Amosando publicacións coa etiqueta 3º primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º primaria. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2026

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

As nenas e nenos do 2º ciclo de primaria despedimos este curso 2025-2026 facendo unha viaxe ata Campo Lameiro para visitar...
O PARQUE ARQUEOLÓXICO 
DA ARTE RUPESTRE



Nel descubrimos moreas de cousas sobre arqueoloxía...
Estivemos analizando moitos grabados rupestres...





Fixemos unha búsqueda de pistas por todo o parque percorrendo moitísimos recunchos...





E ata tivemos tempo para elaborar pezas de barro...




















Despois de comer...









E antes de voltar aprendemos como facer lume...







Unha xornada moi pero que moi interesante na que desfrutamos e aprendemos moitísimo!
 

mércores, 11 de febreiro de 2026

OS TERRARIOS DE 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade moi chula, un obradoiro de terrarios!
A profe Eva (PT) compartiu co alumnado a súa experiencia e os seus coñecementos sobre como crear e coidar un terrario. 


Primeiro, explicounos que é un terrario, que elementos necesita para funcionar correctamente e a importancia de manter o equilibrio entre os distintos compoñentes que forman este pequeno ecosistema.


Despois, os nenos e nenas elaboraron os seus propios terrarios, colocando con moito coidado as diferentes capas de materiais e as plantas que trouxeron.


Esta actividade foi moi interesante para comprender de maneira práctica os contidos do tema de Ciencias Naturais sobre os seres vivos e os ecosistemas. 
Agora, o alumnado deberá seguir coidando os seus terrarios e observar os cambios que se produzan co paso do tempo.


















Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendimos, experimentamos e desfrutamos da natureza dun xeito diferente.