O consello de nenos é un espazo moi especial no que todo o alumnado, por medio dos representantes de cada clase, teñen voz e voto para decidir cousas do cole. Neste último consello tomáronse moitas decisións de cara a fin de curso. É moi interesante escoitar ao alumnado, e recordarlles que o que se fai no cole é por e para eles.
martes, 30 de maio de 2023
domingo, 28 de maio de 2023
IX FEIRA DO LIBRO USADO!
De novo voltamos coa Feira do Libro Usado na alameda de Marín. Este curso é especial porque tócanos organizala xunto co cole de Ardán e as ANPAS dos dous coles e porque é unha actividade máis do noso proxecto RqueR.
Pasade pola biblio para recollelos e darlle unha nova vida ós libros!!
xoves, 25 de maio de 2023
NOVIDADES NA CASA DE ARNALDO
Ola amigos e amigas da casa de Arnaldo.
Temos novos libros e xogos a vosa disposición. Hoxe, Eluney preséntanos as novidades!
Moitas grazas por colaborar coa biblio.
venres, 19 de maio de 2023
AGORA CONTA TI DE NOVO!
Unha semana máis contando contos na casa de Arnaldo e seguimos desfrutando destas lecturas e dramatizacións. Pasaron por aquí....
- Fuco de 6º e Sergio de 1º con: "O galo traganoces"
- Sara de cuarto e Carmen de 2º que contaron: "La ballena"
- Eluney e Unai de 5º para contar: "Todos bostezan"
E para rematar a semana das nosas letras, e con este obradoiro de contacontos, os de 2º adaptaron o conto de "Cocorico"
Arnaldo está moi contento e quere máis!!
mércores, 17 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Hoxe celebramos o día das letras galegas, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego (Don Paco). Pero non so o celebramos hoxe, gustaríannos que todos os días fosen festa do galego e que cada día o falásemos máis.
Este mes esta especialmente adicado ao galego e por iso, ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén estamos vivindo unhas semanas moi especiais preparando, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño, e xa vos contaremos máis porque esta sendo unha actividade moi especial. Que vivan os contos en galego! Que viva o galego!
xoves, 11 de maio de 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Hugo recomenda ...
Grazas, Hugo
Arnaldo está encantado coa túa recomendación!!!
ESCRIBIR A BIBLIOTECA!!
"Escribir a biblioteca" é o lema para as bibliotecas escolares de Galicia durante este curso 22/23. Trata de por o foco en todas as formas da escrita que cuida e ofrece a Biblioteca escolar
Dende que empezamos, a escrita é toda UNHA AVENTURA:
Escribimos o nome
Escribimos notas
Escribimos poesía
Escribimos reseñas
Escribimos receitas
Escribimos para decorar
Escribimos para contar historias
Escribimos para dar testemuña
Escribimos para expoñer
Escribimos para anunciar
Escribimos para aprender
Escribimos para dicir non a violencia
Escribimos para entrevistar
Escribimos para investigar
Escribimos para resumir
Escribimos para dar a coñecer
Escribimos para xogar
En Seixo,
escribimos a biblioteca
para deixar a nosa pegada.
xoves, 4 de maio de 2023
AGORA CONTA TI !!
Seguimos co obradoiro de contos "Agora conta ti" unha semana máis.
Pasaron pola biblioteca para contarnos un conto:
- Noa e Vera de 4º con: "A princesa rebelde"
- Gael, Candela e Aine de 3º con: "Carapuchiña vermella"
- Iván, Diego, Saúl e Roque de 5º con: "Os tres porquiños"
- Raquel, Valeria, Olivia e María de 1º contáronnos: "Josete y Bongo van de safari". Mirade que ben o fixeron!!!!
Arnaldo está supercontento !!
Ten a casa chea de rapazada!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)