luns, 18 de xullo de 2022

UNHA DESPEDIDA ESPECIAL

Fin de curso sempre está cheo de despedidas e de moitas emocións, e este ano, ademais de despedir ao alumnado de 6º, despedimos a 2 persoas moi especiais que levan mooooitos anos traballando duro na ANPA: Elena e Pili.

Elena leva máis dunha década como presidenta da ANPA Abelendos facendo un traballo fantástico sempre cerca do centro e do profesorado. E ao seu lado un equipo fantástico de familias entre as que Pili estivo 9 anos colaborando con todo. Graciñas infinitas ás dúas, sen a colaboración das familias non sería posible!

sábado, 16 de xullo de 2022

OS PEQUE GRADUADOS DO 2022

Os nenos e nenas de 6º de infantil deixan a planta de abaixo e en setembro subirán para o piso de arriba cos compis de primaria.
 

Compartimos xuntos a alegría e a satisfacción de rematar unha etapa: que ben o fixeron!!
 

Esperamos que recorden esta etapa con moito cariño!


Nestes 3 anos no cole medraron un montón, así chegaron e así marchan para primaria...


Feliz verán! Vémonos pronto e esperamos moitas visitas no patio de infantil!

martes, 12 de xullo de 2022

OS GRADUADOS DOS 50 ANOS

A promoción do 50 aniversario despediuse do cole despois dun curso no que traballaron un montón e investigaron moitísimo sobre a historia do cole.


Botarémolos de menos, porque son un grupo fantástico co que temos recordos inesquecibles!


E por suposto levaron a súa orla de recordo (a orla B deixámola para a intimidade jejej)


Despedímolos con moito cariño e moita pena, porque despois de 9 anos véndoos medrar e compartindo tanto... deixan unha pegada profunda nos nosos corazóns! Así medraron nestes anos.
 

Como agasallo de despedida, e como agradecemento a todo o que fixeron no proxecto dos 50 anos, todos levaron o agasallo especial deste curso, unha taza de edición limitada deseñada por Carmen.


Seguide sendo un equipo e nunca perdades esa chispa que vos fai únicos! Lembrade que Seixo sempre será a vosa casa!!!

luns, 11 de xullo de 2022

50 ANOS DE VIDA: PORTAS ABERTAS

O 18 de xuño vivimos un día inolvidable na historia do cole de Seixo. Despois de todo o curso investigando e descubrindo a historia do cole durante os seus 50 anos de vida, ese día abrimos as portas para ver a exposición que preparamos con tanta ilusión e cariño (podedes facer unha visita pola exposición premendo AQUÍ).

Foto dos ex alumnos do cole

Foi un día moi emotivo no que se xuntou alumnado de onte e de hoxe, profesorado de todas as épocas, persoal de servizo de diferentes épocas... Moitas anécdotas e recordos, reencontros, fotos inesquecibles.... moitas emocións imposibles de explicar con palabras.
Foto con mestres dende as primeiras promocións ata a actualidade

Deixámosvos aquí un vídeo no que intentamos capturar o que vivimos, emocionámonos ao velo e recordar o bonito que foi! Grazas aos que viñestes a compartilo con nós. O cole de Seixo sempre será a vosa casa.
 

Este foi o agasallo que tiñamos para as visitas, feito con deseños do alumnado, que este curso traballou un montón. Graciñas a Noelia e Alberto por compartir a súa arte con todos.

venres, 8 de xullo de 2022

SUPER FESTA DOS 50 ANOS

Este ano foi moi especial e único na historia do cole, porque 50 anos non se cumpren todos os días. O 17 de xuño foi o día elixido para facer unha gran festa de aniversario que desfrutamos a tope!
Como xa vos contamos, comezamos inaugurando a super exposición que montamos entre todos con moito traballo e ilusión. Podedes velo premendo AQUÍ.
Despois tivemos unha sesión de zumba mooooi divertida que o alumnado de 6º preparou durante semanas para todo o cole: bailamos e rimos un montón!


Despois recibimos unhas visitas moi especiais: a alcaldesa, a conselleira de educación do concello, a presidenta da deputación, o noso inspector, a directora xeral de innovación educativa, o xefe territorial... e que este aniversario é tan importante que ninguén quería perdelo! Estivemos falando con eles e despois invitámolos a ver a exposición. María, Marian, Chema, Judit, Carmela, Pablo, Raquel e César... graciñas por vir a felicitarnos! 


E nunha gran festa non podía faltar a auga: festa da escuma e xogos de auga que a ANPA Abelendos organizou con moito cariño... que faríamos sen elas????


Comer no cole foi parte deste día especial, con este tesouro de patio que temos fixemos un pícnic chulísimo, e as familias que viñeron a colaborar tamén compartiron pícnic co profesorado: que ben sabe a comida todos xuntos!


Despois de comer pasámolo pipa cun montón de opcións diferentes: inchables, maquillaxe, tatuaxes, chapas, globoflexia, karaoke, xogos variados... Unha vez máis todo montado e organizado pola mellor ANPA do mundo mundial!!!


 Para finalizar a tarde desfrutamos dun concerto con Paco Nogueiras e por fin puidemos cantar e bailar as cancións que levabamos semanas ensaiando.
 

Para despedir o día, como todo aniversario que se prece, xuntámonos para soprar as velas e compartimos tarta coas familias: que aniversario tan feliz!!!