xoves, 31 de marzo de 2022

NOVOS LIBROS NA NOSA BIBLIO

 Ola lectores e lectoras do cole,

Este mes na biblio temos novos libros que xa podedes  levar á aula e tamén para casa.

Hoxe é Claudia quen as vai presentar.

luns, 28 de marzo de 2022

ANA ALONSO NA NOSA BIBLIO

Na semana da poesía visitounos Ana Alonso, poeta e novelista catalana. Ana estudou bioloxía na universidade de León e traballou como profesora de secundaria, pero o que máis lle gusta e escribir, tanto poesía como novela.
Estivo con nos para faltar do seu libro “El viaje de Ulises” e disfrutamos un montón escoitándoa falar de como empezou a escribir e da súa obra.


Lendo o seu libro aprendemos moitas cousas sobre a mitoloxía grega e despóis de comentalo na aula fixemos un mural debuxando as portadas dalgunhas das súas obras.


Colgamos o mural na biblio para darlle a benvida.

 

Rematada a charla, entre todos e todas, recitámoslle unha das súas poesías e ela tamén nos leu unha.


Para rematar firmou no libro de visitas


E tamén os nosos libros...


Moitas grazas pola túa visita, Ana.

venres, 25 de marzo de 2022

BIBLIO PATIO!!!

 O noso patio tamén é unha biblioteca 

É un espazo de lecer, onde podemos... 

Xogar cos nosos compañeiros e compañeiras....


Merendar


Escoitar un conto

 Xogar a xogos populares

Facer asambleas ao aire libre

Desfrutar  da lectura

Tamén é un laboratorio creativo de aprendizaxes no que...

Investigamos


Debuxamos 

Aprendemos sobre compostaxe


Prantamos....  

            árbores


pensamentos

tomates

leitugas e cebolas


Coidamos a horta

Axeitamos o xardín

Ata damos clase de naturais en inglés



Está demostrado que podemos facer de todo como na biblioteca!!!!

mércores, 23 de marzo de 2022

PERE TOBARUELA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Saúdos amigos e amigas,
Esta semana visitou a casa de Arnaldo un escritor catalán que se sinte galego.


Pere, nado en Barcelona, comeza a súa carreira literaria en 1999 en catalán. Logo escribirá en castelán e galego. 
Estivo con nos para falarnos do seu libro "Formig4s Misión Camiño de Santiago" que é o último da colección Formig4s.

 


Formos4 , Forx4n, Fornel4 e Form4il forman unha brigada que trata de esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.


Neste libro investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. Para solucionar o caso teñen que peregrinar no tempo e percorrer o camiño que, segundo conta a lenda, percorreron os discípulos do apóstolo para levar o seu corpo ata Compostela.



Lendo o libro e charlando con el aprendemos moitas cousas interesantes sobre o Camiño de Santiago.

Rematada a charla e a firma no libro de visitas, fíxemos unha foto con el.




 Moitas grazas por visitarnos!!!

martes, 22 de marzo de 2022

POETAS NO DÍA DA POESÍA

A poesía ten moitas formas e posibilidades, hai moitiiiisimos tipos de rimas. Aquí tendes o resultado do trabajo dos maiores de infantil, os da clase de 5 anos, e dos maiores de primaria, os da clase de 6º.
 

luns, 21 de marzo de 2022

DÍA DA ÁRBORE 2022

Non hai mellor plan para celebrar o día da árbore que plantar árbores!!!

O alumnado de 6ºEP plantamos tres arbores froiteiras e un arbusto froiteiro. Pero non pensedes que plantar é chegar e encher... hai un proceso detrás.
Plantexamos o emprazamento, tendo en conta o sol o espazo preciso para medrar, despois, coa sacha, sacho e pá fixemos os ocos para meter os cepellóns, xa case rematamos a tarefa. 
Chegou o momento do rego, o equipo coordinou o esforzo. Plantar e regar en equipo é mellor e divertido.
Mandarinas, mazas, nectarinas e frambuesa... xa temos para unha macedonia!
Grazas, unha vez máis, a Uxia que nos asesorou en todo o que tiñamos que valorar antes de comezar e mostrou maestría no uso das ferramentas. Agora queda estar pendentes do vento e do rego, esperamos que medren e dean froita para todos.

CONTANDO POLO DÍA DA POESÍA

Para celebrar o Día da Poesía, os nenos e nenas de 3º de primaria, que son uns magnificos poetas, comparten con nós unha lectura moi especial. 


