mércores, 24 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

Que alegría volver a celebrar o Magosto como é debido: con moitas castañas e con xogos compartidos! Aínda que non puidemos mesturar as clases foi un desfrute grande que un ano máis tivemos grazas á gran axuda da ANPA: menudo equipazo!!

Todos recollemos as nosas castañas nos cucuruchos que fixemos e decoramos nas aulas.

O bo tempo permitiunos tomalas ao aire libre...

... estaban riquísimas!!!

Viva o magosto, vivan as festas da nosa terra!

Ademais de papar castañas tamén fixemos un montón de xogos: pasamolo xenial!! Aquí tendes un vídeo cun montón de fotos:

E tamén vos deixamos unha mostra do ben que bailamos e do moito que corremos!

O ano que ven: máis e mellor!

luns, 22 de novembro de 2021

DÍA DA MÚSICA: 22 DE NOVEMBRO DE 2021

No cole de Seixo quixemos celebrar o...
DÍA DA MÚSICA
Entre todas e todos elaboramos un mural no que quixemos reflexar a linguaxe universal da música...
MUSIC IS A LANGUAGE 
THE WHOLE WORLD SPEAKS
Un mural que enchemos coa palabra MÚSICA en moitísimos idiomas...
Por aquí vos deixamos o traballo final!
FELIZ DÍA DA MÚSICA!

xoves, 18 de novembro de 2021

XOGOS NOVOS!!!

Ola amigos e amigas, 
Teño novidades para vos!!! 
Temos xogos novos na biblioteca! Xa están preparados para empezar a xogar!!
Son catro xogos con un mesmo obxectivo " aprender xogando" pero que serven para mellorar diferentes competencias: lóxica, lingüística, memoria, atención,....

.
ENCUADRA, SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS, EL PRIMERO DE CLASE E MOLE


 ENCUADRA




É  un xogo de rapidez e razoamento espacial no que poden participar de dous a catro xogadores.

 No seguinte vídeo podedes ver como se xoga

.

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS


É un xogo  para aprender diferentes significados das palabras e ampliar o teu vocabulario con 3 niveis de dificuldade.


EL PRIMERO DE CLASE



É un recurso didáctico  con 1000 preguntas e respostas que pretende axudarlles a aprender parte dos contidos da educación primaria. Busca mellorar a memoria, a atención e que se interesen máis polos contidos da etapa  a vez que xogan.


MOLE 

É un creativo xogo de lóxica para 1 xogador con 30  retos para superar.  O seguinte video explica como xogar.



Esperámosvos na casa de Arnaldo!!

NOVIDADES NESTE MES!

Hola amigos e amigas,
De novo temos novidades na casa de Arnaldo!!



Novos libros para novos proxectos  esperan por vos!!!

luns, 15 de novembro de 2021

ARTE POLO MAGOSTO

Calquera excusa é boa para crear, para argallar... e o outono está cheo de posibilidades coas castañas, as follas... e, unha vez máis, os nenos e nenas de 3º demostran que son unha panda de artistas!




venres, 5 de novembro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: MARÍA ROSA

As nenas e nenos de sexto de primaria continuamos con este proxecto que nos gusta tanto... ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO! E hoxe tivemos a sorte de recibir a María Rosa mestra no Ceip de Seixo hai moitos anos...

Coñecida como "Tati" obtivo o seu destino definitivo como mestra de párvulos en Seixo no ano 1974. Na súa visita recoñeceunos botar de menos aqueles tempos, a súa vida na casa dos mestres, os primeiros pasos dos fillos...
Puidemos comprobar o cariño que lle tiña aos seus alumnos e alumnas, ás nais e pais daquela época, aos compañeiros e compañeiras que traballaron con ela... 
Despois do seu paso por Seixo, a súa vida laboral seguiu unida ao noso Concello de Marín noutro centro da vila ata o día da súa xubilación.
Por aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos!
Propoñémosvos un reto! Alguén sabe de quen se fala ou se sente recoñecida na entrevista, no momento no que María Rosa recorda unha das súas moitas lembranzas en Seixo?
Gracias profe por aceptar a nosa invitación e pola túa visita! Eres e serás sempre parte da grande familia do Ceip de Seixo!

mércores, 3 de novembro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: LUCÍA

As nenas e nenos de 6º de primaria continuamos co proxecto de investigación na memoria dos que participaron na vida do cole. Hoxe queremos presentarvos o traballo feito a raiz da visita dunha alumna moi especial...

LUCÍA
Hai 6 anos que ramatou os estudos primarios pero deixou fonda pegada no centro pola súa creatividade e pola súa xenerosidade...
Lucía ten no seu currículo artístico ser a creadora da nosa mascota ARNALDO, naquel concurso do ano 2013 promovido polo equipo da Biblioteca Escolar...

Ese Arnaldo que vedes na cabeceira do blog é o debuxo orixinal que Lucía fixo hai 8 anos... e agora non imaxinamos o cole sen Arnaldo!

Por aqueles anos tamén recibiu un premio da Comunidade de Montes e co importe gañado convidou aos seus compañeiros de cuarto de primaria a un Obradoiro de "Kamishibai" e a todo o cole a unha actuación de teatro para fin de curso.
Por aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos...
Foi estupendo volver a verte de novo Lucía!!!
Moitas gracias pola túa visita!