Amosando publicacións coa etiqueta Tarabelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarabelos. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2026

ARNALDO REMATA AS SÚAS VIAXES CON MOITO ARTE

As viaxes de Arnaldo non podían rematar mellor que percorrendo Seixo, todas as parroquias e lugares que pertencen ao noso cole, e que quixemos deixar inmortalizadas no patio.

Coa axuda de Esteban, de Tarabelos, todos os nenos e nenas fixemos un enooooorme mural. En pequenos grupos, con idades mesturadas para axudarnos uns a outros, fomos enchendo de cores e de significado o muro máis grande do patio. Neste vídeo veredes un minuto de traballo, pero pasamos horas pintando con moito esforzo e ilusión. 


Este mural, no que Arnaldo percorre Seixo, fai aínda máis bonito o noso patio! Que emoción deixar as nosas pegadas nun debuxo tan especial! Seixo, Aguete, Campo, Ruanova, Santomé.... busca onde vives a ver se o atopas!!!


Aquí tendes á tropa de artistas e protagonistas do programa ArtLab deste curso.


Recordade que no mural só están reflectidas as parroquias e lugares que pertencen á área de influencia do cole... meter todo sería imposible!

venres, 17 de abril de 2026

DEBULENDO LENDAS

As nenas e nenos do Cole de Seixo, dan man do Programa LEO LAB, tivemos a oportunidade de desfrutar no día de hoxe de TARABELOS que trouxo para nós o espectáculo...

DEBULENDO LENDAS

Recollendo a técnica centenaria do Kamishibai xaponés
TARABELOS ofreceunos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se puido ver, tocar, manipular, vestir...
Pero, que é iso de "debuler"? 
Cando un debuxa o que le, entón "debule", e nesta contada Esteban fixo que debuxemos xuntos e que descubramos o valor das lendas. 

Lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega; o valor para loitar pola vida; o valor da axuda dada e recibida; o valor de coñecer antes de deixarse levar polas faladurías; o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles; 
o valor e a coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada.
Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos "debuler".

mércores, 1 de xuño de 2022

SACHACONTOS

Dentro do programa de bibliotecas creativas, todas as clases, de 3 anos a 6º, fixemos un obradoiro de creación de contos: SACHACONTOS.
 

Sachacontos, é unha xuntanza de miolos compartindo ideas e ocorrencias... un obradoiro de creación de contos frescos, nunca contados, nunca escoitados...


Esteban de Tarabelos pasou uns días con nós sachando contos. Xuntos xogamos coas historias e cos personaxes.
 

Todos imaxinamos, todos xogamos, todos creamos... e fixémolo sen preocuparnos do resultado, que foi único e especial.



Foi un obradoiro totalmente baseado na imaxinación, na improvisación e no traballo cooperativo.



Compartimos, relacionámonos, buscamos explicación ó inexplicable, desinhibímonos, rimos xuntos, aprendemos novas palabras, adestramos a nosa imaxinación, fixémonos creadores...
 

Do tempo que pasamos sachando contos saíron contos creados, rematados ou sen rematar, ideas tolas, mentes abertas... e saímos de alí con ansia de seguir creando.


E recibimos o noso título de sachacontos, co compromiso de seguir usando o sacho da imaxinación!


Nestes vídeos veredes, un pouquiño do moito que fixemos en cada grupo:

 3 anos sachando contos:

4 anos sachando contos:

5 anos sachando contos:

1º e 3º sachando contos:

2º sachando contos:

4º sachando contos:

5º sachando contos:

6º sachando contos:

venres, 14 de maio de 2021

TARABELOS E... O TRAXE NOVO DO REI

Esta semana tivemos a enorme oportunidade de desfrutar dun Contacontos moi especial... de desfrutar con letras ben grandes de...
Nunha das actividades levadas a cabo arredor das Letras Galegas 2021 e no máis estricto dos protocolos COVID-19 Tarabelos visitou o noso cole para representar...
O TRAXE NOVO DO REI
Unhas sesións de contacontos por grupos na que o pasamos en grande da man de Esteban...
Por aquí vos deixamos unha pequeniña montaxe para que o comprobedes vós mesmos!
Por certo! Para todas e todos os que, por problemas de confinamento, non puidestedes participar, témosvos unha pequeniña sorpresa!
TARABELOS voltará ao cole para facer un pase especial para vós!
Gracias Esteban, gracias TARABELOS por facérnolo pasar, unha vez máis, infinitamente ben!
Ata outra!

