Chegou a primavera e Seixo foise enchendo de flores, así que non podíamos perder a oportunidade de darlle a benvida á primavera coa festa dos Maios, que tanto nos gusta. Puxémonos a ensaiar un montón para cantar as coplas, e coa axuda das familias xuntamos un montón de material para montar uns maios preciosos. Graciñas á ANPA por organizar a montaxe e ás mamás e avoas por vir a axudarnos. Mirade canto traballamos, somos unha tropa de artistas!
Estamos moi agradecidos a Elena, antiga presidenta da ANPA, que é unha experta e sempre esta disposta a axudarnos; e tamén a Isabel, a avoa de Hugo, que nos ensinou un montón sobre a montaxe dos maios.
Grazas ao traballo en equipo entre alumnado, familias e profesorado, quedaron uns maios chulísimos e así desfrutamos cantando as coplas coas familias.
Botamos de menos aos veciños da galiña Azul, que non puideron acompañarnos, pero si que nos mandaron o seu maio que se uniu aos nosos nesta festa da primavera.
Os maios son unha das tradicións máis arraigadas no cole e que se fixeron moitas veces durante estes 50 anos, por iso este ano non podían faltar. Seguro que quedades sen palabras vendo esta familia de maios... emocionámonos e non nos chegaba un!!
Iso si, non se fixeron sós, son o resultado de dous días de duro traballo. Grazas a todas as familias que trouxeron fiúncho, espadaina, xestas, flores, ovos, laranxas... e tamén ao alumnado e as familias que estiveron cosendo, montando... non hai nada como o traballo en equipo!!
Neste vídeo resumimos dous días de traballo no que participaron dende os máis peques ata os máis maiores.
E por fin chegou o día de cantar as coplas que tanto ensaiamos co profe Tano en clase de música. E foi un día moi especial porque, despois de dous anos, por fin puidemos abrir as portas ás familias para compartir este día tan especial con todos... estábamos moi nerviosos!!!
Así de ben soaron as coplas... de verdade que foi emocionante ver a todo o alumnado xunto rodeado das familias: tiñámos moitas ganas!! Tamén nos acompañou Lois, do Ateneo Santa Cecilia, un gran defensor e propulsor desta festa en Marín.
Estas son as coplas que cantamos:
Un recordo de todos os artistas coas obras de arte!
Unha das celebracións que se fai no cole dende os seus inicios son OS MAIOS. Nas fotos antigas que hai no cole atopamos moitas desta festividade.
A festividade dos maios naceu na prehistoria, cando os primeiros poboadores se preguntaban como mudaba a natureza, brotaban as sementes e se vestían os campos de alegres cores, despois dunha longa época de choiva e frío.
En Galicia, entre as manifestacións lúdicas, están os maios figurativos: son figuras cónicas ou piramidais con estructura de paus recuberta de follas, flores e outros adornos.
Maio realizado polo alumnado en 2016
Este curso non podía ser menos, e neste ano especial, no que recordamos tantas cousas feitas durantes estes 50 anos, están os maios, para os que precisamos a vosa axuda.
Por aquí vos deixamos o vídeo que montamos con todas as vosas creacións e que estivemos recibindo ao longo destes días. Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito véndoo! Menudos artistas temos en Seixo!
E tamén vos deixamos por aquí algúns traballos que aínda que chegaron con todo pechado non queríamos deixalos atrás...
Grazas a todos por colaborar e por facer posible esta celebración conxunta na distancia!
Esta semana dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca queremos celebrar o vindeiro venres....
OS MAIOS
Por iso vos propoñemos que cada quen faga un debuxo dun maio e o decore ao seu gusto: collage, montaxe, coloroear, con materiais de refugallo, plastilina, o voso propio maio en miniatura...
Deixade voar a vosa creatividade e imaxinación!
Con todas as fotos que recibamos faremos unha presentación moi chula para celebrar os maios o venres día 1 de maio.
Tendes ata este mércores a noite para enviar as fotos cos vosos debuxos á seguinte dirección de correo...
Estamos de estrea, felices e contentos descubrindo unha nova ferramenta para aprender e outra forma mais de compartir as cousas que facemos no cole: a radio.
Compartimos con todos vós unha das primeiras grabacións que fixemos na nosa emisora de radio, para que non perdades detalle das coplas dos maios, cantada polos solistas de este año, os nenos e nenas de 4º.
Este é o noso maio, non deixedes de ver a entrada do blog na que contamos como o fixemos (PREMEDE AQUÍ).
E todo este traballo, quixemos compartilo coas familias.
Cando chegaron ao cole regalámoslles flores e coplas a todos. Estas son as coplas do maio 2016:
Desfrutamos moito compartindo o maio e as coplas coas familias, mirade que ben o pasamos todos:
E así de ben soou:
A prensa compartiu a noticia sobre o noso Maio:
De novo graciñas ás familias que colaboraron, non so montando o maio, senón mandando ao cole tanto verde, flores, ovos... sen a vosa colaboración non sería posible!
Xa estamos en maio... un mes cuberto de flores, e estamos moi felices de compartir un proxecto feito por todo o alumnado e profesorado do cole, coa colaboración das familias traendo moito material e con moita axuda dun grupo de nais que son unhas artistas!
Despois dalgúns anos, grazas a estar embarcados no PDI sobre o contorno, recuperamos unha fermosa tradición Marinense: o maio.
Todos os nenos e nenas, desde infantil ata 6º, puideron participar directamente na elaboración do maio e tamén ensaiar as coplas coas profes de música.
Mirade canto desfrutamos!
Así de concentrados estivemos cosendo fiuncho, espadaina, pampullos...
E este foi o resultado de tres mañás de moito traballo:
Convidamos a toda a comunidade educativa a ver o noso fermoso maio.
Queredes ver o ben que cantamos as coplas? PREMEDE AQUÍ