Desfrutade coa súa lectura do conto en verso: Bo camiño Valentiño.

sábado, 19 de marzo de 2022

ANDAINA DE ROSALÍA COS PEQUES DO COLE

O mes pasado celebramos o Día de Rosalía coa I Andaina de Rosalía que montamos entre todo o cole (premede AQUÍ para recordalo).
O venres pasado, os nenos e nenas de infantil sairon a facer a andaina por Seixo buscando todas as Rosalías. Desfrutaron moito recollendo a sementa de pensamentos e os recordos de tantos anos celebrando o Día de Rosalía no cole de Seixo. 
Graciñas a Marcos, de Truquematruque, por cedernos a perfecta banda sonora para este vídeo... que fermoso escoitar os poemas de Rosalía cunha música tan chula!

venres, 18 de marzo de 2022

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI: 3ª TEMPORADA (ÚLTIMO PROGRAMA - XII)

Bos días a todas e todos!
Dende A VOZ DE ARNALDO queremos facervos a última entrega desta edición de...
Por aquí vola deixamos para que a poidades escoitar cando queirades...
Non vola perdades porque hai moreas de dedicatorias e moreas de estilos diferentes...
12º PROGRAMA
Dedicatorias:
- Hugo da clase de 3º a Pedro.
- Dani de 5º a Thiago e Diego.
- Daniela de 3º a Clara.
- Haizea de 2º a Antón
Repasamos:
- As cancións mais demandadas desta terceira edición.
Dende...
despedimos esta sección ata o vindeiro curso escolar! Gracias a todas e todos pola vosa participación!

SEMANA DA PRENSA

Este ano, adicamos o día da muller a unha das mulleres que deixaron unha gran pegada no cole de Seixo nos seus 50 anos de vida. Premede AQUÍ se queredes ler máis.
Kati contounos tantas cousas interesantes sobre a historia do cole que aproveitamos toda esa información para seguir investigando, durante a semana da prensa, ademais, aprendemos a usar o canva e montamos páxinas de revistas do máis profesional!!

xoves, 17 de marzo de 2022

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI: 3ª TEMPORADA (PROGRAMAS VIII, X e XI)

Bos días a todas e todos!
Dende A VOZ DE ARNALDO queremos facervos novas entregas de...
Por aquí vos quedan estas 3 novas entregas para que as poidades escoitar cando queirades.
Non volas perdades porque hai moreas de dedicatorias e moreas de estilos diferentes...
8º PROGRAMA


Dedicatorias:
- Sofía da clase de 4 anos ao seu irmán Joel de 6º.
- Antón a Malena e Haizea da clase de 2º.
- Eva Soto a Laura de 4º.
- Candela de 2º a todo o cole.
- Mario a Enzo, Iker e Malena da clase de 2º.
- Darío a profe Bea Picos e a toda a clase de 2º.
- Iria de 3º a Daniela da súa clase.
- Gael Davila a Óscar de 2º.
- Eugenio a Mario de 2º. 

10º PROGRAMA 

Dedicatorias:
- Eloy a Carmen da clase de 6º.
- Axel ás súas compañeiras da clase de 1º.
- Leyre a Vera López da clase de 3 anos.
- Malena a Darío da clase de 2º.
- Roi Ogando a Brais da clase de 1º.
- Brais a Clara e Noa da clase de 3º.
- Noa a Brais, Carmen e Roi da clase de 1º. 

 11º PROGRAMA 

Dedicatorias:
- Emma a Daniela da clase de 3º.
- Daniela a Yaiza e Laura Bouzón da clase de 2º.
- Xiana a Raquel Pastoriza da clase de 5 anos.
- Hugo Cruz a toda a clase de 6º.
- Reda a profe Anaid.
- Irene a Giselle de 6º. 

Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

luns, 14 de marzo de 2022

GALEGAS

Galegas é un proxecto  levado a cabo polos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria sobre mulleres galegas que foron pioneiras. 
Traballamos moitas cousas en diferentes espazos do cole. Primeiro eliximos a muller que queríamos investigar, despois buscamos información na biblioteca. Na aula de inglés escribimos un pequeno texto sobre elas e, finalmente, na aula de arte, entre todos, fixemos un mural para compartir con todos os compis un pouco do moito que aprendemos das mulleres elixidas.

 

PROGRAMA ESPECIAL ADICADO A NOELIA VÁZQUEZ PABÓN

Bos días a todas e todos!
Dende A VOZ DE ARNALDO queremos facervos unha nova entrega de...
nun programa especial o de hoxe adicado a...
NOELIA VÁZQUEZ PABÓN
(6º de primaria) 

A clase de 6º de primaria, a través da iniciativa da súa titora María José, participou no...
CONCURSO DE DEBUXOS 
ENTERRO DA SARDIÑA 
(organizado polo Ateneo Santa Cecilia de Marín)
Noelia resultou ser a 2º clasificada dentro da categoría C
Durante o recreo fíxoselle entrega do correspondente Diploma que así o acredita...
Os seus compañeiros/as de clase tamén quixeron fotografarse con ela...
E este programa número 9 foi dedicado integramente para ela. Por aquí volo deixamos..

NORABOA NOELIA!!!

sábado, 12 de marzo de 2022

AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

As nenas e os nenos de infantil estiveron pensando e falando sobre o importantes que son as mulleres nas súas vidas e quixeron expresalo nun mural, porque son unha panda de artistas e teñen moi claro que as mulleres das súas vidas merecen un cadro ben grande... e moito máis!!

Nais, avoas, irmás, tías, madriñas, mestras, amigas... cada un elixiu as mulleres que, dun xeito ou outro, son parte fundamental da súa vida e que sen dúbida son un exemplo e unha referencia para eles: GRACIÑAS A TODAS!