Amosando publicacións coa etiqueta traballo colaborativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo colaborativo. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de febreiro de 2022

DÍA DA RADIO: 50 ANOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO

Dende o Ceip de Seixo... queremos desexarvos a todas e todos un...
FELIZ DÍA DA RADIO!
Dende...
preparámosvos un programa moi especial no que vos falamos das páxinas do calendario deste curso...
Un calendario, elaborado por todas e todos nós...
Podedes ver o calendario completo premendo na imaxe
Podedes ver o calendario completo premendo na imaxe
que como moi ben vedes é moi especial xa que nel quixemos reflexar os...
50 ANOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO
Deixámosvos por aquí o programa... non volo perdades! 
ARNALDO tamén vos desexa un...
FELIZ DÍA RADIOFÓNICO

xoves, 22 de abril de 2021

NO COLE ESTAMOS DE ESTREA: UN HOTEL DE BECHOS!

Hai xa uns días que no patio do Ceip de Seixo estivemos de estrea! Por fin xa podemos desfrutar no patio dos nosos soños...
DUN HOTEL DE BECHOS!
Unha aportación da nosa ANPA ABELENDOS a quen, unha vez máis lles estamos moi agradecidos pola súas colaboracións...
Moitísimas gracias en especial a ti JACOB, papá de Nerea de 4º de primaria e Iago de 6º de primaria. Menuda chulada de Hotel, imos desfrutar moitísimo! Estamos deseosos de ver moitos hóspedes nel.
Graciñas!

sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Moi bos días!
Dende o cole de Seixo hoxe queremos desexarvos a todas e todos un moi bo e feliz...
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Este ano, gracias a una iniciativa de 
participamos nunha actividade conxunta, de moreas de coles de Galicia, na que cada quen presentou a súa radio. En Seixo...
Foi unha visita moi agradable a que me fixeron Mateo, Daniela, Antía, Fran e Carla Rosales de 6º de primaria. 
Eles foron os encargados de gravar o podcast que representará ao noso cole...

No audio poderedes escoitar as ideas que xurdiron do alumnado do cole para dar a coñecer a nosa VOZ DE ARNALDO, a radio do cole de Seixo, a radio de toda a comunidade educativa, a radio de todas e todos.
Por aquí volo deixamos!

xoves, 12 de marzo de 2020

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA 6º DE PRIMARIA

Queda cancelada a excursión de final de Etapa de 6º de Primaria que estaba prevista para o vindeiro luns día 16 de Marzo.
Dende primeira hora da mañá e tras chegar ao cole, comezaban os primeiros rumores sobre as medidas que se ían tomar dende eduación. 
Dende a organización da actividade falouse coa compañía de viaxes e, tras contrastar información e manter unha reunión coa dirección do centro, víamonos na obriga de tomar esta decisión.
Máis tarde arredor das 12:30 confirmábanse os rumores e a prensa dixital xa se facía eco do que nuns intres o Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo ía facer oficial e que xa está en coñecemento de todos e todas.
Foron meses de moito traballo por parte de todas as familias e moitas ilusións postas pero somos conscientes de que primeiro é o primeiro e o que desexamos todos por enriba de todo é que esta situación pase canto antes e todo volva a normalidade.

martes, 3 de decembro de 2019

SORTEO CESTA DE NADAL

Moi boas amiguiños!
Por aquí vos deixamos unha fotiño da cesta de Nadal que van sortear as nenas e nenos de 6º de primaria...
 
Como xa vos informamos andan vendendo rifas para o sorteo desta impresionante cesta ateigada de produtos de nadal...

Os profes que organizan esta viaxe e as familias de todos os nenos e nena estánlle moi agredecidos ao...
 SUPERMERCADO CAMAR
quenes, unha vez máis, se brindaron a colaborar e axudar con esta viaxe...
Poderedes ver a cesta dentro do establecemento ata o día 20, día no que se baixará ao cole para proceder ao sorteo no descanso do FESTIVAL DE NADAL... Eles tamén nos están axudando a vender rifas!
Seguide colaborando! 

luns, 2 de decembro de 2019

AMAR O MAR

As nenas e nenos de 5º e 6º veñen de participar nunha actividade moi interesante de concienciación da presenza de lixo na nosa contorna máis próxima: 
A PRAIA DE AGUETE
Primeiro tivemos unha charla formativa no noso cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo cun pequeno resumo desta sesión de formación...
E tras unha pequena camiñata...

Chegamos á Praia de Aguete para comezar o noso traballo...
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume o moito que desfrutamos desta actividade tan especial... Desexamos que vos guste!
Polo coidado do medio ambiente! Está nas nosas mans!

xoves, 23 de marzo de 2017

AS TICS NAS AULAS

Quen dixo que non pode ser divertido preparar un exame? Os nenos e nenas de 4º preprararon mapas conceotuais coa axuda dos iPads para preparar o exame de sociais. 


Repasar os conceptos, colaborar cos compis, traballar coas novas tecnoloxías....