venres, 26 de maio de 2017

VISITA AO CHAN DO MONTE

Un ano máis, o alumnado de 6º do noso cole uniuse ao alumnado de 6º do cole de Ardán e xuntos visitaron o Chan do Monte que será o seu novo centro para o próximo ano... porque os maiores xa nos deixan dentro de pouquiño. 

Tiveron a oportunidade de pasar a mañá xuntos, de coñecer o instituto, de ver antigos compañeiros...

 







XA TEMOS NOME PARA A NOSA RADIO!!

Durante uns días, todo a alumnado do cole visitou a radio para coñecer o seu funcionamento e as súas posibilidades. PREME AQUÍ para lembrar estes días nos que os nenos e nenas do cole estivemos fuchicando nos controis da radio.
Como remate desta actividade todos tivemos que propoñer un nome para a radio. Os profes tivérono moi difícil entre tantos nomes chulos, pero por fin temos nome para a nosa radio.... e tamén slogan!


O nome elixido foi o que propuxo Cloe de 1º: A VOZ DE ARNALDO, e pensamos que combina de marabilla co de Paula de 6º que eliximos como slogan: ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO



A VOZ DE ARNALDO
ESCOITA MÚSICA E BAILA TANGO

COÑECENDO MÁIS A CASARES

Entre as celebracións das letras galegas recibimos unha visita teatral moi especial. Purpurina, unha das Fedellas que xa nos vositou o ano pasado, chegou a Seixo acompañada do Doutor Cronopio, para compartir con todo o alumnado historias de Carlos Casares. 
Dende os peques ata os máis maiores desfrutamos coas aventuras de Toribio e os maiores puxemos a imaxinación a traballar nuns obradoiros nos que descubrimos un poco máis a este autor galego e as súas obras.










mércores, 24 de maio de 2017

MARCEL: EL QUE CONEJO QUE QUERÍA SER MAGO

Encántanos recibir visitas na biblioteca, encántanos coñecer escritoras, encántanos desubrir contos novos, encántanos cando as familias colaboran con nós.... e si se unen todas estás cousas: poñémonos requetecontentos!


Na semana do libro vositounos Rocío Gómez Juncal, psicóloga e mestra na facultade de belas artes que ademais é escritora dun fermoso conto e madriña de Olalla de 3º, que foi a que tivo a idea de esta xenial visita. 


Rocío presentounos a "Marcel: el conejo que quería ser mago", e todos seguimos moi atentos a súa historia....


Marcel é un coello que comparte coa súa nai moitas preguntas ás que sempre obtén a mesma resposta: a maxia da natureza.


Coa axuda de diferentes animais Marcel vai xuntando todo o necesario para converterse en mago: chisteira, variña, capa.... e palabras máxicas!! 


Por fin chegou un día no que coas súas palabras todo encheuse de luz e... non imos contar o final, vide rápido á biblio a lelo!


Desfrutamos moito deste conto que Rocío narrou coa gran axuda de Olalla. 


Xa sabedes, se queredes lelo podedes collelo prestado na biblioteca, que Rocío se encargou de que non falte este super conto nas nosas estánterías! 
Grazas a Rocío por contarnos este fermoso conto e por todas as cousas que compatiu con nós: volve pronto a visitarnos!

luns, 22 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (3ª PARTE)

O traballo conxunto dos 142 alumnos e alumnas do cole, coa axuda dos mestres e de Esteban, de Tarabelos, está rematado. 
Se non sabedes como chegamos ata aquí tendes que velo, porque as fotos que veredes a continuación son o resultado dunha marabillosa fórmula: contos + arte + traballo colaborativo. 

Premede en cada unha das fases para saber como chegamos ata aquí: 




Non podemos esquecernos de dar moitísias gracias a Tarabelos: títeres e contacontos pola sua axuda e implicación dende o primeiro ata o último día... e grazas pola paciencia e simpatía con todos os peques que día tras día seguiron o teu traballo mooooi de cerca! 
Un acerto contar coa axuda de Esteban, sen dúbida Tarabelos tamén é o resultado dunha fórmula marabillosa = contos + arte + moito amor! 





















Esperamos que desfrutárades destas fotos que so mostran un pouquiño o precioso que quedou o muro... o mellor é que vos acheguedes a velo en directo. 
Esforzámonos un montón por facelo o mellor posible para que, durante un montón de anos, todo o alumnado de Seixo desfrute del: fainos moita ilusión pensar que o veremos cando sexamos maiores!

domingo, 21 de maio de 2017

UN MURO DE CONTO CON TARABELOS (2ª PARTE)

Estábamos desexando contar como foi a segunda fase do noso muro: un cadro cheo de contos e de arte que nos permitiu vivir unha semana do libro con moitas cores e momentos compartidos. 

Recordades a primeira fase? PODEDES VELA PREMENDO AQUÍ.



Entre máis de 140 fantásticos debuxos elexíronse algúns para o muro... era imposible metelos todos, pero todos eran fantásticos!. Esteban, de Tarabelos, encargouse de pasar os debuxos do alumnado ao muro... coa compañia e ánimo dos peques! 


O cole encheuse de cores que desfrutamos compartindo maiores con pequenos, alumnos con profes... emocionados con deixar unha pegada no cole que durará moitos anos! 
Fixemos unha gran selección de fotos pero non quixemos eliminar máis para que vexades canto desfrutamos dende os peques ata os maiores!



Comezaron os de 6º de primaria e os de 4 anos... eles foron os encargados de dar as primeiras pinceladas de cor a un gran muro branco. Todo o alumnado pintou libremente onde lle apetecía, usando as cores que eles mesmos elixían.





Despois foi o turno dos nenos e nenas de 3º de primaria que axudaron un montón aos artistas máis peques do cole: os de 3 anos. 





O seguinte grupo foron os nenos e nenas de 2º de primaria: unha clase chea de artistas!!
  




Cun solazo que nos puxo algo morenos mentres pintábamos, chegou o turno dos nenos e nenas de 1º e 5º de primaria: un equipazo de super pintores! 





Toculles rematar a faena aos nenos e nenas de 4º de primaria e da clase de 5 anos que o fixeron demostrando que teñen moitísma arte! 






Despois Esteban encargouse de darlle o toque final perfilando todos os debuxos con moito cariño: este Tarabelo é un artista! Mil grazas Esteban por tantas horas adicadas e por cuidar ata o mínimo detalle axudándonos a crear esta impresionante obra de arte.


Queredes ver con detalle o resultado final? PREMEDE AQUÍ PARA DESFRUTAR DUN IMPRESIONANTE CADRO XIGANTE