Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de decembro de 2023

CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA EXPERIMENTANDO!

Novembro é o mes da ciencia, e non hai mellor forma de celebralo que experimentando. Por iso, durante este mes, nos obradoiros do recreo dedicámonos a facer experimentos con todo o alumnado.
Os nenos e nenas de infantil e 1º xogaron a facer espuma... e pasárono fenomenal!!


O alumnado de 2º e 3º, con bicarbonato e auga, fabricaron neve... e cada un fixo o seu boneco!!! Que textura tan gustosa, que ben o pasaron!!


Os maiores inflaron globos sen soprar, usando unha mestura de bicarbonato e vinagre... un experimento explosivo e divertido!!!

martes, 28 de febreiro de 2023

OS DE 5º EN MISIÓN ALBA

Misión ALBA é un proxecto educativo de ciencia dirixido a alumnado dos últimos cursos de primaria.
O alumnado de 5º participou na misión: "O misterio do compás que non apuntaba ao norte". O laboratorio 2 foi resolto, o equipo de 5º, “ Erre que erre”, montaron o circuito eléctrico, experimento coa electricidade e a forza electromagnética

xoves, 8 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia e a nós encántanos investigar, experimentar... así que non perdimos a oportunidade de celebralo como se merece: experimentando!! Aproveitamos os obradoiros dos recreos para poñernos mans á obra. 

O alumnado de primaria experimentamos cun fluido non newtoniano, vamos que non cumple as caracteristicas dos fluidos que dicía Newton (como a auga). Un fluido moi extraño que si o tocas con suavidade é liquido pero si lle das con forza é duro!

Fixémolo reutilizando vasos de iogur así que o levamos para compartir na casa... é un fluido alucinante!!

Os peques investigamos porque se bota sal na carreteira cando hai xeo, e coa axuda de sal e auga de cores buscamos uns tesouros agochados no xeo... que emocionante!!!


VIVA A CIENCIA, EN NOVEMBRO 
E TODO O ANO!

martes, 26 de abril de 2022

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL: VESPAS VELUTINAS (6º DE PRIMARIA)

Os nenos e nenas de 6º de primaria queremos presentarvos un novo traballo que acabamos de levar a cabo...  
Ademais da recollida selectiva de residuos e do coidado do composteiro, no marco da educación medioambiental, elaboramos novas trampas para as vespas velutinas do noso patio...
Estivemos preparando a mestura coa que agardamos poder atrapar as vespas velutinas, esta especie invasora que está a poñer en perigo de extinción á vespa autóctona.
Queremos lembravos que é moi importante chamar ao 112 se atopamos algún niño e seguir as indicacións que nos indiquen. Lembrade a importancia de non manipulalo xa que é moi perigoso...
DEPOLGAL é unha asociación adicada á erradicación dos niños das velutinas e forman aos colectivos que o solicitan a través de charlas divulgativas co apoio do Concello de Marín.
Como vos dicíamos, fixemos trampas, preparamos o cebo e agora iremos observando a súa eficacia pero xa vos adiantamos que os resultados están sendo moi bos... Mirade, mirade!
O equilibrio no ecosistema é moi importante para que as especies autóctonas vivan en armonía, sen perigo de ningunha especie da cadea trófica.
Para seguir estes e outros traballos tamén podedes ver no blog...

mércores, 1 de decembro de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Novembro foi o mes da ciencia e tivémolo cheo de actividades apaixoantes, de lecturas científicas e de experimentos. Medir, comparar, mesturar... o que máis nos gusta é aprender coas mans na masa!!
 

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Dende o ano 2015, o 11 de febreiro, celebrase internacionalmente o “Día da muller e a nena na ciencia”. Este día instaurouse para rematar coa desigualdade de xénero que se pode ver neste ambito.

Imaxe de Pakolas (premendo nela iredes directos ao seu último traballo)

Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que as mulleres e as nenas xogan na ciencia, co obxectivo de promover a súa participación plena e equitativa. A desigualdade non está nas nenas: a elas encántalles a ciencia e moitas teñen vocacións científicas, máis que os nenos segundo din as estadísticas, pero a medida que se incorporan ao mundo laboral, van aparecendo as desigualdades... como noutros ámbitos. 


Onte mesmo, a Real Academia Galega de Ciencias anunciou o recoñecemento de Jimena Fernández de la Vega (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) como Científica do ano 2021. Desde o ano 2008 que se outorga este recoñecemento, de la Vega é a segunda muller homenaxeada, despois da oceanógrafa Ángeles Alvariño (no 2015).


Compartimos este vídeo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da universidade da Coruña, para celebrar este día co alumnado de primaria. Nel participaron investigadoras da universidade para dar a coñecer, dun xeito sinxelo e próximo, a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas moi interesantes.
Algúns xa o viron en clase... podedes velo en familia, proximamente seguiremos traballando con el.

 

Para as familias deixámosvos un artigo moi interesante sobre este tema, da divulgadora galega Deborah García. Podedes acceder a el premendo AQUÍ