xoves, 28 de febreiro de 2019

COÑECENDO E APRENDENDO MÁIS

Os nenos e nenas de 6º continuamos a recibir, na clase, a familiares e amigos que nos queren contar a súa experiencia laboral e académica. Queremos ter outro punto de vista sobre diferentes ámbitos dalgúns traballos e coñecer outros novos.
Desta vez foi o turno de Eva Ferreirós, panadeira. Despois de falar con nós na aula, visitou a nosa radio: "A voz de Arnaldo".



Alí Anxo e Marcela fixéronlle unha entrevista que poderás escoitar a continuación:

Moitas gracias pola túa visita, Eva!
Podedes ver estas e outras noticias e actividades da clase de 6º de primaria no...


martes, 26 de febreiro de 2019

MANDADIÑO PARA MÉRCORES

Continuamos... Para mañá MÉRCORES...

SAÍMOS POR SEIXO NO DÍA DE ROSALÍA

Boas! Deixámosvos por aquí un vídeo da nosa actividade final que levamos a cabo os nenos e nenas de infantil, 4º, 5º e 6º no Día de Rosalía.
Logo de estar toda a semana preparando unha caricatura xigante con poemas da súa vida, elaboramos unhas fermosas tarxetas e uns carteis para repartir pola nosa vila e darlle toda a difusión que se merece esta data.
Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!

domingo, 24 de febreiro de 2019

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

Boas amiguiños!
O cole de Seixo quere desexarvos un moi bo...
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!


DÍA DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe, hai anos, naceu Rosalía de Castro, escritora referencial da literatura galega.
Por iso, no Ceip de Seixo, queremos celebralo un ano máis.


Mañá Luns sairemos polas rúas de Seixo para repartir a todos os que o desexen un pequeno agasallo relacionado coa escritora.
Un agasallo que estivemos elaborando estes días no noso cole e que desexamos moito que vos guste!






FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

sábado, 23 de febreiro de 2019

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

Esta semana tivemos unha visita moi especial: a dos nosos veciños! Si, si, os nenos e nenas da Galiña Azul estiveron no noso cole, que xa nos apetecía moito vernos máis de cerca e poder xogar xuntos.

Por suposto tiñamos todo preparado para ser uns excelentes anfitrións!






A profe Loreto preparou para todos un conto moi chulo! Gustounos moito!



O profe Tano tiña preparadas para nós dúas actividades: un conto musical e un musicograma superchulo! Mirade nos seguintes vídeos que ben o pasamos e como desfrutamos!





E por suposto non podía faltar unha rica merenda que compartimos no patio. 





Seguro que quedastes con ganas de ver máis fotos, verdade? Pois aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixemos:

venres, 22 de febreiro de 2019

O MANDADIÑO

O vindeiro 1 de Marzo imos celebrar o Entroido no noso cole. Pero prestade moita atención porque para este LUNS comezan as ordes do MANDADIÑO:
por aquí volas deixamos para que non vos esquezades!

COÑECENDO E APRENDENDO MÁIS!

Estas semanas os nenos e nenas de 6º imos a recibir, na clase, a unha serie de familiares e amigos que nos van a contar a súa experiencia laboral e académica. Desta maneira poderemos ter outro punto de vista sobre diferentes ámbitos dalgúns traballos e coñecer outros novos.

O primeiro en visitarnos foi Víctor Rivas, soldador e calderero. Despois de falar con nós na aula, visitou a nosa radio: "A voz de Arnaldo".
Alí Joel e Leire fixéronlle unha entrevista que poderás escoitar a continuación.
Moitas gracias pola túa visita, Víctor!
Podedes ver estas e outras noticias e actividades da clase de 6º de primaria no..

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Estes días no cole os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º, 5º e 6º tivemos a sorte de poder participar na actividade...
Un programa enmarcado nas actividades de ALIMENTATE BEN (PLAN PROXECTA) seleccionado pola Unión Europea como exemplo de boas prácticas...
no que puidemos comprobar como un bocata de conservas do mar pode levar dentro toda a enerxía que necesitamos para alcanzar as nosas metas...
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer, e levan vitamina B12 que é fundamental.
Por aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes que demostran o moito que aprendemos, o ben que o pasamos e o riquísimos que estaban os bocatas! Moito papamos!

xoves, 21 de febreiro de 2019

ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

Esta semana os nenos e nenas de 6º de primaria recibimos unha charla das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre ACOSO ESCOLAR e CIBERACOSO dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.
Un plan pensado para a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria...
Un plan que pretende levar a cabo actuacións para previr os riscos aos que nos vemos sometidos os menores e os xóvenes con respeto ao uso de internet e as novas tecnoloxías.


Riscos que van en aumento, representando, nalgúns casos, accións delictivas que non existían anteriormente, e orixinando que as ameazas ás que nos vemos expostos no mundo físico teñan o seu reflexo no mundo virtual.

Por outra banda, as novas tecnoloxías tamén inflúen noutras situacións de risco e incluso en infraccións penais que xa eran habituais nos centros educativos e nas súas contornas, vendo crecer o problema polo alcance e repercusión que as mesmas poden chegar a adquirir ao non haber fronteiras e aumentar o anonimato dos autores.

Estas e moitras outras cousas servíronnos de aprendizaxe e reflexión para ter en conta no noso día a día.

martes, 19 de febreiro de 2019

CONTANDO E CANTANDO

Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º, recibimos unha visita moi especial. Álex e Sara viñeron a nosa biblio para compartir con nós uns contos chulísimos de Kalandraka.


Álex, músico capaz de inventar ou de atopar as melodías que mellor lle acaen ás palabras que saen dos contos.

E Sara, que lle encanta ler e por iso coñece moitos contos e unha maleta cheiña deles
Visitaron a nosa escola para gozar xuntos dunha mañá fantástica e chea de historias na que tan só precisamos deixar voar a nosa imaxinación


Élmer, Cándido e outros personaxes, que dun ou outro xeito se senten diferentes aos demais, guiaron esta actividade.

 Cantamos, bailamos....



Estivemos moi atentos para non perder detalle e pasalo moi ben: