Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2017/18: Explorando na casa de Arnaldo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2017/18: Explorando na casa de Arnaldo. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de xuño de 2018

5º NA FESTA DO SABER: A RADIO

Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos nos moitos recursos que nos ofrece Arnaldo dende a biblioteca, o alumnado de 5º traballou sobre a radio e fixeron un traballo fantástico e moi completo. 



Na festa do saber presentaron aos compañeiros e ás familias parte do que investigaron e prepararon. 



Tamén expuxeron unhas maquetas moi chulas que fixeron eles mesmos, algunhas das cales pasaran a formar parte da emisora do cole...



Prepararon unha presentación que resumía todo o que aprenderon da radio e a súa historia. 



Ademais, durante o curso fixeron un montón de entrevistas moi interesantes que forman parte do seu proxecto. Podedes escoitalas premendo AQUÍ



E para rematar compartiron un programa radiofónico en directo que fixo as delicias de todos os espectadores: noticias, chistes, publicidade, imitacións... non faltou detalle! Ao final desta entrada vos deixamos un vídeo, que aínda que non é como velo en directo, seguro que vos fai pasar un bo rato. 






e

4º NA FESTA DO SABER: A HISTORIA DOS ORDENADORES

Durante este curso, os nenos e nenas de 4º centráronse noutro recurso da biblioteca: os ordenadores. Na Festa do saber fixeron unha presentación moi interesante sobre a historia dos ordenadores na que descubrimos, entre outras cousas, que o primeiro ordenador que existiu ocupaba toda unha habitación: alucinamos!!!









3º NA FESTA DO SABER: INVESTIGADORES E INVENTOS

Os nenos e nenas de 3º investigaron sobre os inventos e as máquinas. Premede na imaxe para ver no blog da profe María José o resultado do seu traballo. 


2º NA FESTA DO SABER: O KAMISHIBAI

Esta tropa de artistas, son os nenas e nenos de 2º que investigaron sobre o Kamishibai e compartiron o que descubriron cos compis e coas súas familias. Ademais de contar cousas moi interesantes sobre este antigo teatro de papel inventado en Xapón, representaron un conto, ilustrado por eles mesmos, utilizando esta técnica teatral. Un traballo xenial! Aquí tendes algunhas fotos que o demostran. 







  








1º NA FESTA DO SABER: OS XOGOS DE MESA

Os nenos e nenas de 1º adicaron o seu proxecto de aula aos xogos de mesa. Durante o curso descubriron diferentes xogos cos que se pode aprender moito. Na festa do saber compartiron cos compis de 5 anos e coas familias estes xogos. Ademais, cos compis de 5 construiron uns 3 en raia moi chulos.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o divertido que é xogar en compañía!















RELIXIÓN EVANXÉLICA NA FESTA DO SABER: A IMPORTANCIA DA IMPRENTA

Alex, de 6º, coa axuda da profe Sandra, a profe de Relixión Evanxélica, fixo unha investigación moi interesante sobre a imprenta. A imprenta sen dúbida foi un invento fundamental para as libros e as bibliotecas, e descubrimos que o 23 de febrero de 1455 foi completada a impresión da Biblia de Gutenberg, o primeiro libro impreso con caracteres móviles.
Alex compartiu moitas cousas interesantes sobre a imprenta por medio dunha presentación e dun xogo que el mesmo montou e do que todos desfrutaron cos iPads.