceip de Seixo estivemos de estrea! Por fin xa podemos desfrutar no patio dos nosos soños...
DUN HOTEL DE BECHOS!
Unha aportación da nosa ANPA ABELENDOS a quen, unha vez máis lles estamos moi agradecidos pola súas colaboracións...
Moitísimas gracias en especial a ti JACOB, papá de Nerea de 4º de primaria e Iago de 6º de primaria. Menuda chulada de Hotel, imos desfrutar moitísimo! Estamos deseosos de ver moitos hóspedes nel.
Graciñas!

venres, 26 de marzo de 2021

TRAMPAS PARA VESPAS VELUTINAS

Para rematar este primeiro trimestre, e guiados polas profes Natalia e Graciela, xuntámonos todos no patio para deixar preparadas as trampas das vespas velutinas que colgan das árbores do noso cole...
Nas aulas estivemos traballando sobre este mundo...
Picando na seguinte imaxe poderedes ver a información que estivemos manipulando e investigando...
Tamén vos deixamos por aquí un par de vídeos que miramos...
O mundo da vespa velutina
Os ataques das vespas asiáticas ás colmeas
Na seguinte imaxe ides poder comprobar a diferencia entre unha vespa local e unha vespa asiática.
Estivemos construíndo trampas caseiras e tamén reciclamos as que xa tiñamos construídas no noso cole. Por se vos resulta de interese, por aquí vos deixamos os pasos para que quen queira poida montar a súa propia...
Tamén fixemos a receita máxica que hai que botar no interior das trampas. Por aquí vos deixamos un par delas...
Por último tamén aprendemos onde colocar as trampas e como facelo da mellor forma...
Por aquí vos deixamos unha montaxe final de toda esta xornada...

xoves, 22 de outubro de 2020

VIVA O OUTONO NO PATIO!

Chegou o outono e os de 1º estamos felices porque temos un montón de meses para desfrutar esta bonita estación no noso marabilloso patio!






mércores, 4 de marzo de 2020

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

Continuamos cos programas de música adicada!
Hoxe foi o turno de Ada e Manuel de 6º de primaria. Eles foron os encargados de dirixir o programa...
Un día máis puidemos desfrutar das dedicatorias musicais mentres o pasamos estupendamente no patio dos nosos soños...
Por aquí vos deixamos o 7º PROGRAMA...

Co profe Tano un día máis aos mandos...
EN A VOZ DE ARNALDO...

ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

luns, 2 de marzo de 2020

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

Continuamos cos programas de música adicada!
Hoxe foi o turno de Hugo e Iago de 5º de primaria. Eles foron os encargados de dirixir o programa...
Un día máis puidemos desfrutar ds dedicatorias musicais mentres o pasamos estupendamente no patio dos nosos soños...
Por aquí vos deixamos o 6º PROGRAMA...

EN A VOZ DE ARNALDO...
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

xoves, 20 de febreiro de 2020

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI

Continuamos cos programas de música adicada!
Deixámosvos, por aquí, o 5º programa...
Mañá venres non se emitirá pola festa do Entroido!
EN A VOZ DE ARNALDO...

ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

mércores, 19 de febreiro de 2020

martes, 18 de febreiro de 2020

venres, 14 de febreiro de 2020

xoves, 13 de febreiro de 2020

FELIZ DÍA DA RADIO

E por fin chegou o día máis agardado e puidemos celebrar por todo o alto este día...
Con moitísima expectación comezou no día de hoxe a emitirse en directo A VOZ DE ARNALDO cuns programas moi especiais nos que todos os nenos e nenas se poden adicar cancións uns aos outros...
Pese ao mal tempo intermitente as ganas de escoitar a nosa radio en directo eran tan grandes que ninguén se puido resistir a saír a bailar..

E mentras tanto na radio... tamén o estaban pasando moi ben... poñendo músicas e presentando... mirade este vídeo!
Ímosvos deixar a continuación co 1º programa de...

Para rematar tranquilizar a todos os oíntes deste espazo... Foi tan grande a demanda que....
o buzón botaba pola boca moreas e moreas de cancións coas que todos quixéstedes participar. Por iso queremos anunciar que o programa "Teño unha canción para ti" continuará emitíndose en directo ata que se escoiten todas as demandas.
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO!

luns, 8 de outubro de 2018

AS ÁRBORES DO COLE

Seguimos recordando actividades do curso pasado, algunhas daa cales, coma esta, non serían posibles sen a colaboración das familias.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita de Uxía, a mamá de Lúa e Fuco.
Ela sabe moito de árbores, de plantas... é unha amante da natureza que o contaxía en todo o que di.
Ensinounos as árbores do cole aproveitando que temos un patio precioso e moi variado. Nos fixamos especialmente nas follas que son moi diferentes. Con moito coidado fixemos unha recollida de follas diferentes que despois clasificamos, debuxamos e identificamos a que árbore pertencían. Ademais aprendermos a secar as follas para facer un herbario. 
Grazas Uxía, unha vez máis, por compartir tantas cousas interesantes con nós.
Somos moi afortunados coas familias que temos... e nos encanta aprender cousas novas, así que animádevos: estades todos convidados a visitarnos!!

 

luns, 22 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (3ª PARTE)

O traballo conxunto dos 142 alumnos e alumnas do cole, coa axuda dos mestres e de Esteban, de Tarabelos, está rematado. 
Se non sabedes como chegamos ata aquí tendes que velo, porque as fotos que veredes a continuación son o resultado dunha marabillosa fórmula: contos + arte + traballo colaborativo. 

Premede en cada unha das fases para saber como chegamos ata aquí: 




Non podemos esquecernos de dar moitísias gracias a Tarabelos: títeres e contacontos pola sua axuda e implicación dende o primeiro ata o último día... e grazas pola paciencia e simpatía con todos os peques que día tras día seguiron o teu traballo mooooi de cerca! 
Un acerto contar coa axuda de Esteban, sen dúbida Tarabelos tamén é o resultado dunha fórmula marabillosa = contos + arte + moito amor! 





















Esperamos que desfrutárades destas fotos que so mostran un pouquiño o precioso que quedou o muro... o mellor é que vos acheguedes a velo en directo. 
Esforzámonos un montón por facelo o mellor posible para que, durante un montón de anos, todo o alumnado de Seixo desfrute del: fainos moita ilusión pensar que o veremos cando sexamos maiores!