luns, 25 de abril de 2016

OS PEQUES CO QUIXOTE

Na biblio está preparado, no ordenador da pizarra dixital, un enlace con vídeos e xogos de Don Quixote.
Como outros cursos, alí estiveron os nenos e nenas da clase de 5 anos: lendo contos, vendo vídeos e xogando coas aventuras deste cabaleiro tan especial.


Quédanos esta fermosa foto de recordo... abraiados estamos co moito que saben estes nenos sobre o Quixote!

sábado, 23 de abril de 2016

RECUNCHO DE LECTURA DO QUIXOTE

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro. Este ano ademais celebrámolo de forma especial porque se recorda a morte de Miguel de Cervantes e o IV Centenario da edición da súa obra máis famosa: Don Quixote da Mancha, a primeira gran novela da historia.

Fai 400 anos, en 1605 publicouse a primeira edición do Quixote. Ao longo destes catro séculos realizáronse máis de 2.500 edicións en 50 idiomas distintos. 


Por eso non podíamos deixar escapar esta oportunidade de achegar as aventuras deste cabaleiro aos nenos e nenas. 


Montamos un recuncho de lectura (que tamén usamos de photocall) con diferentes libros que temos na biblioteca, para todas as idades, relacionados con Don Quixote.

luns, 18 de abril de 2016

VISITA AO SALÓN DO LIBRO


Os nenos e nenas de 1º e 3º visitamos o Salón do libro de Pontevedra.


Sempre nos gusta ver a Orbil... cada ano está máis guapo!!


Ademais de poder ver o chulo que está e os traballos doutros coles, pasámolo xenial vendo teatro: Los 3 osos (L'Estaquirot Teatre)






Uns representantes de cada clase fixeron un pequeno resumo do teatro:



Queredes ver un pouquiño da obra? a nós gustounos un montón!!



Se queredes ver máis fotos da visita podedes pasar polo blog da profe María José, premede na imaxe e desfrutade delas. 

xoves, 14 de abril de 2016

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Unha boa tropa do cole enchemos un bus e marchamos a Pontevedra para visitar o Museo.
Foi unha xornada de convivencia e moito arte para todos os da clase de 5 anos, de 4º e de 5º.
Mirade que ben o pasamos.
















Os de primaria visitaron a exposición de Castelao, moi recomendable, mentres os peques estiveron na sala da prehistoria (PREMEDE AQUÍ PARA VER MAIS FOTOS)

domingo, 3 de abril de 2016

DE AZUL...INCLUSIÓN, TOLERANCIA E RESPECTO.

Compartimos estas dúas imaxes, das Torres Hejduk (Cidade da Cultura) e a Naiciña de Asorey (Cambados), dentro do movemento Light it up blue ("ilumínao de azul"). Cada ano, decenas de edificios emblemáticos ilumínanse de azul en sinal de concienciación coas persoas con TEA e as súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks e coñecida polas súas siglas en inglés LIUB. 
E...non vos perdades o vídeo Inclusión realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES As Barxas (Moaña), proxecto dos Departamentos de música e inglés. Noraboa polo resultado!!

Por último, para coñecer as características dos nenos e nenas que teñen este trastorno, animámosvos a ver a curtametraxe Academia de Especialistas É un vídeo documental producido pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.

sábado, 2 de abril de 2016

2 DE ABRIL...DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Onte apareceron polo cole globos azuis! Por que estaban alí eses globos e todos azuis?
Cada ano, o 2 de abril, o movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
No ano 2007 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou, por unanimidade, o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Dende o centro unímonos "pasando o testigo polo Autismo"...

E ademais aproveitamos para acercarvos a todos, grandes e pequenos, a diferentes historias moi especiais!!
1- El viaje de María.
Unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo. "El viaje de María" é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no recorrido duns pais que ven como a súa filla compórtase dunha maneira especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.
2- Cuidando a Louis.
Esta é a historia de Louis. "Hay un chico nuevo en el colegio que se llama Louis. Se sienta a mi lado y me ocupo de él. Es un poco distinto del resto de la clase. A veces me pregunto que estará pensando...". 
3- Por 4 esquinitas de nada.

Un libro sobre a amizade, a diferenza e a exclusión.