sábado, 16 de maio de 2020

UN SEN SENTIDO

Moi bos días!
Para hoxe temos unha sorpresa moi grande! Somos uns afortunados!
TARABELOS ven de compartir un conto moi fermoso!!!
E xa que non podemos desfrutar del e das súas actuacións en directo, podemos facelo dende as nosas casas grazas a esta iniciativa.
Esteban, moi coñecido polo profesorado e o alumnado do cole por axudarnos en moitas cousas, comparte con nós un precioso e emocionante conto chegado do futuro! Un conto para pensar!
Dende a Biblio de Arnaldo e dende os equipos de EDLG e BIBLIO tan só podemos felicitar a Esteban, de TARABELOS, por tan magnífico traballo e convidarvos a escoitalo, porque estamos seguros de que vos vai encantar e a emocionar!
Podedes escoitalo premendo na imaxe, e se vos gusta tamén o podedes compartir!
GRAZAS ESTEBAN, 
GRAZAS TARABELOS!

luns, 22 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (3ª PARTE)

O traballo conxunto dos 142 alumnos e alumnas do cole, coa axuda dos mestres e de Esteban, de Tarabelos, está rematado. 
Se non sabedes como chegamos ata aquí tendes que velo, porque as fotos que veredes a continuación son o resultado dunha marabillosa fórmula: contos + arte + traballo colaborativo. 

Premede en cada unha das fases para saber como chegamos ata aquí: 




Non podemos esquecernos de dar moitísias gracias a Tarabelos: títeres e contacontos pola sua axuda e implicación dende o primeiro ata o último día... e grazas pola paciencia e simpatía con todos os peques que día tras día seguiron o teu traballo mooooi de cerca! 
Un acerto contar coa axuda de Esteban, sen dúbida Tarabelos tamén é o resultado dunha fórmula marabillosa = contos + arte + moito amor! 





















Esperamos que desfrutárades destas fotos que so mostran un pouquiño o precioso que quedou o muro... o mellor é que vos acheguedes a velo en directo. 
Esforzámonos un montón por facelo o mellor posible para que, durante un montón de anos, todo o alumnado de Seixo desfrute del: fainos moita ilusión pensar que o veremos cando sexamos maiores!

domingo, 21 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (2ª PARTE)

Estábamos desexando contar como foi a segunda fase do noso muro: un cadro cheo de contos e de arte que nos permitiu vivir unha semana do libro con moitas cores e momentos compartidos. 

Recordades a primeira fase? PODEDES VELA PREMENDO AQUÍ.



Entre máis de 140 fantásticos debuxos elexíronse algúns para o muro... era imposible metelos todos, pero todos eran fantásticos!. Esteban, de Tarabelos, encargouse de pasar os debuxos do alumnado ao muro... coa compañia e ánimo dos peques! 


O cole encheuse de cores que desfrutamos compartindo maiores con pequenos, alumnos con profes... emocionados con deixar unha pegada no cole que durará moitos anos! 
Fixemos unha gran selección de fotos pero non quixemos eliminar máis para que vexades canto desfrutamos dende os peques ata os maiores!



Comezaron os de 6º de primaria e os de 4 anos... eles foron os encargados de dar as primeiras pinceladas de cor a un gran muro branco. Todo o alumnado pintou libremente onde lle apetecía, usando as cores que eles mesmos elixían.





Despois foi o turno dos nenos e nenas de 3º de primaria que axudaron un montón aos artistas máis peques do cole: os de 3 anos. 





O seguinte grupo foron os nenos e nenas de 2º de primaria: unha clase chea de artistas!!
  




Cun solazo que nos puxo algo morenos mentres pintábamos, chegou o turno dos nenos e nenas de 1º e 5º de primaria: un equipazo de super pintores! 





Toculles rematar a faena aos nenos e nenas de 4º de primaria e da clase de 5 anos que o fixeron demostrando que teñen moitísma arte! 






Despois Esteban encargouse de darlle o toque final perfilando todos os debuxos con moito cariño: este Tarabelo é un artista! Mil grazas Esteban por tantas horas adicadas e por cuidar ata o mínimo detalle axudándonos a crear esta impresionante obra de arte.


Queredes ver con detalle o resultado final? PREMEDE AQUÍ PARA DESFRUTAR DUN IMPRESIONANTE CADRO XIGANTE